2.3 Nova York é noso

Actividade de lectura

O neno tiña algo que lles dicir ós outros nenos que andaban a enredar con el na beiramar. Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo. Por veces poñía cara de malo, cheo como estaba daquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Ata lle rabuñou a outro, así nun pronto, a lle brincar na cara os lampos dunha íntima fogueira. Esbandallaba todos os xogos con aquel seu desacougo, mesmo como gato alporizado por veciñanza de treboada. Era un raro rebuldar o seu, con súpetos enlevos.

Seu pai chegara aquel mesmo día de Nova York e os demais nenos non lle preguntaban nada, nin lle facían máis mimos e respetos que outros días. Quizais por iso, porque a pregunta non chegaba, foi polo que rabuñou a quen el coidaba que calaba adrede.

Sacou dun peto un asubío noviño, de forasteira feitura e moito rebruñido, e púxose a chifrar cheo de coraxe. Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno outra volta no peto, domeándose moito ao afondar a man para demostrar un peto fondo, coma os petos en que se gardan as mellores cousas. Arredor dos seus ollos bulía unha surrisa dubidosa, ninguén sabe se mala ou suplicante. Mais non lle preguntaron nada.

Seu pai chegara de Nova York aquel mesmo día. Vírao desembarcar no peirao vello. Traxe azul. Viseira de carei. A cara forte coma unha proa. Branco e grande o dentamio. E nos ollos, afeitos a longanías e grandes rumbos, ningunha fachenda.

Houbo un intre en que o fillo do navegante andou a rentes de chorar. E as súas bágoas dispararíanse como frechas quentes e coraxudas. Pero non chorou. Ergueuse con máis cara de malo aínda, o peito en arco, a manciña pechada, os labres a tremer. Ergueuse así, garboso, o neno e dixo soamente:

- ¡Nova York é noso!

Dieste, Rafael, Dos arquivos do trasno, Galaxia, Vigo, 2005

Actividades propostas

S3.            Texto Nova York é noso. Lea con rapidez, comparándoos, o fragmento A e o fragmento B e subliñe no B todas as palabras e expresións que cambian.

Fragmento A

O neno tiña algo que lles dicir aos outros nenos que andaban a enredar con el na beiramar. Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo. Por veces poñía cara de malo, cheo como estaba aquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Ata lle rabuñou a outro, así nun pronto, a lle brincar na cara os lampos dunha íntima fogueira.

Fragmento B

O neno tiña unha cousa que lles dicir aos outros rapaces que andaban a xogar con el no peirao. Tiña algo que lles dicir, mais non remataba de contalo. Por veces poñía xesto de malo, cheo como estaba daquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Mesmo lle rabuñou a unha nena, así, nun pronto, a lle relucir no rostro os lampos dunha íntima carraxe.

S4.            Lea de corrido as frases seguintes en horizontal facendo “tres saltos” coa mirada, centrando a visión no punto medio de cada tramo.

Tiña algo que

lles dicir, pero

non remataba de dicilo

Seu pai chegara

aquel mesmo día

de Nova York

E as súas bágoas

dispararíanse como frechas

quentes e coraxudas

Non o quixo

emprestar a ninguén

e gardouno no peto

Era un raro

rebuldar o seu,

con súpetos enlevos

Sacou dun peto

un asubío noviño

de forasteira feitura

Ergueuse con máis

cara de malo aínda,

o peito en arco

Quizais por iso,

porque a pregunta non chegaba,

foi polo que rabuñou

Ata lle rabuñou

a outro,

así nun pronto

Houbo un intre en

que o fillo do navegante

andou a rentes de chorar

S4. Os parágrafos seguintes están “mutilados”, faltan neles as frases que se enumeran ao final. Indique, por medio do correspondente número, que frase hai que inserir en cada oco.

Sacou do peto un asubío noviño , e púxose a chifrar cheo de coraxe. Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno outra volta , domeándose moito ao enfonda-la man para demostrar un peto fondo, coma os petos en que se gardan as mellores cousas.  seus ollos bulía unha surrisa dubidosa, ninguén sabe se mala .

 

Seu pai chegara de Nova York aquel mesmo día. Vírao desembarcar . Traxe azul. Viseira A cara forte coma unha proa. Branco e grande o dentamio. E nos ollos, , ningunha fachenda.

S5.            Texto Nova York é noso. Fíxese nas seguintes parellas de palabras. Lea rapidamente e identifique as parellas que difiran entre si.

 

    Difire      

     Neno

     Neno

     Enredar

     Enredos

     Orgullo

     Orgullo

     Alporizado

     Alporizado

     Brincar

     Brindar

     Gato

     Gota

     Cara

     Cara

     Branco

     Branco

     Fogueira

     Figueira

     Fachenda

     Fachada

     Rebuldar

     Rebuldar

     Xogos

     Rogos

     Pai

     Pai

     Emprestar

     Emprestar

     Adrede

     Adrede

     Bágoas

     Bágoas

     Proa

     Broa

     Enredar

     Enredos

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License