1. Descrición da unidade didáctica
Esta unidade denomínase “Introdución ás TIC”. É recomendable que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas.
Ademais, debe ter en conta as seguintes cuestións:
– A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, separados en dúas partes ben diferenciadas. Ambas as linguas, xunto coa estranxeira, intégranse no ámbito da comunicación.
– A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de "aspectos teóricos", que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen desa etiqueta, que son os que debe ler, comprender e comentar (aparecen precedidos do símbolo &).
– Os contidos e exercicios van clasificados en bloques ou partes, relacionados con distintos aspectos do estudo da lingua: comunicación oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade e educación literaria.
Logo de rematada a unidade deberá ser capaz de:
– Ler textos, en formato tanto impreso como dixital, dun xeito máis eficaz.
– Utilizar adecuadamente o til diacrítico e os casos especiais de acentuación nas dúas linguas do ámbito.
– Recoñecer a estrutura organizativa e temática dos medios de información dixitais, sobre todo os xornais, para, dese xeito, comprender mellor a información que hai neles.
– Manexar e desenvolverse con soltura no uso de dicionarios e correctores ortográficos dos procesadores de textos.
– Valorar a importancia das TIC na sociedade actual.
– Ter unha actitude crítica ante as TIC, establecendo os seus proles e contras.
– Compor textos, en soporte dixital, utilizando o aprendido e lido nas lecturas desta unidade.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License