Textos narrativos
2.9.2 Mecanismos de referencia interna
Hiperónimos
Un hiperónimo é unha palabra de significado máis xeral (por exemplo, flor) que outras, de significado máis específico (por exemplo, rosa, caravel, dalia, pensamento...). Algúns exemplos:
- Planetas (hiperónimo): Terra, Marte, Xúpiter, Saturno... (hipónimos)
- Familiares (hiperónimo): nai, pai, irmán, curmá, sobriño... (hipónimos)
Un hiperónimo, como pode ver, ten, normalmente, máis dun hipónimo. Así, nai, pai, irmán, curmá e sobriño son hipónimos do substantivo familiar (que é o chamado hiperónimo).
Os hiperónimos son moi útiles para evitar repeticións innecesarias cando escribimos
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License