| Título |
Club a golpe de tecla |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe desenvolvida xira arredor das actividades que se realizan nos recreos dos centros educativos, as cales adoitar ter asociados unha serie de documentos como son a folla de inscrición ou o horario. No reto propónselle ao alumnado crear un club que promova novas opcións de ocio no seu centro educativo. Ese club precisará dunha documentación que o describa e organice e que será elaborada polos estudantes empregando o procesador de textos. No proceso de elaboración, o alumnado interiorizará a necesidade de manter a información dixital ordenada e ben xestionada, adquirirá o hábito de asignar nomes adecuados aos ficheiros e afondará no manexo das múltiples ferramentas de maquetaxe que LibreOffice Writer ofrece. |
| Persoas elaboradoras |
Cristóbal Álvarez Cervino |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Club a golpe de tecla"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
