📱 1-1-2
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe presenta a necesidade de recoller nun documento estratexias de actuación ante unha emerxencia. As alumnas e os alumnos investigan os tipos de emerxencias, os protocolos de actuación e os datos numéricos asociados a estas situacións (custos de intervención, tempos de resposta, recursos mobilizados). Mediante a análise de casos reais e a resolución de problemas contextualizados, o alumnado desenvolve estratexias de cálculo, interpretación de datos e traballo en equipo, conectando a aprendizaxe matemática coa cidadanÃa responsable e a seguridade colectiva.
O reto consiste en deseñar un anexo ao "Plan de Autoprotección" do centro educativo, especÃfico para actividades extraescolares. Cada equipo deberá elaborar un documento que inclúa: medidas de prevención ante situacións de perigo, un caso de estudo de emerxencia fóra do centro, e o cálculo estimado do custo dunha intervención dos medios de emerxencia (bombeiros, ambulancias, protección civil).