Introdución á IA. Respóndelle a UX1A

Visto: 365 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)

2024-01-25

Ilustrativo. Respóndele a UX1A

Descrición: Vídeo interactivo, baseado na entrevista coral ás expertas en IA Verónica Bolón, Sara Guerreiro e Minia Manteiga, no que o alumnado irá afianzando os seus coñecementos sobre cuestións esenciais sobre a Intelixencia Artificial a través de sinxelas preguntas ao final de cada bloque temático.

Este contido complementa ao de "As entrevistas de UX1A", que incorpora o vídeo lineal (sen preguntas) das expertas con todos os controis habilitados (avance, retroceso, pause, subtítulos etc.) e os vídeos individuais de cada unha delas.

Tipo de recursos:

  • Entrevista en vídeo.

Número de sesións estimadas: Segundo criterio docente, dependendo dos coñecementos previos do alumnado e da profundidade coa que se queira traballar. O vídeo ten unha duración total de 08:57 min, pero dependendo do tempo no que o alumnado responda a todas as preguntas pode ser maior.

Aclaracións:

  • As expertas interveñen en galego ou castelán segundo a súa elección. O vídeo presenta subtítulos en galego.

Outras características:

  • Vídeo interactivo con seinxelas preguntas ao final de cada bloque de coñecemento que permite o avance no contido ao responder correctamente ás cuestións e retroceder ao bloque temático anterior ao contestar de forma errónea.
  • Liña temporal que permite coñecer o punto do vídeo actual, así como comprobar as partes xa visualizadas e as preguntas contestadas.
  • Entrevistas a mulleres galegas expertas en IA que ofrecen unha experiencia audiovisual próxima ao alumnado, apelando á súa realidade cotiá.
  • Explicacións sinxelas, dinámicas e vinculadas á actualidade.
  • Vídeo con subtítulos en galego.

Contidos relacionados:

Introdución á IA. Respóndelle a UX1A

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)
2024-01-25
imaxe

Recursos relacionados
Categoría personalizada
Dirixido a alumnado de Educación Primaria (5º e 6º) e Educación Secundaria Obrigatoria (1º a 4º ESO) para adquirir e afondar nos conceptos básicos de intelixencia artificial.