ReMates y ReTales
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe toma como fío condutor o ODS 12 (Produción e consumo responsable) aplicado ao ámbito da moda sostible. O alumnado investiga a cadea de produción téxtil, analiza datos de impacto ambiental e aplica conceptos de proporcionalidade, porcentaxes e semellanza para resolver problemas relacionados coa industria da moda.
O reto consiste en deseñar e detallar a elaboración dunha bolsa de tea mediante a súa orde de fabricación, fabricar a bolsa física e a súa etiqueta con información relevante. Cada equipo deberá elaborar un informe técnico que inclúa: cálculos de materiais necesarios (proporcións, porcentaxes de desperdicio), representación gráfica do deseño a escala, e etiqueta informativa con datos de impacto ambiental e de orixe dos materiais.