5. Exercicios de autoavalición.
1. Que técnica de traballo intelectual empregamos cando destacamos mediante un trazo as frases esenciais dun texto?
Esquema.
Subliñado.
Resumo.
Guión
2. Que tipo de argumentos existen nas dúas linguas do ámbito?
A experiencia persoal, de universalidade, de singularidade, de semellanza, por xeneralización, baseado na persoa en vez das súas razóns; argumentos baseados nas consecuencias dun feito.
O argumento de autoridade, de universalidade, de singularidade, de semellanza, por xeneralización, baseado na persoa en vez das súas razóns; argumentos baseados nas consecuencias dun feito.
A experiencia persoal, o argumento de autoridade, de universalidade, de semellanza, por xeneralización, baseado na persoa en vez das súas razóns; argumentos baseados nas consecuencias dun feito.
A experiencia persoal, o argumento de autoridade, de universalidade, de singularidade, de semellanza, por xeneralización, baseado na persoa en vez das súas razóns; argumentos baseados nas consecuencias dun feito
3. Que tipo de relación semántica expresan os conectadores para empezar, despois, por último?
Causa.
Adición.
Orde do discurso.
Explicación.
4. Cal é a finalidade dun texto científico?
Explicar a orixe do universo.
Explicar teorías científicas e doutros ámbitos.
A difusión entre a comunidade científica e o resto da sociedade dun determinado coñecemento ou teoría.
Depende do contido do texto en si.
5. En que ano se fundou a Editorial Galaxia?
En 1950.
En 1910.
A finais do século XV.
En 1975.
6. Que foi o Grupo Nós?
Un colectivo de intelectuais vigueses que lle deu á cultura galega unha altura intelectual que xamais tivera, nomeadamente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.
Un colectivo de intelectuais ourensáns que lle deu á cultura española unha altura intelectual que xamais tivera, nomeadamente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.
Un colectivo de intelectuais ourensáns que lle deu á cultura galega unha altura intelectual que xamais tivera, nomeadamente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.
Un colectivo de intelectuais ourensáns que lle deu á cultura galega unha altura intelectual que xamais tivera, nomeadamente no que se refire á renovación da poesía e do teatro, así como ao seu cosmopolitismo.
7. Que oración ten o esquema sintáctico Suxeito + Predicado [NÚC – CD – CC]?
Brais mercou esas mazás no supermercado.
O seu curmán insistía na súa inocencia ante o xuíz
Esta noite roubaron tres coches en Vigo.
Esa casa gústame moito.
8. Cal das seguintes características non é propia do complemento axente?
Sintagma preposicional introducido pola preposición “por”.
É exclusivo da voz pasiva.
Convértese en suxeito ao transformar esa oración en activa.
Aparece en oracións con verbos copulativos.
9. Cal é a función sintáctica de “rotas” na oración Moitas cadeiras chegaron rotas?
Atributo.
Complemento circunstancial.
Complemento predicativo.
Complemento de réxime ou suplemento.
10. Que elemento do esquema sintáctico dunha oración complementa o significado do proceso?
O obxecto ou paciente.
O instrumento.
O actor ou axente.
O beneficiario.
11. Quen é o autor de Pedro Páramo?
Gabriel García Márquez.
Juan Rulfo.
Ernesto Sábato.
Mario Vargas Llosa.
12. Cal das seguintes obras escribiu Vicente Huidobro?
El Aleph.
El túnel.
Los heraldos negros.
Altazor.
13. En que momento ten lugar o boom da narrativa hispanoamericana?
A finais do século XIX.
No primeiro terzo do século XX.
Nos anos 60 do século XX.
Nos anos 40 do século XX.
14. Cal dos seguintes autores destacou polas súas coleccións de contos?
Jorge Luis Borges.
Octavio Paz.
Pablo Neruda.
Mario Benedetti.
15. Que característica non comparten o cine e a literatura?
O obxectivo é contar historias.
A palabra é un elemento básico.
Capacidade excepcional de síntese.
A temática.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License