7. Glosario

 

F

Facebook

É unha rede social de internet que fundou o 4 de febreiro de 2004 Mark Zuckerberg mentres estudaba en Harvard. Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade, progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades. Na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse. Conta con 120 millóns de usuarios activos que se poden organizar en grupos e unirse a redes concretas, relacionándose segundo a súa situación xeográfica ou académica.

O seu nome provén do costume que existe en moitas universidades norteamericanas de darlles aos alumnos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e profesores desa universidade e que recibe o nome en inglés de Facebook, literalmente libro de caras. Existen versións do sitio en diversas linguas, entre elas o galego,.

 

G

Google

Google Inc. é a empresa propietaria da marca Google, cuxo principal produto é o motor de procura do mesmo nome. Foi fundada o 27 de setembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin (dous estudantes de doutoramento en Ciencias da Computación da Universidade de Stanford).

Malia ser o buscador o seu principal produto, a empresa ofrece tamén entre outros servizos: un comparador de prezos chamado Froogle, aínda que logo pasou a chamarse Google Product, un motor de procura para material almacenado en discos locais Google Desktop Search, e un servizo que revolucionou o mundo do correo electrónico gratuíto chamado Gmail. Tamén é famoso o seu programa Google Earth, mapamundi en 3D con imaxes de alta resolución. Recentemente lanzou a súa versión beta de mensaxería instantánea Google Talk. En outubro de 2006, Google adquiriu a famosa páxina de vídeos YouTube.

O 11 de xuño de 2008, Google recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades por impulsar unha "xigantesca revolución cultural" que permitiu o "acceso xeralizado ao coñecemento".

Actualmente Google está traballando en varios proxectos para aumentar o número de usuarios de internet e facilitar os recursos para que estes poidan acceder á rede.

Google Books

Na actualidade, este servizo de Google (en galego: busca de libros de Google) que posibilita a consulta de libros en liña xa dispón dun catálogo en galego, xa sexan clásicos ou escritores e escritoras actuais.

 

P

PXOM

Plan Xeral de Ordenación Municipal.

 

S

Software libre

Segundo a Free Software Foundation (FSF), o software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licenza que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades:

Liberdade para executar o programa, con calquera propósito.

Liberdade para estudar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte.

Liberdade para redistribuír copias e así poder axudar o veciño.

Liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License