2.10 A lingua galega

Actividade de lectura

[...] En primeiro lugar, a lingua normativa ten que estar ao servizo da cultura dun pobo real e concreto, e por tanto ha de ser necesariamente continuadora da lingua falada pola comunidade e ha de achegarse canto sexa posible a ela, a fin de enraizar sobre bases seguras e vivas. Agora ben, para que estas bases sexan efectivamente sólidas, a norma debe acoller un galego fiel a si mesmo e limpo de canto alleo innecesario hai incrustado na fala viva pola presión do castelán. É dicir, a lingua común debe ser o máis galega posible, establecida sen sometementos nin dependencias, con atención escrupulosa á estrutura e características lingüísticas do galego.

En segundo lugar, o galego normativo ten que ser o vehículo expresivo común e válido para todo o pobo galego, voz apta e dispoñible para as súas manifestacións tanto escritas coma orais, tanto artísticas coma utilitarias. Consecuentemente, o galego común non pode basearse nun único dialecto, senón que debe prestar atención preferentemente á extensión xeográfica e demográfica das formas para seleccionar as normativas. Ha de ser, pois, supradialectal e lograr que o maior número posible de falantes galegos se identifiquen coas solucións acordadas.

En terceiro lugar, o galego común debe seguir as boas tradicións da antiga lingua galega que sexan compatibles coa maneira de ser moderna da lingua, de xeito que as formas tradicionais sexan preferidas ás máis innovadoras e evolucionadas. Debe recoñecer tamén a súa propia literatura e cultura máis recentes, emparentando así con todos os escritores anteriores e aceptando solucións xa consagradas polo uso [...].

ILG & RAG, Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, Vigo, 2003 [Adaptación]

Actividades propostas

S16. Diga de que tipo (de orde, explicativos ou de contraste) son os conectadores que aparecen subliñados no seguinte texto.

S17. Complete os ocos brancos deste texto con conectadores de orde.

, querían saír de viaxe o antes posible. non querían perder ningún día de venda no seu negocio. decidiron retrasar a saída.

  

S18.  Subliñe os conectadores deste texto e diga de que tipo son.

Tense por certo que Galicia é bastante uniforme no que se refire ao clima. Así e todo, e se consideramos a súa posición de transición entre o mundo mediterráneo e o atlántico, debemos ter en conta que presenta características comúns con ambos. Por unha banda hai grande abundancia de precipitacións durante todo o ano, cunha temperatura media suave nas costas setentrional e noroeste. Pola outra, presenta características do clima mediterráneo na Galicia do sur e do suest

S19. Complete con conectadores explicativos ou de contraste.

Ela está empeñada en tirar toda a roupa que xa non se leva; el, / quere deixala toda no armario, porque non lle importa a moda.

Neste punto comezan as contradicións: vostede insiste en que estaba na casa cando ocorreu todo. como puido entón ser visto na outra punta da cidade á mesma hora?

Gústame o caldo, a fabada, o arroz con chícharos, o lacón... / / ..., a comida tradicional.

  

S20. Escriba os hiperónimos correspondentes a estas series de palabras.

Hipónimos

Hiperónimo

  • Nai, pai, avó, avoa, curmán, xenro, nora…

  • Xudaísmo, cristianismo, mahometismo, budismo, animismo...

  • A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, León, Zamora, Burgos, Xaén...

  

S21. Volva a escribir estas frases, substituíndo as palabras subliñadas por hiperónimos ou pronomes.

    • O cazador colleu a escopeta de dous canóns. Introduciu na escopeta dous cartuchos e disparou. O retroceso da escopeta foi tan forte que o guindou ao chan.
    • Quedou admirado da forma e o olor da rosa. Colleu a rosa e acercouna ao nariz. Despois, observou a rosa outra vez e comezou a debuxar a rosa con coidado.
    • Sara conducía o convertible. Saíu do convertible, cerrou a porta do convertible e empezou a limpar o convertible

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License