1.8 A conexión nos textos (aspectos teóricos)
Para que un texto estea ben construído é preciso que teña conectadores que enlacen adecuadamente os seus elementos. Estes nexos axudan a establecer a relación semántica que existe entre os enunciados e forman un conxunto moi heteroxéneo tanto polas diversas categorías gramaticais ás que pertencen (adverbios, conxuncións, locucións...) como pola variedade de significados que lle poden achegar ao discurso. Os máis frecuentes aparecen recollidos no seguinte cadro:
|
PRINCIPAIS CONECTORES |
|
|
Significado |
Exemplos |
Por todo isto, Porque, pois, xa que... |
Estaba chovendo, dous músicos enfermaran e había moi pouca xente. Por todo isto, suspenderon o concerto. |
Así pois, por conseguinte, por tanto, xa que logo... |
O profesor de Matemáticas non puido vir. Por tanto, marchamos do instituto unha hora antes. |
A non ser que, salvo que, se... |
Os raposos están en perigo de extinción. A non ser que coidemos deles, desaparecerán en pouco tempo. |
E, ademais, é mais, mesmo... |
Están moi motivados para gañar o partido. Ademais, viñeron moitos afeccionados a animarlles. |
Pero, non obstante, porén, en cambio, así a todo, pola contra... |
Aprobei o exame. Non obstante, non obtiven praza neste concurso-oposición. |
É dicir, isto é, Noutras palabras, mellor dito... |
Na empresa non me renovaron o contrato. Noutras palabras, quedei no paro. |
Para empezar, ante todo, por outra parte, despois, en primeiro lugar, a continuación, en fin, por último, en conclusión, para rematar... |
Estou enfadada por varios motivos. En primeiro lugar, non me avisastes de que non viñades. Despois, fóstesvos ao cine sen min e, para rematar, collestes o meu diñeiro para pagar as entradas. |
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License