5. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

1. Que son os textos narrativos?


Son aqueles cuxa función principal é a de relatar con palabras feitos (reais ou ficticios) que se teñen producido ao longo dun tempo.

Son aqueles cuxa función principal é a de relatar con palabras feitos reais que se teñen producido ao longo dun tempo.

Son aqueles cuxa función principal é a de relatar con palabras feitos ficticios que se teñen producido ao longo dun tempo.

Son aqueles cuxa función principal é a de relatar coa voz feitos reais que se teñen producido ao longo dun tempo.


2. Cales son os elementos da narración?


Acción, personaxes e ambiente.

Acción e personaxes.

Acción, personaxes, ambiente, narrador.

Ambiente e narrador.


3. En cantas partes se desenvolve a estrutura da narración?


4.

2.

5.

3.


4. Que nomes reciben as partes en que se desenvolve a estrutura da narración?


Presentación e desenlace.

Presentación, nó e desenlace.

Presentación e desenlace.

Introdución, presentación, nó e desenlace.


5. Que tipos de textos pertencen ao xénero narrativo?


O conto tradicional, o conto literario, a fábula, a novela e as memorias.

A poesía, a fábula, a novela e o conto popular.

O teatro, a poesía e a novela.

A lenda, o conto popular e o conto literario.


6. Que tipo de texto narrativo é propio da tradición oral?


As memorias

A novela.

O conto popular.

O conto literario.


7. Que vocabulario se adoita utilizar nas cartas persoais?


Vocabulario sinxelo e coloquial.

O que nós queiramos.

Depende do tema que tratemos na carta.

Depende de a quen vaia dirixida.


8. Que nome reciben as partes en que se divide a carta persoal?


Data, encabezamento, contido, despedida, sinatura.

Data, contido, despedida, sinatura, posdata.

Encabezamento, contido, despedida, sinatura, posdata.

Data, encabezamento, contido, despedida, sinatura, posdata.


9. De cantas formas pode pronunciarse o x?


De dúas, nas dúas linguas do ámbito.

Só pode pronunciarse dunha forma.

En galego, de dúas; en castelán, dunha soa forma.

Depende do momento.


10. Cales son os principais elementos morfolóxicos que conforman o verbo?


Raíz, desinencias, suxeito e predicado.

Raíz e desinencias.

Raíz, desinencias, CD e CI.

O número e a persoa.


11. Que clase de información achegan as desinencias?


De número e modo.

De número, persoa, tempo e modo.

De número, persoa e tempo.

De tempo e modo.


12. Que modos temporais existen nos verbos?


Indicativo, subxuntivo e imperativo.

Indicativo e imperativo.

Subxuntivo e imperativo.

Indicativo e subxuntivo.


13. En que lingua ou linguas existe o tempo verbal coñecido como infinitivo conxugado?


Na castelá

Na inglesa.

Na galega

Na galega e na castelá.


14. En que lingua ou linguas do ámbito existen os chamados tempos compostos?


Na galega.

Na castelá e na galega.

Na castelá.

Depende do tipo de oración en que vaia inserido o verbo


15. Cantas persoas ten o imperativo?


Só ten formas de segunda persoa.

Primeira, segunda e terceira.

Primeira, segunda e terceira (singular) e primeira, segunda e terceira (plural).

O imperativo non ten persoas, é unha forma nominal do verbo.


16. Cales son as formas nominais do verbo?


Infinitivo, xerundio e participio.

Presente, pasado e futuro.

Primeira, segunda e terceira.

Singular e plural.


17. En que se basean os conectadores de orde?


Non se basean en nada.

Baséanse na numeración ou no tempo.

Baséanse na numeración, no espazo ou no tempo.

Baséanse no espazo e no tempo.


18. Cal é a función dos conectadores explicativos?


Aclarar o(s) tema(s) ou ideas expresados nunha oración ou frase.

Delimitar o(s) tema(s) ou ideas expresados nunha oración ou frase.

Aclarar ou delimitar o(s) tema(s) ou ideas expresados nunha oración ou frase.

A mesma que a dos conectadores de orde.


19. Cal é a función dos conectadores de contraste?


Matizan unha idea expresada con anterioridade ao longo dun texto, polo que conectan dous membros dun texto ou conxunto de oracións.

Matizan unha idea expresada con anterioridade ao longo dun texto.

Amplían unha idea expresada con anterioridade ao longo dun texto, polo que conectan dous membros dun texto ou conxunto de oracións.

Matizan unha idea expresada con posterioridade ao longo dun texto, polo que conectan dous membros dun texto ou conxunto de oracións.


20. Que é un hiperónimo?


É unha palabra que ten un significado semellante a outra.

É unha palabra que ten un significado contrario a outra.

É unha palabra con significado máis xeral que outras de significado máis específico.

É unha palabra con varias acepcións


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License