2.8.2 Os determinantes demostrativos
Os demostrativos sinalan a cousa ou persoa denominada polo substantivo e sitúana no espazo e no tempo con relación ao falante: esta mesa (proximidade ao falante); esa mesa (distancia media con relación ao falante); aquela mesa (afastamento con relación ao falante); estes días (próximos, os que están transcorrendo); eses días (máis afastados no tempo); aqueles días (aínda máis afastados do momento presente).
As formas dos determinantes demostrativos son as seguintes:
|
|
Masculino |
Feminino |
Neutro |
|
Singular |
Este, ese, aquel |
Esta, esa, aquela |
Isto, iso, aquilo |
|
Plural |
Estes, eses, aqueles |
Estas, esas, aquelas |
|
Contraccións dos demostrativos coas preposicións en e de e o indefinido outro
|
|
Este |
Ese |
Aquel |
|
De |
Deste, desta, destes, destas |
Dese, desa, deses, desas |
Daquel, daquela, daqueles,daquelas |
|
En |
Neste, nesta, nestes, nestas |
Nese, nesa, neses, nesas |
Naquel, naquela, naqueles, naquelas |
|
Outro |
Estoutro,estoutra, estoutros, estoutras |
Esoutro, esoutra, esoutros, esoutras |
Aqueloutro, aqueloutra, aqueloutros, aqueloutras |
Actividade proposta
S17. Escriba as frases seguintes facendo a contracción das dúas palabras (preposición + determinante demostrativo) que aparecen entre parénteses:
-
Agardarei por ti (en + esta) esquina.
-
Mentres eu traballo (en + isto), ti estuda.
-
Non souben nada (de + aquela) moza.
-
Eu non quero entrar (en + ese) asunto.
-
Gardo as lembranzas (de + eses) días.
-
(de + iso) que dis, eu non creo nin a metade.
-
Non quero que me fales mal (de + esas) rapazas.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License