Adeus, aburrimento!
No medio da mañá chega ese momento tan desexado: soa o timbre e saes correndo ao recreo pero seguro que moitas veces pensaches: “Sempre o mesmo! A mesma xente, as mesmas conversas e os mesmos xogos… Como me gustaría formar un novo equipo e facer cousas diferentes!”. Todos e todas temos inquedanzas e habilidades moi diferentes, incluso algunhas que nin sequera coñecemos aínda, e quizais nunca te paraches a pensar no valor que tería compartir toda esta sabedoría e talento que tes co resto. Porque non todo o que aprendedes vén dos libros e das clases, tamén se pode aprender entre nós no tempo libre.
Os recreos poderían encherse de vida no teu centro grazas a ti e ao resto do alumnado de Educación Dixital. Soa ben, a que si? Pois é o momento de pensar como, de deixar atrás o aburrimento e darlle vida ao recreo, creando novos equipos, novas propostas e novas maneiras de aprender e de compartir para que fagan do recreo un espazo cheo de ilusión, creatividade e convivencia.
Lectura facilitada
O recreo é un dos momentos máis esperado da mañá.
Seguro que moitas veces pensas que o que fas no recreo é aburrido.
Pensa como podes facer o recreo máis divertido.
Poderías xuntarte con estudantes que teñan gustos parecidos aos teus.
Poderiades formar un grupo no que cada quen achegue as súas habilidades e coñecementos.
É tempo de deixar atrás o aburrimento para darlle vida ao recreo!