6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación
1. Que condición é necesaria para realizar con éxito unha aprendizaxe?
- Posuír unha boa capacidade lectora.
2. Que elementos son necesarios para ser lector ou lectora eficaz?
- Ter un proxecto de lectura, comprender ben o que se le, ler rapidamente e adecuar a velocidade de lectura ao tipo de texto que se le e á intención coa que se fai a lectura.
3. A nosa actitude ante a lectura ten que ser sempre a mesma?
- Non. Algúns textos requiren máis concentración (lectura atenta) e outros permiten unha lectura máis superficial (lectura rápida).
4. Que é a lectura rápida?
- É a que se fai sobre un texto cando o que se pretende é ter unha idea xeral do contido dese texto, fixándose nos datos e detalles máis salientables.
5. Que é a lectura atenta?
- É unha lectura intensiva, tendente a comprender o texto, é dicir, a captar como está organizado ese texto e cales son as ideas principais que se transmiten.
6. Que defectos de lectura debemos suprimir?
- A vocalización, os movementos de cabeza, os movementos de retorno e ir seguindo co dedo ou cun lapis as liñas do texto que se estea a ler.
7. Que permiten os medios de información dixital?
- Unha actualización constante das noticias e os sucesos que se producen ao longo das horas e dos días.
8. Permiten os medios de información dixital que ao texto se lle acheguen elementos multimedia?
- Si.
9. Que efecto colateral produce a inmensa cantidade de información dispoñible nos medios dixitais?
- Un exceso de información.
10. Que pode facer na opción Idioma do dicionario do corrector ortográfico de OpenOffice?
- Pór o idioma en que está o texto que se vaia corrixir.
11. Que pode facer na opción Engadir do corrector ortográfico de OpenOffice?
- Engadir ao dicionario de galego do OpenOffice a palabra sinalada en vermello, no caso de que a palabra sexa correcta.
12. Indique cal das seguintes afirmacións é a correcta.
- Na lingua galega non levan acento gráfico as palabras rematadas en –mente, as formas do demostrativo, os exclamativos e interrogativos directos e indirectos, nin os monosílabos, a excepción dos que precisan acento diacrítico.
13. Sinale cal é a serie de palabras acentuadas correctamente na súa totalidade.
- Dás (presente do verbo dar), cómpre (é mester), cha (che + a), dó (compaixón).
14. Indique cal das seguintes oracións está correctamente acentuada en lingua galega.
- Nós non sabiamos que iades facer vós.
15. Elixa a opción correcta, canto á forma e á clasificación dos seguintes determinantes en lingua galega.
- Estes (demostrativo), calquera (indefinido), os (artigo determinado), meus (posesivo).
16. Sinale a afirmación verdadeira.
- O artigo indeterminado contrae obrigatoriamente coas preposicións en, de e con, e o determinante demostrativo contrae coas preposicións de, en e co indefinido outro.
17. Sinale a serie de palabras ou frases acentuadas correctamente en lingua castelá.
- Decimoséptimo; dime qué esperas; hábilmente; ¡qué problema!
18. Indique cal é a oración que está correctamente acentuada en lingua castelá.
- No sé por qué se sirvió más té. Difícilmente lo tomará.
19. Escolla a opción que clasifique correcta e ordenadamente, de esquerda a dereita, os determinantes que aparecen na seguinte oración en castelán: Algunos de mis amigos vinieron esta mañana a la manifestación muy cansados del viaje.
- Indefinido, posesivo, demostrativo, artículo determinado, artículo determinado.
20. Sinale cal das afirmacións é correcta.
- Os determinantes demostrativos indican proximidade, distancia media ou distancia con relación ao falante.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License