4.1 Contidos en lingua galega
Bloque de comunicación escrita: estratexias de lectura. OpenOffice. Uso do dicionario e do corrector ortográfico
Estratexias de lectura. Para realizar con éxito calquera aprendizaxe é indispensable posuír unha boa capacidade lectora. Para ser un bo lector é necesario:
– Ler cun obxectivo, xa que as finalidades da lectura non son sempre as mesmas; en definitiva, ter un proxecto lector.
– Adecuar a velocidade lectora ao tipo de texto que se le e á intención coa que se fai a lectura. Faremos unha lectura rápida se o que precisamos é ter un idea xeral do contido do texto, e unha lectura atenta e intensiva, se pretendemos captar a organización do texto e as ideas principais que transmite.
– Tratar de corrixir os posibles erros de lectura para acadar unha boa velocidade lectora.
– Comprender ben o que se le.
OpenOffice. Uso do dicionario e do corrector ortográfico.
– Descargue e instale o paquete ofimático OpenOffice (no caso de que non o teña xa no seu ordenador), seguindo as indicacións dadas nesta unidade.
– Entre na aplicación OpenOffice e, na pantalla “Crear un novo documento”, seleccione a opción “Documento de texto”.
– Diríxase ao menú “Ferramentas” e pinche na opción “Ortografía e gramática”. Apareceralle un cadro con distintas opcións. Siga as indicacións dadas na unidade e vaia comprobándoas sen medo, para realizar a corrección do texto.
– Cando remate lembre pulsar o botón “Pechar”.
Bloque de coñecemento da lingua: normas ortográficas: o acento diacrítico. Clases de palabras: os determinantes
O acento diacrítico utilízase para diferenciar na escrita dúas palabras homógrafas, é dicir, que se escriben igual pero teñen distinto significado ou función. Nalgúns casos, esas dúas palabras diferéncianse porque a vogal tónica se pronuncia nunha delas como aberta e na outra como pechada: cómpre/compre; ou porque unha palabra é tónica e outra átona: vós/vos.
En galego non levan acento gráfico: os monosílabos, salvo nos casos que leven acento diacrítico; os adverbios rematados en –mente (utilmente); o primeiro termo das palabras compostas soldadas (Riotorto); as formas do pronome demostrativo (esta non me gusta); os interrogativos e exclamativos directos e indirectos (Que queres?;Cóntame que pasou; Que sorpresa!).
Os determinantes son unha clase de palabras que teñen como función presentar o nome limitando ou precisando a súa significación. Sitúanse preferiblemente antes do nome e concordan con el en xénero e número. Distinguimos varios tipos:
– O artigo.Será determinadose presenta un nome xa coñecido: o rapaz, ou indeterminado, se acompaña a substantivos que nomean algo descoñecido para o falante: unharapaza.
– Demostrativos. Indican a posición do substantivo ao que acompañan no espazo e no tempo (proximidade, distancia media e afastamento), con relación ao falante: este, ese, aquel.
– Posesivos.Indican unha relación de propiedade entre o posuidor e a cousa posuída: miña nai, túa curmá.
– Indefinidos.Expresan unha idea inconcreta de cantidade ou identidade: algún rapaz.
– Numerais.Fan referencia á cantidade (cardinais) ou á orde nunha sucesión (ordinais):
dous cans, segundoandar.
Bloque de lingua e sociedade: os medios de información dixital. O xornal
Na actualidade, a importancia de internet fai que os medios impresos de información se vexan relegados polos medios de información dixital. As vantaxes que ofrecen son:
– Permiten unha actualización constante das noticias e sucesos.
– Permiten que o texto da noticia se vexa acompañado de elementos multimedia.
– Permiten o acceso a números anteriores da publicación.
– Ofrecen moita e máis variada información que os medios impresos.
Mais non todo son proles; tamén teñen algunha desvantaxe:
– A amplísima información que achegan produce un efecto colateral que é o exceso dela.
– O soporte dixital, a pantalla do ordenador, non resulta tan cómoda para unha lectura prolongada coma un libro ou un xornal.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License