4.1 Contidos en lingua galega

4.1  Contidos en lingua galega

Bloque de comunicación oral: o conto tradicional

  • Importancia da lingua oral como transmisora da literatura popular.
  • Semellanzas entre os argumentos de contos tradicionais de diferentes países.
  • Existencia de múltiples versións dos contos tradicionais.

Bloque de comunicación escrita: a carta persoal

  • Características da carta persoal: vocabulario coloquial, emprega signos de exclamación e interrogación e de sobreentendidos que lle dan un ton espontáneo, de linguaxe falada.
  • Estrutura: colocación do lugar e data no extremo superior dereito. Saúdo ou encabezamento, que adoita variar segundo o grao de confianza coa persoa a quen se lle envía a carta. Contido organizado normalmente en tres partes: introdución, exposición e conclusión. Despedida. Sinatura e posdata, se esquecemos algo importante.

Bloque de coñecemento da lingua: o uso do x, os tempos verbais, conectadores textuais e mecanismos de referencia interna

  • Normas ortográficas para o uso do x:

–      O x pode pronunciarse como fonema propio do galego (fricativo prepalatal xordo) en palabras patrimoniais e como grupo fónico /ks/ en palabras cultas.

–      Regras para uso correcto do x: en palabras que o levan en castelán e non en galego (espremer, estender...), substituíndo ao s castelán (xarampón), y (inxección), ch (clixé) e outras grafías (arxila).

–       Cando coinciden nunha mesma palabra x como /ks/ e como fricativo palatal xordo, pode substituírse o primeiro por s ou deixar os dous.

  • Estrutura morfolóxica do verbo:

–      A raíz non cambia nos verbos regulares pero si nos irregulares.

–      A desinencia proporciona información sobre o número (singular e plural), persoa (primeira, segunda e terceira), tempo (presente, pasado e futuro) e modo (indicativo, subxuntivo, imperativo).

  • Os tempos verbais son:

–      Modo indicativo: presente, copretérito, pretérito, antepretérito, futuro e pospretérito.

–      Modo subxuntivo: presente, pretérito e futuro.

–      Modo imperativo: segunda persoa de singular e plural.

–      Formas nominais: infinitivo (que pode ser conxugado como forma persoal), xerundio e participio.

  • Os conectadores textuais serven para enlazar frases e oracións nun texto. Poden ser de orde (baséanse na numeración no espazo e no tempo), explicativos (aclaran ou delimitan as ideas expresadas) e de contraste (matizan unha idea expresada con anterioridade).

 

 

  • Mecanismos de referencia interna: Os hiperónimos son palabras de significado máis xeral fronte a outras de significado máis preciso.

Bloque de lingua e sociedade

Internet, a radio e a televisión son fontes de información. Os tres cumpren ademais unha función social ao difundir noticias e opinións e cultural por permitirnos acceder a películas, libros e coñecementos sobre variados temas. Internet abrangue os medios de comunicación tradicionais e pasa a ser o gran medio de información do noso tempo, desempeñando case en exclusiva a función social e cultural.

Bloque de educación literaria: os textos narrativos

  • Recoñecemos as características que forman parte dos textos narrativos

–      Elementos da narración: acción, personaxes, ambiente e narrador.

–      Estrutura de narración: presentación ou situación inicial; nó ou situación central e desenlace, situación derivada das anteriores.

  • Tipos de textos narrativos: conto tradicional, narración breve de feitos imaxinarios transmitidos de xeración en xeración. Conto literario, narración breve concibida por un autor. Fábula, relato breve en verso ou prosa do que se tira unha ensinanza moral. Novela, narración en prosa de maior extensión.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License