2.8.4 Os determinantes indefinidos

Os indefinidos expresan unha idea inconcreta ou indefinida de cantidade ou de identidade: Había moitas persoas na reunión; No patio aparcaron varios coches; Temos poucos cartos; Algún rapaz petou na porta e fuxiu.

Os indefinidos algún e outro contraen na fala e na escrita coas preposicións de e en: Tes que facelo doutro xeito; Nalgún sitio deixei a miña carteira; Agora o asunto está noutras mans.

Segundo a súa forma, podemos clasificalos como segue:

Invariables

–     Cada, menos, máis, demais, calquera…

Variables

  En xénero

  –     Varios/-as, ambos/-as, entrambos/-as…

  En número

  –     Tal-tales, bastante- bastantes

  En xénero e número

  –     Un, algún, ningún, moito, pouco, abondo, todo, outro, certo, mesmo, tanto, demasiado, propio, e os correspondentes femininos e plurais.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License