2.6 Normas ortográficas: o uso do x (aspectos teóri-cos)
2.6 Normas ortográficas: o uso do x (aspectos teóricos)
O xe é a vixésimo segunda letra do alfabeto galego e pode pronunciarse de dúas maneiras diferentes:
Nas palabras patrimoniais (xente, queixo, xamón, xílgaro, xogador, xuntar...) representan o fonema propio do galego (fricativo prepalatal xordo).
Nas palabras cultas, é dicir, que entraron no galego tardiamente procedente doutras linguas, representa o grupo fónico /ks/. Por exemplo, texto, taxi, exame...
Regras para o uso correcto do x:
Escríbense con s e non con x: escavar (e derivados), espremer, espremedor, estender (pero extensión, extenso, extensivo, extensamente ), estraño (e derivados), estranxeiro (e derivados)...
Se nunha mesma palabra coinciden dous x, un con valor de /ks/, e outro con valor de fonema fricativo prepalatal xordo, pódese substituír o primeiro por s (esaxerar, esixir, osíxeno...) ou deixar os dous x: exaxerar, exixir, oxixeno.
Levan x, de xeito diferente ao castelán:
– No canto de s: xarampón, taxa, Bruxelas, enxalzar, graxa, xastre, cornixa, igrexa...
– En lugar de y: cónxuxe, inxección, pexorativo, proxectil, traxecto, xeso, xacer, conxuntura, maxestático, proxecto, subxugar, xema, xugular, xustaposición, así coma os derivados destas palabras.
– No canto de ch: bolxevique, clixé, haxix, xilin, xilaba...
– No canto doutras grafías: arxila, bocexar, bosquexo, cervexa, conxectura, enxiva, lixivia, oxalá, pelexa, solfexo, xaxún... e moitas máis.
Actividades propostas
S7. Complete as palabras das frases seguintes, escribindo x ou s segundo corresponda.
É un profesor
JXUwMDNkJXUwMDFk
celente pero moi e
JXUwMDJi
i
JXUwMDIw
ente.
A
JXUwMDNkJXUwMDE2
cavadora está traballando no
JXUwMDNkJXUwMDFk
terior do recinto.
Se falta
JXUwMDM3JXUwMDFj
í
JXUwMDIwJXUwMDFk
no prodúcese asfi
JXUwMDIwJXUwMDEx
a.
Pasei con é
JXUwMDIwJXUwMDEx
to o
JXUwMDNkJXUwMDFk
ame e mañá poderei ir de
JXUwMDNkJXUwMDFk
cursión.
É moi
JXUwMDNkJXUwMDE2
traño, parece obra de
JXUwMDNkJXUwMDFk
traterrestres.
A tarde foi
JXUwMDNkJXUwMDE2
pléndida e a comida,
JXUwMDNkJXUwMDFk
quisita.
Teño dificultade con ese idioma
JXUwMDNkJXUwMDE2
tranxeiro; o meu lé
JXUwMDIwJXUwMDEx
co é moi escaso.
Recolle o
JXUwMDNkJXUwMDE2
premedor e
JXUwMDNkJXUwMDE2
tende o mantel.
É un profesor excelente pero moi esixente.
A escavadora está traballando no exterior do recinto.
Se falta osíxeno prodúcese asfixia.
Pasei con éxito o exame e mañá poderei ir de excursión.
É moi estraño, parece obra de extraterrestres.
A tarde foi espléndida e a comida, exquisita.
Teño dificultade con ese idioma estranxeiro; o meu léxico é moi escaso.
Recolle o espremedor e estende o mantel.
S8. Clasifique estas palabras en dous grupos, tendo en conta como se pronuncia a grafía x: