2.8.3 Os determinantes posesivos

Os posesivos indican unha relación de propiedade entre o substantivo que acompañan e as persoas que interveñen na conversa.

Este é o meufillo. (É fillo de quen fala).

Este é o teufillo. (É fillo do receptor/a da mensaxe).

Este é o seufillo. (É fillo dunha terceira persoa da que se está a falar).

As formas dos determinantes posesivos son as seguintes:

 

 

Persoa

Singular

Plural

Masculino

Feminino

Masculino

Feminino

Singular

meu

miña

meus

miñas

teu

túa

teus

túas

seu

súa

seus

súas

Plural

noso

nosa

nosos

nosas

voso

vosa

vosos

vosas

seu

súa

seus

súas

Con estes determinantes é obrigatorio o uso do artigo, agás nos nomes de parentesco, cos que é opcional: A miña amiga traballa de avogada; A literatura da túa patria é moi interesante. Pero: Meus/Os meus pais sempre viviron nesta cidade.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License