2.3.1 Cooperación
Na actualidade é un termo de difícil definición. Etimoloxicamente poderíamos dicir que é a acción simultánea de dúas ou máis persoas ou entidades que actúan xuntas, proporcionando axuda, auxilio ou socorro.
Con este termo podermos estar a referirnos a acordos para temas militares, de seguridade tecnolóxica, científica, espacial, artística, deportiva... Na prensa diaria podemos atopar un uso reiterado do termo en diversos contextos.
Pero, tamén podemos falar de cooperación para o desenvolvemento, é dicir, a colaboración cos pobos do Terceiro Mundo, atendendo a diversos criterios:
![]() |
|
Na actualidade o termo cooperación está vinculado cos adxectivos humano e sustentable, en relación aos informes do PNNUD e o Cumio da Terra en Río. Con eles preténdese salientar a necesidade de alcanzar unhas mínimas condicións e calidade de vida, así como o coidado do medio e o uso de enerxías e recursos renovables.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
