1.7 Estratexias de autoavaliación
Deseguido propónselle un cadro que lle pode servir para avaliar o seu traballo en calquera das unidades didácticas que leva feitas. Para que a autoavaliación resulte óptima as respostas que ofreza deben ser sinceras e adecuarse á realidade.
Pense que responder de xeito intencionadamente erróneo ás cuestións que se lle formulan no cadro ha repercutir de maneira negativa no seu propio proceso de aprendizaxe.
Folla de autoavaliación
-
Unidade X
Instrumentos
Autoavaliación do alumno
-
Caderno
Teno limpo? Ten os apuntamentos que haxa nela relacionados con esta unidade ordenados e completos?
-
Probas escritas
Como lle saíron as probas escritas desta unidade? Fíxoas todas? Que puntuación lle puxo o profesor? Valoración persoal.
-
Actividades
Fixo todas as actividades da unidade? Deixou algunhas sen facer? Por que?
-
Traballo individual
Resultoulle esta unidade difícil de facer? Doada? Por que? Como valora o seu propio traballo? Cre que lle dedicou á unidade pouco tempo? Valoración persoal.
-
Expresión
Faltas de ortografía, caligrafía, acentuación: en que necesita mellorar?
-
Comprensión
Comprende ben os textos que le? Uns mellor que outros? Valoración persoal.
-
Actitude
Cre que a súa actitude negativa influíu no desenvolvemento práctico desta unidade? Ten problemas para concentrarse ? Valoración persoal.
-
Conclusións
Que nota se poñería ou como definiría o traballo que vostede realizou nesta unidade? Algunha outra observación?
-
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License