Introdución á IA. Respóndelle a UX1A

Descrición: Vídeo interactivo, baseado na entrevista coral ás expertas en IA Verónica Bolón, Sara Guerreiro e Minia Manteiga, no que o alumnado irá afianzando os seus coñecementos sobre cuestións esenciais sobre a Intelixencia Artificial a través de sinxelas preguntas ao final de cada bloque temático.
Este contido complementa ao de "As entrevistas de UX1A", que incorpora o vídeo lineal (sen preguntas) das expertas con todos os controis habilitados (avance, retroceso, pause, subtítulos etc.) e os vídeos individuais de cada unha delas.
Tipo de recursos:
- Entrevista en vídeo.
Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente, dependendo dos coñecementos previos do alumnado e da profundidade coa que se queira traballar. O vídeo ten unha duración total de 08:57 min, pero dependendo do tempo no que o alumnado responda a todas as preguntas pode ser maior.
Aclaracións:
- As expertas interveñen en galego ou castelán segundo a súa elección. O vídeo presenta subtítulos en galego.
Outras características:
- Vídeo interactivo con seinxelas preguntas ao final de cada bloque de coñecemento que permite o avance no contido ao responder correctamente ás cuestións e retroceder ao bloque temático anterior ao contestar de forma errónea.
- Liña temporal que permite coñecer o punto do vídeo actual, así como comprobar as partes xa visualizadas e as preguntas contestadas.
- Entrevistas a mulleres galegas expertas en IA que ofrecen unha experiencia audiovisual próxima ao alumnado, apelando á súa realidade cotiá.
- Explicacións sinxelas, dinámicas e vinculadas á actualidade.
- Vídeo con subtítulos en galego.
Contidos relacionados:
- Introdución á IA. Intelixencia Artificial: guía do profesorado (gal/es)
- Introdución á IA. Liña do tempo (gal/es)
- Introdución á IA. As entrevistas de UX1A