2.1 Encontro de novos escritores
Se ten acceso a internet, vexa o vídeo que leva por título: AELG – III Encontro de novos escritores 1/5. O enderezo é o seguinte:
[http://www.youtube.com/watch?v=mExAzJ8t1pE]
Actividades propostas
S1. Vexa o vídeo e preste atención a cada un dos conferenciantes (catro en total): os xestos, os movementos que fan, o ton e o volume de voz que empregan, etc. Responda ás seguintes cuestións:
Cal dos catro conferenciantes lle parece que se desenvolve mellor como comunicador? Por que?
Que discursos, dos catro que hai, lle parecen de máis doada comprensión? Por que?
S2. Se se fixa, só un dos conferenciantes produce un discurso estritamente de tipo oral, onde vemos reflectidas todas as características deste tipo de comunicación. Hai, xa que logo, coherencia na súa comunicación. Diga que conferenciante é e que requisitos cumpre ese discurso que o caracterizan inequivocamente como un exemplo coherente de comunicación oral.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License