2.6 Normas ortográficas: acento diacrítico (aspectos teóricos)

Utilízase o acento diacrítico para diferenciar na escrita dúas palabras homógrafas (que se escriben igual pero que teñen distinto significado ou función). Nalgúns casos, esas dúas palabras diferéncianse porque a vogal tónica se pronuncia nun caso como aberta e no outro como pechada: póla/pola; ou porque unha palabra é tónica e a outra átona: dá/da... Algunhas destas palabras son:

á (a + a artigo; substantivo: membro das aves e insectos para voar)

a (artigo; pronome; preposición)
bóla (“esfera”) bola (“peza de pan”)
(ca + a) ca (conxunción)
cás (ca + as)

cas (preposición)

chá (“plana”) cha (che + a)
(ca + o) co (con + o)

cós (ca + os; substantivo: parte superior da camisa do traxe feminino tradicional galego)

cos (con + os)
cómpre (“é mester”) compre (“merque”)
(presente e imperfecto do verbo dar) da (de + a)
dás (presente do verbo dar) das (de + as)
(“compaixón”) do (de + o)
é (presente do verbo ser) e (conxunción)
máis (adverbio de cantidade) mais (conxunción = pero)
présa (apuro, rapidez) presa (encoro; peza de caza, verbo prender)

O verbo con pronome enclítico

Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse como se fosen unha soa palabra. De aí que teñamos: cantaraa/cantáraa, méteseche; meteuse; tómao... As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome: é/éche/éa; dáo/dáme/dálle...

Os adverbios rematados en –mente e as palabras compostas

Os adverbios rematados en –mente non levan acento gráfico en galego: dificilmente, habilmente, utilmente...

Tampouco leva acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas soldadas: Riotorto, vichelocrego...

Outros casos

Non se acentúan as formas do demostrativo para distinguir cando é determinante ou pronome: esta casa, este sitio, gústame esta, colle aquel...

Non se acentúan as interrogativas e exclamativas directas: Cantos anos tes? Como te chamas? Que é iso?, Que desgraza!, Canto tempo sen verte!...

Tampouco as interrogativas e exclamativas indirectas: pregúntalle cando volve, pregúntalle como se chama... Pódese exceptuar cando cumpra para evitar confusións: dille qué queres/dille que queres, xa sabes cánto lle gustou/xa sabes canto lle gustou...

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License