2.2.4 O recoñecemento do sufraxio feminino en España
O sufraxio feminino foi recoñecido en España durante a II República (1931-1936).
|
O voto hoxe na muller é absurdo, porque na inmensa maioría dos pobos o elemento feminino, na súa maior parte, está nas mans dos curas, que dirixen a opinión feminina, se introducen nos fogares e imperan en todas partes. A muller española, sobre todo a labrega, non está capacitada para facer uso do dereito do sufraxio dun xeito libre e sen consellos de ninguén. Co que hoxe acordou o Parlamento, a República sufriu un dano enorme e os seus resultados veranse moi pronto. |
|
O voto feminino. Diario La Voz. 1 de outubro de 1931 |
|
Non somos inimigos da concesión do voto á muller; estimamos que debe concedérselle ese dereito de cidadanía, pero ao seu tempo, pasados cinco anos, dez, vinte, os que sexan necesarios para a total transformación da sociedade española, cando as nosas mulleres se achen redimidas da vida de escravitude a que hoxe están sometidas, cando libres de prexuízos, de escrúpulos, de supersticións, de suxestións, deixen de ser submisas penitentes, medorentas de Deus e dos seus representantes na terra, e vexan independizada a súa conciencia... |
|
O voto feminino. Diario La Voz. 2 de outubro de 1931 |
Na conquista do voto da muller en España hai dúas posicións: a de Clara Campoamor, que defende o dereito da muller a votar; e a de Victoria Kent, quen pide que non lle sexa concedido por non estar preparadas as mulleres españolas para exercer este dereito:
![]() |
“Señores deputados, pídolle á Cámara atención respectuosa para o problema que se debate, porque estimo que non o debemos pasar á lixeira; discútese o voto feminino e é significativo que unha muller coma min se levante na tarde de hoxe a dicir á Cámara sinxelamente que cre que o voto feminino debe aprazarse. Creo que non é o momento de outorgarlle o voto á muller española. Dío unha muller que no momento crítico de dicilo, renuncia a un ideal. Por crer que con iso sirvo á República é polo que me levanto esta tarde para pedir á Cámara que esperte a conciencia republicana, que avive a fe liberal e democrática e que aprace o voto da muller. Pídoo porque non é que con iso mingúe a capacidade da muller; non é cuestión de capacidade, senón de oportunidade para a República. |
|
Se as mulleres españolas fosen todas obreiras, se as mulleres españolas atravesasen xa un período universitario e estivesen liberadas na súa conciencia, eu levantaríame hoxe fronte a toda a Cámara para pedir o voto feminino. Pero nestas horas eu levántome para dicir o contrario e dicilo con toda a valentía do meu espírito, afrontando o xuízo que de min poidan formar as mulleres que non teñan este fervor e estes sentimentos republicanos que creo ter. É por isto polo que claramente me levanto a dicir á Cámara: ou a condicionalidade do voto ou o seu aprazamento. Hoxe, señores deputados, é perigoso conceder o voto á muller.”. |
|
|
Victoria Kent, Directora Xeral de Pensións e deputada do Partido Radical Socialista |
|
![]() |
“Señores deputados: estase facendo unha constitución de tipo democrático, por un pobo que ten escrito como lema principal, no que chamo eu o arco do triunfo da súa República, o respecto profundo aos principios democráticos. Eu non sei, nin podo, nin quero, nin debo, explanar que non é posible sentar o principio de que se han de conceder uns dereitos se han de ser conformes co que nós desexamos, e previndo a continxencia de que puidese non ser así, revogalos o día de mañá. Iso non é democrático. Señores deputados... Eu non creo, non podo crer, que a muller sexa un perigo para a República, porque eu vin a muller reaccionar fronte á Ditadura e coa República. O que puidese ser un perigo é que a muller pensase que a Ditadura a quixo atraer e que a República a rexeita, porque, aínda que o que a Ditadura lle concedeu foi igualdade na nada, como me compracín eu sempre en dicir, o certo é que, dentro do seu sistema absurdo e ilegal, chamaba a muller a uns pretendidos dereitos ...” |
|
Clara Campoamor, Diario de sesións das Cortes, 30 de setembro de 1931 |
|
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0

