6.1 Solucións das actividades en lingua galega

S1.             

Rubén Ruibal. É o que mellor e máis adecuadamente utiliza os recursos verbais e non verbais pertencentes á comunicación oral. Os outros e outras conferenciantes teñen xestos e movementos inadecuados (os brazos cruzados, non se expresan corporalmente...) e ademais o seu discurso é lido; polo tanto, estas accións son incorrectas dentro dun discurso oral ou presentación coma a que temos no vídeo.

O discurso de máis fácil comprensión é o de Rubén Ruibal pois é o conferenciante que mellor se desenvolve na comunicación oral, como consecuencia da correcta utilización dos recursos que se dan nese tipo de comunicación.

S2.             

O único discurso de tipo estritamente oral é o de Rubén Ruibal, porque emprega os recursos deste tipo de comunicación: non le un texto, senón que mira directamente ao auditorio; emprega unha entoación axeitada, elevando o ton cando quere destacar algo; axúdase con xestos faciais e cos movementos das mans para transmitir maior expresividade; busca a complicidade dos receptores, provocando algunha gargallada con alusións a referencias por eles coñecidas: aos poderes públicos, ao Gaiás.

S3.             

   Fragmento A

O neno tiña algo que lles dicir aos outros nenos que andaban a enredar con el na beiramar. Tiña algo que lles dicir, pero non remataba de dicilo. Por veces poñía cara de malo, cheo como estaba aquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Ata lle rabuñou a outro, así nun pronto, a lle brincar na cara os lampos dunha íntima fogueira.

   Fragmento B

O neno tiña unha cousa que lles dicir aos outros rapaces que andaban a xogar con el no peirao. Tiña algo que lles dicir, mais non remataba de contalo. Por veces poñía xesto de malo, cheo como estaba daquel orgullo que non certaba a deixar ceibe. Mesmo lle rabuñou a unha nena, así, nun pronto, a lle relucir no rostro os lampos dunha íntima carraxe.

S4.             

Sacou do peto un asubío noviño (3), e púxose a chifrar cheo de coraxe. Non o quixo emprestar a ninguén e gardouno outra volta (6), domeándose moito ao enfonda-la man para demostrar un peto fondo, coma os petos en que se gardan as mellores cousas. (1) seus ollos bulía unha surrisa dubidosa, ninguén sabe se mala (7).

Seu pai chegara de Nova York aquel mesmo día. Vírao desembarcar (2). Traxe azul. Viseira (4) A cara forte coma unha proa. Branco e grande o dentamio. E nos ollos, (5), ningunha fachenda.

 

S5.             

Neno

Neno

Orgullo

Orgullo

Brincar

Brindar

Cara

Cara

Fogueira

Figueira

Rebuldar

Rebuldar

Pai

Pai

Adrede

Adrede

Proa

Broa

Enredar

Enredos

Alporizado

Alporizado

Gato

Gota

Branco

Branco

Fachenda

Fachada

Xogos

Rogos

Emprestar

Emprestar

Bágoas

Bágoas

S6.             

Non require solución.

S7.             

Esa noite, Aghata saíu do portal do edificio daquel barrio marxinal envolta no perfume e no clac, clac, dos seus tacóns altos pola beirarrúa, arrimouse ao portal da florería. Lizgaira, elegante, eses dedos de uñas granate que colocan, afiados, a curta melena negra. Esa ollada, triste e chorosa, bordeada de lapis negro e pestanas longas que se mira de esguello no escaparate da boutique, e aí adiante estaba o señor José da froitería arrimado á porta, sempre a facer bromas. Os reflexos da lúa, chea e redonda, na cazadora toureira de raso negro, nas curvas do cu no pantalón de napa negra. Semellaba que ía chover. Sente na gorxa o agarimo do lene pano de seda negra, regalo da súa avoa, que aperta o seu pescozo longo, desexable, e contrasta coa blusa vermella. Mirou para o espello, moito lle gustaba verse reflectida no espello do ascensor..

A man dereita leva o cigarro aos beizos vermellos coma o sangue, que fan arder o tabaco, aí estaba co seu chupetiño, tan tranquiliña, mentres que coa esquerda saca as chaves do coche deportivo. Entra e arranca lanzada na procura de miradas de desexo, un mal momento teno calquera, insinuacións, sorrisos, que remontará con elegancia, como unha gacela a cámara lenta choutando por riba dunha árbore caída. Talmente.

S8.             

lizgaira, cazadora, pescozo, beizos, lanzada, luz, cabeza, cabeza, nariz, desprezo, zoupón.

Negra: 3 veces / Portal: 4 veces / Lúa: 4 veces / Nariz: 1 vez.

 

S9.             

Cumprirá seguir os pasos que se indican na actividade.

S10.         

Texto corrixido: TELO TODO, NON TER NADA

Contouno Borges en forma alegórica no seu célebre relato La biblioteca de Babel. Esa fabulosa biblioteca contiña (dito en palabras de hoxe) toda a información posible, porque calquera posible conxunto de palabras estaba nalgún dos seus inagotables anaqueis. Libros bos e malos, mediocres; falsos e auténticos, medio falsos e medio verdadeiros: todos. Sóalles a algo?

A Web é a nosa biblioteca de Babel. Pero necesitamos utilizala…

Espigar o fío dun dato que necesitamos, averiguar nesta masa de información de moi diversa procedencia cal é a que nos fai falla: comparala con outra, seguila ata donde nos serve, e non máis alá. Localizar unha terceira e unha cuarta. Sacar conclusións parciais; poñelas en corentena. Buscar logo outra fonte diferente, seguir os seus fíos. Volver sobre as ideas postas en reserva e avanzar en conxunto. Repetir o ciclo unha, dez veces: crear documentos provisionaies, difundilos e recibir a realimentación doutros. Ao final –con sorte- comprender, resumir e actuar.

As operacións que acabamos de describir non son extraordinarias: son as habituais e necesarias en múltiples procesos diarios. E non se limitan á simple procura de información: implican algo máis. […]

Diciamos que a maior parte das operacións intelectuais que utilizan a ferramenta da Web non pretenden só “recuperar información”. Intentan construír un coñecemento. Esa é a meta real das persoas, das corporacións e das institucións.

(Millán, José Antonio. La lectura y la sociedad del conocimiento. Federación de Gremios de Editores, 2001. Tradución)

S11.         

Cumprirá crear dous textos nas dúas linguas do ámbito e corrixilos, primeiro, co corrector do OpenOffice e, despois, revisalos manualmente. Para finalizar, débense imprimir.

S12.         

Agora que, curvado por un fardel de anos neboentos, atopei de novo a sortella fronte á casa do triángulo (rúa dos Loureiros 5) e vou ser certamente visitado por Sibila, rememoro a figura esguía daquel inesquecíbel Domingos Areal, avantando do esquenzo. E todo comenzara ao saírmos do cine (viramos Metrópolis) e reunírmonos a cear na do Asesino, nunha fría, xeante noite do ano 1925. Concha estivera tímida ás olladas de Otero Espasandín e ás ledas, intrépidas bulras dos convivas excitados por espellantes Ullas e vastos coñacs sen referencia. Lembro cada circunstancia daquela data que os sucedidos posteriores farían horríbel e presente sempre en min. García-Sabell tiña un exame de mañá e alandillou cara Xelmírez; Maside perdeuse antre a friaxe, ergueito coma un bido; Xesús Bal quixo asistir aos ritos da Quintana e, senlleiro, fixo un adeus e partiu asobiando o “Paxaro de lume”. Ficamos sos. Domingos Areal e quen redacta esta memoria co corazón nas gorxas. Camiñamos sen rumbo decidido, ambos embrullados nos gabáns, os chapeus afundidos, as paipas fumegantes con orgullo: Rúa do Medio, encastelada de podentes chaminés; Bonaval, coma un tránsito á cinsa e á miseria mesta que cada porta ou xanela bafexaban; os agros de Belvís recibindo xeada e silencio carregado de saudades, opaco; os Lagartos, canella tímida se as hai. Algún can latía nos confíns da Compostela maldita mentres voltabamos de cara ao alivio da cidade con armas de pedra e chan lousado, conversando do nazonalismo, do Manoel Antonio, do Huidobro cicabes [...].

Á (dúas veces), ás: til diacrítico.

Esguía, saírmos, fría, farían, Rúa, latía: hiatos acentuados.

Inesquecíbel, horríbel: graves rematadas en –l.

Triángulo, metrópolis, reunírmonos, tímida (dúas veces), tránsito: esdrúxulas.

Espasandín, mañá, Xesús, corazón, gabáns, chaminés, Belvís, Algún, confíns: agudas rematadas en –n, -s, grupo –ns ou vogal.

 

S13.         

Vímolo cando entraba no salón.

Fixémolo rapidamente porque era moi fácil.

O mércores imos plantar unha árbore no xardín.

Andrés foi ao médico e levou o seu automóbil.

César estudou música e agora toca moi ben o violín.

Déitate comodamente no sofá.

Chamáronme por teléfono?

Anxo e eu estivemos pegando fotos no álbum.

Estes son os meus avós. El ten xa oitenta anos.

A gaiola é o cárcere do paxaro.

S14.         

Nós temos que marchar axiña, xa nos avisaron na casa.

me a carteira que está enriba da mesa.

Aínda non é inverno e xa vai moito frío.

A miña irmá vive fóra de Galicia, pero vén todos os anos pasar aquí as vacacións.

Algunhas persoas ven a palla no ollo alleo.

Vós sempre queredes máis, mais eu xa non vos fago caso.

Fixo un no amalló do zapato.

Se vas á praia, vai pola autoestrada; é moito máis cómoda estrada.

Dixéronlle ao rapaz que baixase da pola da cerdeira, que tiñan moita présa.

O meu coche consome máis teu, teño que falar co mecánico.

Merca unha bola de pan e unha lata de olivas sen óso.

S15.         

A man dereita leva o cigarro aos beizos vermellos coma o sangue, que fan arder o tabaco, aí estaba co seu chupetiño, tan tranquiliña, mentres que coa esquerda saca as chaves do coche deportivo. Entra e arranca lanzada na procura de miradas de desexo, un mal momento teno calquera, insinuacións, sorrisos, que remontará con elegancia, como unha gacela a cámara lenta choutando por riba dunha árbore caída. Talmente.

S16.         

Limpa a cara _co_ (con + o) pano _das_ (de + as) mans.

Quedamos _na_ (en + a) cafetería e despois decidimos ir _ao_(a + o) cine.

Dille __ao_ (a + o) teu avó que corte o cable _coas_ (con + as) tenaces.

Iamos camiñando _pola_ (por + a) carballeira, cando apareceu teu irmán _polo_ (por + o) carreiro.

S17.         

Agardarei por ti nesta (en + esta) esquina.

Mentres eu traballo nisto (en + isto), ti estuda.

Non souben nada daquela (de + aquela) moza.

Eu non quero entrar nese (en + ese) asunto.

Gardo as lembranzas deses (de + eses) días.

Diso (de + iso) que dis, eu non creo nin a metade.

Non quero que me fales mal desas (de + esas) rapazas.

S18.         

Nunha cabeceira horizontal na que figuran as seccións do xornal e as fotos dos colaboradores de opinión co seu nome e o título do artigo debaixo. O resto da páxina divídese en dúas columnas.

Aparecen os títulos seguintes: También te puede interesar, que inclúe referencias a noticias interesantes; Fotos de la noticia, coa foto de Agustín Fernández Paz, relacionada coa noticia principal da páxina; Titulares del día, escolma dos principais titulares do día, e Tienda xornal, coa publicidade de artigos de venda dixital.

Para que cando leamos a noticia da columna central ou queiramos ir ás diversas informacións que temos na columna da esquerda do xornal esa publicidade non nos moleste, pois sobre todo, o que lle interesa ao lector é ler comodamente a noticia escrita na columna central. A publicidade é algo secundario.

Porque nela aparece a información máis relevante. Esa información ten que estar ben desenvolvida e matizada para que o lector ou lectora se informe adecuadamente.

En que sección do xornal está. Neste caso, na sección cultural.

A primeira serve para imprimir en soporte papel a noticia que acabamos de ler en soporte dixital. A segunda, lévanos a unha páxina na que podemos enviarlle a un coñecido ou a quen nos interese, mediante e-mail, a referencia da noticia que acabamos de ler no xornal.

É o zoom. Amplía ou diminúe a tipografía da columna central.

S19.         

Un blog, chamado tamén unha bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que compila cronoloxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente. O termo weblog provén das palabras web e log ('log' en inglés = diario). O termo bitácora, en referencia aos antigos cadernos de bitácora dos barcos, utilízase preferentemente cando o autor escribe sobre a súa vida propia como se fose un diario, pero publicado en internet (en liña).

Habitualmente, en cada artigo dun blog, os lectores poden escribir os seus comentarios e o autor darlles resposta, de forma que é posible establecer un diálogo. Non obstante é necesario precisar que esta é unha opción que depende da decisión que tome ao respecto o autor do blog, pois as ferramentas permiten deseñar blogs nos que non todos os internautas –ou mesmo ningún- poidan participar. O uso ou tema de cada blog é particular: hainos de tipo persoal, periodístico, empresarial ou corporativo, tecnolóxico, educativo (edublogs), políticos, etc.

 

S20.         

Texto 2.7. Céntrase na próxima publicación en Xerais da novela do vilalbés Agustín Fernández Paz. A novidade é que se trata dunha novela para adultos nun autor que adoita escribir literatura infantil e xuvenil, aínda que el non é partidario desta clasificación feita polos editores. Inclúe tamén un breve argumento da obra.

Texto 2.8. A noticia refire o recoñecemento do Premio da Crítica Española na modalidade de literatura galega aos autores Marga do Val, polo seu poemario intimista A cidade sen roupa ao sol, e a Víctor Freixanes pola súa novela Cabalo de ouros, na que recompón os tempos das minas de wolfram despois da Guerra do 36.

S21.         

Resposta condicionada ás lecturas realizadas.

S22.         

Resposta condicionada ás lecturas realizadas.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License