1.11 Cine e literatura: Tourettes

 Se pode acceder a internet, vexa a curtametraxe titulada Tourettes no seguinte enderezo web:

[http://www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=4380]

 

No caso de que esta curtametraxe deixe de estar dispoñible, recoméndaselle ao profesorado que escolla outra no Soportal do Audiovisual Galego:

 

 

Cine e literatura

  • O cine e a literatura teñen un obxectivo común, contar historias, e un dos seus elementos básicos é o mesmo: a palabra. Iso si, a linguaxe da literatura baséase na escrita, entanto que a do cine se basea nas imaxes e no son.

  • O cine inspirouse en temas, formas, técnicas, xéneros, etc., da literatura.

  • A linguaxe cinematográfica ten unha capacidade de síntese excepcional, que non posúe a literatura, pois un filme pode presentar nunha soa secuencia o que unha novela normalmente describiría ou narraría en varias páxinas.

 

 

Actividades propostas

S14. Identifique os elementos narrativos da curtametraxe:

    • Tipo de narrador.

    • Tipo de personaxes.

    • Acción: estrutura.

    • Función do espazo.

    • Tempo do relato e tempo do discurso.

S15. Elabore un texto de intención literaria, especificamente un conto, que conste da seguinte estrutura: introdución, nó e desenlace (extensión máxima dunha cara dun folio).

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License