ruArte

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten por obxectivo aplicar as técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en dúas e tres dimensións para realizar melloras nas zonas deterioradas da contorna.

EmbalArte

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida pretende que o alumnado aplique os coñecementos de xeometría plana para decidir a forma e o deseño da embalaxe dun obxecto ou produto local, tendo en conta as necesidades de comunicación, uso, protección e transporte dese produto, e sempre dende unha perspectiva de respecto ao medio ambiente.

O cómic para expresArte

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten por obxectivo coñecer as diferentes tipoloxías e funcións da linguaxe visual, empregando o cómic e a fotografía para elaborar un libro dixital baseado en contos e lendas da tradición oral galega, axudando así a que esta non se perda co tempo. 

XeaMat

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

ReMates y ReTales

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe toma como fío condutor o ODS 12 (Produción e consumo responsable) aplicado ao ámbito da moda sostible. O alumnado investiga a cadea de produción téxtil, analiza datos de impacto ambiental e aplica conceptos de proporcionalidade, porcentaxes e semellanza para resolver problemas relacionados coa industria da moda.

El tiempo en tu mochila

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida pretende que o alumnado integre nos seus coñecementos unha parte dos bloques dos sentidos estocástico e socioafectivo do currículo de 2º de ESO mediante a posta en valor do Camiño de Santiago e da estatística, analizando datos de estacións meteorolóxicas de distintos tramos obtidos da web de MeteoGalicia.