Unha luminosa Idade Media

Visto: 0 veces
2025-08-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe está contextualizada na parte histórica dedicada á Idade Media e o feudalismo en Europa, así como as manifestacións artísticas dos estilos románico, gótico e hispano-musulmán.

O recurso propón ao alumnado o reto de investigar e divulgar o patrimonio histórico-artístico máis próximo, centrándose, se é posible, nos monumentos medievais da contorna.

A crise da Baixa Idade Media: cando algo se pode torcer... tórcese

Visto: 0 veces
2025-08-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida permitirá ao alumnado, a través da investigación histórica, coñecer como se manifestou a crise do século XIV e cales foron os seus impactos sobre a poboación europea (tanto a nivel demográfico como a nivel político, social e cultural). Tamén como os cambios producidos contribuíron a sentar as bases da Idade Moderna e como afectaron estes procesos a Galicia.

Unha historia paralela: os pobos precolombianos e a Monarquía Hispánica

Visto: 0 veces
2025-08-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Ao longo da situación de aprendizaxe, o alumnado aprenderá a analizar a sociedade, a economía, a organización social e a cultura dos pobos precolombinos e da Monarquía Hispánica. Ademais, coñecerán o proceso de colonización de Hispanoamérica, permitíndolles entender a configuración actual do continente suramericano e de España.

Combatendo trolas: os avances do ser humano

Visto: 0 veces
2025-08-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida permitirá ao alumnado coñecer todos os cambios políticos, económicos, sociais, científicos e artísticos que se produciron a partir do Humanismo.

Un mundo cheo pero desigualmente repartido

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe está deseñada para o estudo da xeografía da poboación, da xeografía urbana e para recoñecer as diferenzas que existen en diferentes zonas do planeta. No seu desenvolvemento, o alumnado poderá comprender como a cooperación pode contribuír á redución desas diferenzas.