2.11 Premios da Crítica Española
![]() |
|
Extraído da edición dixital do xornal A Nosa Terra, 12/04/2011 |
Actividades propostas
S18. Texto 2.10. Esta captura de pantalla pertence á edición dixital do xornal Galicia Hoxe. Fíxese nela e responda ás cuestións:
Como está dividida a información da páxina?
Que información atopamos na columna da dereita?
A publicidade atopámola no fondo da columna dereita, á marxe do que é informativamente importante. Por que?
A columna central é a que máis espazo ocupa. Por que?
Enriba do titular da información central atopamos o título CULTURA. Que tipo de información se lle transmite ao lector?
A continuación, fíxese nas opcións que hai debaixo da liña azul que separa os titulares do desenvolvemento da noticia? Para que serven as dúas primeiras (
)?
Deseguido, aparecen outras dúas opcións (
). Que función teñen?
S19. Texto 2.11. Na columna da dereita aparece un recadro titulado “Blogs cultura” que dá acceso aos escritos dun xornalista ou escritor, neste caso, Xosé Lois García; pero, sabe en que consisten e que contidos teñen os blogs ou bitácoras de internet? Busque a información na Wikipedia e escriba na táboa (coas súas palabras) en que consiste e que podemos entender por “blog dixital”?
S20. Textos 2.10 e 2.11. Lea a noticia principal que aparece en cada un dos textos e escriba, en poucas palabras, cal é o tema principal de cada unha delas.
|
Texto 2.7 (Agustín Fernández Paz debuta por segunda vez). |
|
|
Texto 2.8 (Premios da Crítica Española). |
|
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License
