Saltar navegación

2.2.3 O feminismo

A partir de 1960 xerouse o movemento feminista, que loitou pola igualdade do home e da muller en todos os ámbitos da vida. O feminismo é:

  • Unha análise profunda das causas da opresión histórica da muller.

  • Unha filosofía que loita pola liberdade e pola promoción dos dereitos das mulleres.

  • Un movemento social que critica a desigualdade social entre mulleres e homes.

  • Unha crítica á escala de valores que domina tradicionalmente as nosas sociedades, sempre desde unha visión masculina do mundo: discriminación económica, competencia laboral, sufrimentos das mulleres nas guerras...

  • Proposta dunha nova escala de valores que favorezan o establecemento dunha nova estrutura económica, social e cultural máis humana e igualitaria.

Na actualidade, o feminismo segue a ser un movemento de grande importancia social, que loita porque a igualdade sexa unha realidade en todo o planeta.

Cabe destacar que en países como Arabia Saudita, Bután, Brunei, o Líbano ou Omán as mulleres ou teñen limitado o dereito ao voto e á súa participación na vida política ou é inexistente E no mundo occidental, a publicidade e os medios de comunicación seguen aínda a mostrar os vellos estereotipos do papel tradicional da muller, degradándoa e ridiculizándoa.

O feminismo

 

 

O día en que homes e mulleres deixen de ser seres mutilados, en que o sexo non condicione o desenvolvemento total das persoas, en que a dominación e a supremacía do home pase ás crónicas da Historia e deixe de ser presente, o día en que a comunicación entre os dous sexos naza do respecto entre seres libres, ese día o feminismo xa non terá razón de ser.

ROIG, Montserrat: El feminismo. Ed. Salvat. Colec. Aula Abierta. 1984

 

 

 

Actividades propostas

S19. Que metas procuraban as primeiras feministas? Resuma as ideas básicas do texto de Cady Stanton. Que foi o movemento sufraxista?

S20. Que idea da muller se transmite na obra A miña loita de Adolf Hitler. Que expresións reforzan a idea que se quere transmitir?

S21. Que fins procura o feminismo? Tire as ideas básicas do texto de M. Roig.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0