6. Glosario
-
D
-
Darwin, Charles
(Shrewsbury, 1809 - Downe, Kent, 1882) Naturalista inglés, pai da teoría da evolución por selección natural, na súa obra A orixe das especies. Revolucionou o concepto que o ser humano ten de si mesmo e da súa relación coas demais especies do planeta ao estabelecer unha orixe común para todas elas. Debido a estas ideas, revolucionarias para a época, foi moi criticado por diversos sectores da sociedade, nomeadamente pola Igrexa católica.
O ano 2009 foi declarado Ano Darwin, co gallo do 200 aniversario da data do seu nacemento e do 150 aniversario da publicación d'A orixe das especies.
-
-
N
-
Newton, Isaac
(Woolsthorpe, Lincolnshire, 1643 - Londres, 1727) Físico, matemático e astrónomo inglés. A súa achega máis notable foi a lei da gravitación universal, sobre a que Lagrange escribiu: o sistema do mundo descóbrese unha soa vez. Pero a súa obra, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores (con Leibniz) do cálculo infinitesimal. Tamén descubriu varias leis da física, entre elas a da gravidade. Para el, a función da ciencia era descubrir leis universais e enuncialas de forma precisa e racional.
Aos 18 anos foi enviado a Cambridge, onde se distinguiu dos demais alumnos e fixo moitas achegas importantes á ciencia, sendo os chamados Principios de Newton os máis coñecidos. Estudou no Trinity College, en Cambridge, graduándose en 1665. Un dos principais precursores da Ilustración, o seu traballo científico sufriu forte influencia do seu profesor e orientador Barrow (desde 1663), e de Schooten, Viète, John Wallis, Descartes, Fermat e Cavallieri, das concepcións de Galileo e Kepler, da teoría de Aristóteles sobre rectas tanxentes ás curvas, do traballo de Apolonio sobre cónicas e da xeometría de Euclides.
En 1663, formulou o teorema hoxe coñecido como binomio de Newton. Fixo as súas primeiras hipóteses sobre gravitación universal e escribiu sobre series infinitas e teoría do fluxo. Por causa da peste, o Trinity College foi pechado en 1666 e o científico foi para casa, á súa facenda. Foi neste ano de retiro cando construíu catro das súas principais descubertas: o teorema binomial, o cálculo, a lei da gravitación e a natureza das cores. Construíu o primeiro telescopio de reflexión en 1668, e foi quen primeiro observou o espectro visible que se pode obter pola descomposición da luz solar ao incidir sobre unha das faces dun prisma triangular transparente (ou outro meo de refracción ou de difracción), atravesándoo e proxectándose sobre un meo ou un anteparo branco. Optou, entón pola teoría corpuscular de propagación da luz, enunciándoa (1675) e contrariando a teoría ondulatoria de Huyges.
Tornouse profesor de matemática en Cambridge (1669) e entrou na Royal Society (1672). A súa principal obra foi a publicación Philosophiae Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos dunha filosofía da natureza - 1687), en tres volumes, un verdadeiro monumento científico, en que enunciou a lei da gravitación universal, xeneralizando e ampliando as constatacións de Kepler (Leis de Newton), e resumiu as súas descubertas, principalmente o cálculo. Tratando esencialmente sobre física, astronomía e mecánica (leis dos movementos, movementos de corpos en medios resistentes, vibracións isotérmicas, velocidade do son, densidade do ar, queda dos corpos na atmosfera, presión atmosférica, etc), todo tratado con matemática pura, foi a súa consagración como maior científico da súa época.
En 1696 Foi nomeado Warden of the Mint e en 1701 Master of the Mint. Foi electo socio estranxeiro da Académie des Sciences en 1699 e tornouse presidente da Royal Society en 1703. Publicou, en Cambridge, Arithmetica universalis (1707), unha especie de libro de texto sobre identidades matemáticas, análise e xeometría, posibelmente escrito moitos anos antes (talvez en 1673).
Escribiu (1669) e publicou (1711) De analysi per aecuationes numero terminorum infinitas, sobre series e cálculo. Escribiu (1671) e publicou (1742) Methodus fluxionum et serierun infinitorum, sobre fluxos. Especialista en gravitación universal, na mecánica as súas principais contribucións foron a descuberta das terceira e última lei de movemento, despois chamada de principio da acción e reacción, a lei da gravitación universal e a conceptualización precisa de masa, momento, inercia, forza e aceleración. coa demostración da lei da gravitación estaba criada a teoría da Mecánica Celeste, movendo a descrición do mundo do terreo cinemático para o dinámico.
Estudou aínda forzas de resistencia e de viscosidade nos fluídos en repouso e en movemento, establecendo principios e relacións, e estableceu o cálculo da contracción dos chorros en descargas por orificios. Publicou tamén conclusións sobre escoamento en canais, velocidade de ondas superficiais e dislocamento do son no ar. Tamén escribiu sobre química, alquimia, cronoloxía e teoloxía. Esta preocupación de Newton con cuestións filosóficas, relixiosas e teolóxicas e seu envolvemento coa alquimia pode estar relacionado co feito de que el pertenceu a unha orde Rosacruz. Modestamente caracterizouse por nunca dar moita importancia á publicacións das súas descubertas.
-
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License