2.8.1 Os artigos
O artigo determinadopresenta un nome xa coñecido ou que xa apareceu antes: pon o paraugas no paraugueiro. O artigo indeterminado acompaña a substantivos que nomean algo descoñecido para o falante: unha rapaza de Vigo.
Formas do artigo
|
|
Determinados |
Indeterminados |
||
|
Masculino |
Feminino |
Masculino |
Feminino |
|
|
Singular |
o |
a |
un |
unha |
|
Plural |
os |
as |
uns |
unhas |
Contraccións do artigo determinado coas preposicións
O artigo determinado contrae obrigatoriamente coas preposicións a, en, de, con e por; tamén pode contraer coa conxunción comparativa ca.
|
|
Artigos |
||||
|
o |
a |
os |
as |
||
|
Preposicións |
a |
ao/ó |
á |
aos/ós |
ás |
|
con |
co |
coa |
cos |
coas |
|
|
de |
do |
da |
dos |
das |
|
|
en |
no |
na |
nos |
nas |
|
|
por |
polo |
pola |
polos |
polas |
|
|
Conxunción |
ca |
có |
cá |
cós |
cás |
Contraccións do artigo indeterminado coas preposicións
O artigo indeterminado contrae obrigatoriamente coas preposicións en, de e con.
|
|
Artigos |
||||
|
un |
unha |
uns |
unhas |
||
|
Preposicións |
de |
dun |
dunha |
duns |
dunhas |
|
en |
nun |
nunha |
nuns |
nunhas |
|
|
con |
cun |
cunha |
cuns |
cunhas |
|
Actividades propostas
S15. Subliñe os artigos neste fragmento dun texto de Suso de Toro.
A man dereita leva o cigarro aos beizos vermellos coma o sangue, que fan arder o tabaco, aí estaba co seu chupetiño, tan tranquiliña, mentres que coa esquerda saca as chaves do coche deportivo. Entra e arranca lanzada na procura de miradas de desexo, un mal momento teno calquera, insinuacións, sorrisos, que remontará con elegancia, como unha gacela a cámara lenta choutando por riba dunha árbore caída. Talmente.
S 16. Escriba as frases facendo a contracción das dúas palabras (preposición + artigo) que aparecen entre parénteses:
-
Limpa a cara (con + o) pano (de + as) mans.
-
Quedamos (en + a) cafetería e despois decidimos ir (a + o) cine.
-
Dille (a + o) teu avó que corte o cable (con + as) tenaces.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License