EmbalArte
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe do REA ten por obxectivo que o alumnado traballe de forma colaborativa para decidir a forma e o deseño da embalaxe dun obxecto ou produto local, tendo en conta as necesidades de comunicación, uso, protección e transporte dese produto, sempre dende unha perspectiva de respecto ao medio ambiente. Investigarán e estudarán o obxecto, planificarán o deseño da embalaxe, tendo en conta a escala, forma, materiais e, finalmente, farán unha avaliación e reflexión.