4.1 Solucións das actividades propostas
S1.
Na dignidade propia do ser humano. E esta dignidade xera unha serie de dereitos fundamentais que son propios de todas e cada unha das persoas: os dereitos humanos.
S2.
No Neolítico, hai máis ou menos dez mil anos.
S3.
Que a liberdade é o ben máis valioso que posúen os seres humanos, e que por ela paga a pena arriscar a vida.
S4.
-
A escravitude, a tortura, a imposibilidade de expresar libremente a opinión, a pena de morte, as detencións ilegais, a discriminación racial, os cárceres secretos...
-
Non. Porque unha alta porcentaxe da poboación estaba sometida a escravitude
S5.
As mulleres
S6.
A existencia dunha contradición: que o exercicio dos dereitos humanos é algo que corresponde a cada persoa, pero quen ten que garantir este gozo son os grupos que teñen o poder (Estado e poderosos grupos económicos). Os que posúen o poder fano en beneficio propio, polo que os dereitos humanos son manipulados polos poderosos. Por isto, para gozar dos dereitos humanos, todas as persoas teñen que participar no poder.
S7.
Como a variedade de seres humanos é moi ampla (en relación coa intelixencia, a fortaleza física, as habilidades...), apareceron distintos niveis de poder dentro das sociedades humanas; os niveis superiores, movidos pola ansia de poder e de dominio, someteron os inferiores.
As ideas de que os dereitos humanos eran dereitos de todos, que se posúen independentemente da organización social e política e que os Estados nunca os ían conceder pola súa iniciativa.
S8.
Que os que realmente fixeron e fan os traballos e as tarefas máis duras, e os que expoñen e dan as súas vidas son a maioría da poboación sometida e anónima, e que as relacións de dominio e de poder son unha constante na Historia.
S9.
-
Declaración de Independencia de EE UU, en 1776.
-
Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán de 1789, en Francia.
-
Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá, redactada por Olympe de Gouges, de 1791.
-
Convenio da Haia, que regula os dereitos e deberes en tempo de guerra.
-
Constitución da OIT, en 1919.
-
Declaración dos Dereitos do Neno, de 1923.
-
Convenio internacional para a supresión da escravitude, de 1926.
S10.
Que todas as persoas nacen iguais en dereitos e permanecen así durante toda a súa vida; que a liberdade é un dereito natural que nunca prescribe.
S11.
|
|
Artigos |
|
14 |
|
22, 25, 26 |
|
23 |
|
7, 22 |
|
19 |
|
5 |
|
1, 2 |
S12.
Resposta persoal
S13.
Resposta persoal
S14.
- Primeira xeración: dereitos civís e políticos para evitar o abuso das autoridades.
- Segunda xeración: dereitos sociais, económicos e culturais.
- Terceira xeración: céntranse no mantemento da paz e da seguridade internacional.
- Cuarta xeración: atenden as necesidades dos novos movementos sociais.
S15.
- É tan antigo como a propia humanidade.
-
Os traballos domésticos e a reprodución da especie.
-
Que a organización social existente impide a realización persoal das mulleres, o que, á súa vez, leva as cidades á miseria.
-
Por desexo de Deus, servir e acompañar ao home e ter fillos.
S16.
-
Que a súa función tradicional deixou de ter importancia e que comezou a posibilidade de acceder a outros campos da actividade humana.
-
J. S. Mill cre que se debe a que a maioría dos homes non soporta a idea de vivir cunha persoa en condicións de igualdade.
-
A I Guerra Mundial, cando as mulleres pasaron a desenvolver por primeira vez traballos considerados ata o momento como propios dos homes.
S17.
-
A Ilustración.
-
Porque a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán non recoñecía a igualdade de dereitos das mullere
S18.
Bakunin céntrase no concepto de liberdade desde un punto de vista xeral, facendo fincapé na idea de que a liberdade de todas as demais persoas, homes e mulleres, é fundamental para a liberdade persoal. Lenin fíxase exclusivamente na situación de opresión e embrutecemento que padecen as mulleres, relegadas ás tarefas do fogar, que é un traballo estéril e improdutivo.
S19.
-
O acceso da muller á educación, ás profesións e ao dereito ao voto en igualdade de condicións cós homes.
-
Que as mulleres farán uso dos seus dereitos para acadar a seguridade e a felicidade; que teñen que ter os mesmos dereitos que os demais membros da sociedade; que ten que conseguir a súa realización persoal; e que algunhas funcións específicas lles poidan comportar preparacións especiais.
-
Un movemento feminino que loitou polo dereito ao sufraxio.
S20.
-
A idea propia dos fascismos: formar unha familia e ter fillos.
-
A familia, a unidade máis valiosa dentro do Estado; o fillo ennobrece.
S21.
-
Analizar as causas da opresión a muller; loitar pola súa liberdade e os seus dereitos; criticar a desigualdade social entre mulleres e homes; cambiar a visión masculina do mundo; propoñer novos valores para acadar unha vida máis humana e igualitaria.
-
Que a necesidade dun movemento que reivindique a igualdade entre mulleres e homes rematará cando o faga a situación de dominación e de supremacía do home, e cando a comunicación entre ambos se faga nunhas condicións de respecto.
S22.
-
Durante a II República.
-
Victoria Kent argumenta que, renunciando aos seus ideais, cómpre aprazar o dereito ao voto das mulleres porque a súa falta de preparación política e o encadeamento da súa conciencia favorecerían o voto ás dereitas, que non estaban a favor dun sistema democrático nin da República, e, en consecuencia, o novo sistema político podería fracasar. Pola súa parte, Clara Campoamor argumenta que, tendo a República como meta principal o profundo respecto aos principios democráticos, e non crendo que as mulleres sexan un perigo para a República porque as viu reaccionar contra a ditadura de Primo de Rivera, os dereitos da nova Constitución teñen que ser iguais para todos.
-
Victoria Kent.
S23.
1-B, 2-J, 3-I, 4-H, 5-E, 6-D, 7-F, 8-C, 9-A, 10-G.
S24.
-
A colaboración e a responsabilidade compartida de todos os membros da familia no traballo e na vida familiar.
-
Resposta persoal.
-
Resposta persoal.
S25.
-
Con respecto ao ano 2000, para as españolas, un descenso nos anos 2001 e 2002, para sufrir logo un forte aumento nos dous anos seguintes, e logo un descenso continuado de dous anos, para volver a subir posteriormente. O número de mulleres estranxeiras vítimas da violencia de xénero duplicouse nestes oito anos.
-
Cónxuxe e compañeira sentimental.
S26.
Resposta persoal.
S27.
-
O 11%.
-
O 0,9%.
S28.
-
Están por riba da media (28), América do Norte (45) e África (40).
-
Europa Occidental iguala a media (28). O resto está por debaixo da media.
-
En Europa Occidental.
-
Non no caso de África e América Latina; si no caso de América do Norte.
S29.
V – V – F – F – V – V – V.
S30.
Resposta persoal.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0