1.1 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade está dentro do bloque A carón do lume e denomínase A narrativa. É recomendable que se traballe con ela diariamente entre unha e dúas horas.

  • Ademais, debe ter en conta as seguintes cuestións:

–      A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, separados en dúas partes ben diferenciadas. Ambas as linguas, xunto coa estranxeira, intégranse no ámbito da comunicación.

–      A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de "aspectos teóricos", que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen desa etiqueta, que son os que debe ler, comprender e comentar (aparecen precedidos do símbolo &).

–      Os contidos e exercicios van clasificados en bloques ou partes, relacionados con distintos aspectos do estudo da lingua: comunicación oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade e educación literaria.

  • Logo de rematada a unidade deberá ser capaz de:

–      Valorar a importancia da lingua oral como transmisora de literatura popular.

–      Recoñecer e identificar as características que definen os textos narrativos.

–      Comprender diversos tipos de textos narrativos pertencentes ás dúas linguas do ámbito.

–      Elaborar adecuadamente textos narrativos sinxelos.

–      Recoñecer e identificar as características da carta persoal como vía de comunicación.

–      Aprender a elaborar adecuadamente unha carta persoal.

–      Recoñecer e utilizar algúns conectadores textuais e mecanismos de referencia interna pertencentes ás dúas linguas do ámbito.

–      Identificar e usar adecuadamente as formas da conxugación verbal.

–      Recoñecer e aplicar adecuadamente as normas ortográfico do uso do x nas dúas linguas.

–      Recoñecer e analizar as tecnoloxías que ofrecen servizos informativos, e que ademais cumpren unha función social e cultural.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License