2.3 Participación cidadá
A pregunta que se fai todo o mundo é: para que serven as asociacións e os movementos asociacionistas? O que semella estar claro é que a unión fai a forza.
España é un dos estados de Europa con menos voluntarios, quizá motivado pola falta de tradición histórica. De feito, este tipo de organizacións xurdiu ao abeiro da Constitución de 1978, polo que a súa orixe é moi recente.
Segundo o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, arredor de catro millóns e medio de cidadáns participan de xeito voluntario en actividades non lucrativas de cooperación, asociacionismo ou voluntariado.
A persoa voluntaria adoita ter o perfil dun individuo de menos de 40 anos, cunha alta formación académica, en maior número mulleres que homes, e que dedica unha media de cinco horas semanais a tarefas de ámbito social (sanidade, educación, cultura, cooperación ou desenvolvemento). Nos últimos anos, desde o censo de 2001, apréciase un maior aumento no número de xubilados que se involucran neste tipo de actividades.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0