2.8 Os tempos verbais (aspectos teóricos)

Neste punto ímonos centrar na conxugación dos tempos do verbo en galego:

  • No modo indicativo: presente, copretérito (imperfecto), pretérito, antepretérito (pluscuamperfecto), futuro e pospretérito (condicional ou futuro do pretérito).
  • No modo subxuntivo: presente, pretérito e futuro.
  • O imperativo.
  • Nas formas nominais: infinitivo, xerundio e participio.

Para consultar as conxugacións de verbos en galego recorra, por exemplo, ao libro (inclúe CD-ROM) ou á páxina web que se indican:

Ademais dos tempos verbais, para conxugar os verbos en galego debemos ter en conta se estes son regulares ou irregulares.

Algunhas pistas para a conxugación de verbos

  • Para o presente de indicativo pense no adverbio de tempo hoxe. Exemplos: hoxe vou comer caldo, hoxe marcho, hoxe saio…
  • Para o pretérito pense no adverbio de tempo onte. Exemplos: onte comín caldo, onte fun ao cine, onte marchei cedo…
  • Para o futuro pense no adverbio de tempo mañá. Exemplos: mañá comerei caldo, mañá irei ao cine, mañá marcharei cedo…
  • Para o presente de subxuntivo pense nun adverbio de dúbida ou desexo, oxalá, quizá... Exemplos: oxalá coma caldo, quizá vaia ao cine, quizá marche…
  • Todos os verbos regulares e a maioría dos irregulares teñen así os morfemas modo-temporais do copretérito (ou pretérito imperfecto): os da primeira conxugación en -ba (cantaba, daba…), e os da segunda e a terceira conxugación en -ía (comía, partía).
  • Pospretérito (condicional ou futuro do pretérito): ten sempre o morfema modo-temporal -ría: cantaría, faría, viría.
  • Antepretérito (pluscuamperfecto): ten o morfema modo-temporal -ra: cantara, fixera.
  • Pretérito de subxuntivo: ten o morfema modo-temporal -se: cantase, fixese, vise.

Conxugación de verbos regulares

Os verbos regulares manteñen o lexema ou raíz invariable ao longo de toda a conxugación (cantar, querer, partir). Son regulares os seguintes verbos:

  • Os rematados en –cer, –cir (agás facer, dicir e derivados).
  • Os rematados en –uír (mais teñen unha particularidade: levan diérese na primeira persoa e na segunda persoa de plural do copretérito para indicar que ese ï vai en hiato).

Algunhas particularidades dos verbos regulares:

  • Os verbos rematados en –ir que teñen e como última vogal do lexema forman o presente de indicativo de dous xeitos:

Verbos do tipo medir

Verbos do tipo servir

Presente de indicativo

Presente de indicativo

Mido

Mides

Mide

Medimos

Medides

Miden

Sirvo

Serves

Serve

Servimos

Servides

Serven

  • Os verbos rematados en –ir que teñen u como última vogal do lexema forman o presente de indicativo de dous xeitos:

Verbos do tipo discutir

Verbos do tipo durmir

Presente de indicativo

Presente de indicativo

Discuto

Discutes

Discute

Discutimos

Discutides

Discuten

Durmo

Dormes

Dorme

Durmimos

Durmides

Dormen

  • Nos verbos rematados en –aer, oer, aír e –oír aparece un i na primeira persoa de singular do presente de indicativo e mais en todo o presente de subxuntivo; ademais levan diérese na primeira e segunda persoa do plural do copretérito:

 

Tipo caer

Tipo oír

Presente ind.

Presente subx.

Copretérito

Presente ind.

Presente subx.

Copretérito

Caio

Caes

Cae

Caemos

Caedes

Caen

Caia

Caias

Caia

Caiamos

Caiades

Caian

Caía

Caías

Caía

Caïamos

Caïades

Caían

Oio

Oes

Oe

Oímos

Oídes

Oen

Oia

Oias

Oia

Oiamos

Oiades

Oian

Oía

Oías

Oía

Oïamos

Oïades

Oían

As formas nominais

As formas nominais non teñen morfema de persoa coa excepción do infinitivo conxugado. Xa que logo, as formas nominais en galego son:

  • Participio: fórmase coa terminación –ado nos verbos regulares da primeira conxugación (cantado) e coa terminación –ido nos regulares da segunda e terceira (varrido, partido).        Hai verbos con formas de participio irregulares (abrir-aberto) e outros que mesturan formas regulares e irregulares (ceibar-ceibado/ceibo).
  • Xerundio: fórmase coa terminación –ndo: cantando, varrendo, partindo.
  • Infinitivo: no galego temos que distinguir dous tipos de infinitivo: o infinitivo non persoal, que pertence ás chamadas formas nominais do verbo, e que carece de flexión; e o infinitivo conxugado ou persoal, que posúe morfemas de número e persoa.

Exemplos de infinitivo non persoal: cantar, partir, varrer…

Como dixemos, o infinitivo persoal ou conxugado posúe morfemas de número e persoa. O uso máis habitual é coas oracións que comezan por preposición. Exemplos:

Por non estarmos preparados, fracasamos na empresa (verbo cantar: cantar, cantares, cantar, cantarmos, cantardes, cantaren).

 Actividades propostas

S11.            Diga o tempo, o modo e a conxugación verbal dos verbos deste texto:

  Tempo Modo Conxugación verbal
que eu digo

e ben que me acorde

que aquilo non era

 nacer

 

chegou

 

para lle botar a auga de socorro

 

que se mandou por ela á parroquia da Trindade

que polo visto era

 

 

 

onde o facían mellor  

que auga de socorro hai que  

   
bendicila doutro xeito que a de...  

   

S12.            Conxugue os verbos da táboa na primeira e segunda persoa de singular  nos tempos que se lle indican:

 

 

Pretérito

Antepretérito

Pospretérito

Presente (subx.)

Pretérito (subx.)

  • Traballar

  • Mover

  • Partir

  

 S13. Indique o infinitivo,  e participio das seguintes formas verbais:

  Infinitivo Xerundio Participio
partimos

casades

tedes

  

S14.  Relea o conto popular O oso e o raposo e atope un exemplo de infinitivo conxugado.

Observe os verbos que emprega o narrador. En que persoa gramatical están: primeira, segunda ou terceira?

 

S15.            Relea o conto literario Sobre a morte de Bieito e atope un exemplo de imperativo.

Están os verbos que emprega o narrador na mesma persoa gramatical que no conto popular?

                                

         Para realizar máis exercicios sobre o verbo, pode acudir á páxina:

                http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/morfoloxiaexercicios.html

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License