1 - Introdución e obxectivos
Descrición da unidade didáctica
Esta unidade, xunto coa que remata o módulo 4, trata aspectos relacionados coa nosa vida de cidadáns e cidadás.
Os dereitos humanos inician a unidade. Trátase de partir das duras condicións de vida da maior parte da humanidade no pasado que levaron á necesidade da formulación deses dereitos.
A segunda parte está dedicada a analizar a situación de marxinalidade da muller e o camiño que se está a percorrer para lograr a súa emancipación e a igualdade de dereitos cos homes.
Conclúese coa análise das formas de participación e colaboración cidadá.
Obxectivos
-
Coñecer as orixes da desigualdade no gozo dos dereitos por parte dos distintos grupos sociais.
-
Analizar as situacións de violación dos dereitos humanos ao longo da historia: pobreza, violencia, discriminación, desigualdade, explotación...
-
Comprender que a actual Declaracións dos Dereitos Humanos de 1948 foi froito dunha longa loita.
-
Valorar os dereitos humanos como unha conquista irrenunciable da humanidade.
-
Coñecer as orixes da situación de marxinación das mulleres.
-
Comprender a condición de sometemento das mulleres ata a Revolución Industrial.
-
Recoñecer e valorar os avances sociais e políticos da muller desde finais do século XIX.
-
Tomar conciencia dos problemas que afectan na actualidade ás mulleres, en especial ás do Terceiro Mundo.
-
Coñecer as modalidades de participación cidadá: asociacionismo, cooperación e voluntariado.
-
Obter información de documentos audiovisuais.
-
Extraer dos textos as ideas básicas.
-
Procurar en internet información relacionada coa unidade.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0