Saltar navegación

3.5. Táboas

 

Glosario

Cela

Táboa de datos onde se sinala en cor azul e cunha frecha unha cela

Definición:

Recadro que resulta da intersección dunha fila e dunha columna nunha táboa, no que se introduce información como texto, números ou símbolos.

Exemplo:

Cada materia do horario escríbese nunha cela diferente da táboa.

Columna

Táboa na que se destaca en cor azul e cunha frecha a columna central

Definición:

Conxunto de celas agrupadas verticalmente nunha táboa de datos.

Exemplo:

Na primeira columna da táboa co horario de clase indícanse os intervalos horarios.

Cronograma

Representación dunha táboa cun cronograma onde se sitúan as actividades na primeira columna e a temporalización na primeira fila

Definición:

Representación ordenada no tempo de actividades, tarefas ou eventos onde se indica cando se realizan e a súa duración.

Exemplo:

O cronograma do club representa as actividades a desenvolver cada semana ao longo do trimestre.

Fila

Táboa onde se destaca en azul e se sinala cunha frecha a fila central de celas

Definición:

Conxunto de celas agrupadas horizontalmente nunha táboa de datos.

Exemplo:

Na primeira fila da táboa co horario de clase indícanse os días da semana.

Táboas

Cando a información comeza a aumentar, poñela en táboas pode ser unha boa solución. A continuación, vas aprender a crealas e a darlles formato para ter todos os datos do teu club organizados dun xeito práctico.

Táboas

Pictograma ARASAAC para representar que é, cunha persoa coas mans abertas e un interrogante na cabeza Que é unha táboa e para que serve

Unha táboa é unha estrutura rectangular formada por unha grade de filas e columnas, cuxas interseccións se denominan celas. As táboas permiten presentar a información de xeito eficiente, conciso e organizado, quedando limitada por unha cuadrícula.

Columna B
Cela
Fila 2

As táboas conteñen habitualmente nas súas celas números e texto, pero tamén poden conter outros elementos como, por exemplo, imaxes.

Entre os usos máis comúns das táboas atópanse a creación de:

  • Listas: listas de nomes, teléfonos, direccións...
  • Catálogos con materiais, características, fotografías e prezos de produtos.
  • Cronogramas.
  • Cadros comparativos.
  • Horarios e cadros de planificación.

Pictograma ARASAAC para representar traballar no ordenador onde se visualiza un ordenador de sobremesa e unhas mans tecleando Como inserir e formatar táboas

O traballo con táboas no Writer baséase en tres accións fundamentais: inserilas, modificalas e darlles formato. A continuación, contas coa explicación para levar a cabo cada unha delas.

a) Inserir táboas

Podes inserir táboas desde dous puntos diferentes do Writer: desde o menú Táboas ou desde a icona da barra de ferramentas.

b) Modificar as táboas

Pódese acceder ás opcións de modificación dende o menú Táboa ou seleccionando a táboa (ou parte dela) e premendo no botón dereito do rato para abrir o menú contextual. Cóntase cos seguintes menús:

Pictograma clic de ARASAAC, cun rato onde de indica cunha frecha que se pulse sobre o botón dereitoPreme e coñece cada opción:

Icona inserir táboa na barra de ferramentas de Writer. Ten forma de grella cun signo + na marxe inferior dereita Inserir

Icona eliminar do menú táboas en Writer. Ten forma de reixa cunha aspa na marxe inferior dereita. Eliminar

▸ Icona seleccionar do menú táboas en Writer. Ten forma de reixa  Seleccionar

▸ Icona tamaño do menú táboas en Writer. Ten unha fila con dúas frechas no centro, unha delas apunta cara arriba e outra cara abaixo.  Tamaño

Icona combinar celas do menú táboas en Writer. Ten forma de reixa na que varias celas aparecen combinadas formando unha cela de maior tamaño.  Combinar celas

Icona dividir celas do menú táboas en Writer  Dividir celas

    c) Dar formato ás táboas

    Unha vez creada a táboa, podes darlle o formato que precises. Existen varias opcións para facelo: dende Táboa → Icona do menú propiedades de táboa. Ten forma de reixa con tres puntiños vermellos na parte inferior Propiedades, dende a barra de ferramentas ou a través do menú contextual → Icona do menú propiedades de táboa. Ten forma de reixa con tres puntiños vermellos na parte inferior Propiedades de táboa, ao seleccionar a táboa ou algunha cela e facer clic co botón dereito do rato enriba.


    Pictograma clic de ARASAAC, cun rato onde de indica cunha frecha que se pulse sobre o botón dereitoPreme e coñece cada opción:

    Táboa

    Fluxo de texto

    Columnas

    Bordo

    Fondo

    Pictograma ARASAAC onde unha persoa lle está facendo a outra unha recomendación Recomendacións

    • Planifica a táboa considerando a información que debes incluír antes de realizala, para asegurar unha distribución clara.
    • Intenta que as táboas se sitúen nunha única páxina, sempre que a súa extensión o permita.
    • Usa cabeceiras e activa a repetición en cada páxina no caso de táboas longas.
    • Emprega cores de bordos e fondos suaves, que permitan un bo contraste para a súa lectura.
    • Evita saturar con cores diferentes a táboa.
    • Emprega un patrón de aliñamento común a toda a táboa.
    • Usa o autoformato para manter un patrón visual en todas as táboas do documento.

    Pictograma ARASAAC dun documento de texto Exemplo

    A continuación, contas cun exemplo de táboa que poderías empregar no deseño da documentación do club:

    Calendario mensual de actividades
    Data Actividade Lugar Responsable
    10 de febreiro de 2026 Obradoiro de plantación de árbores Xardín do centro Club EcoGAL
    17 de febreiro de 2026 Obradoiro reciclaxe Taller de Tecnoloxía Club EcoGAL
    24 de febreiro de 2026 Lecturas medioambientais Biblioteca Club EcoGAL

    Lectura facilitada

    As táboas fan máis fácil organizar a información.

    Agora vas aprender a crear táboas. 

    Vas aprender a darlle formato ás táboas.

    As táboas permiten ter a información do teu club organizada.

    Táboas

    Pictograma ARASAAC para representar que é, cunha persoa coas mans abertas e un interrogante na cabeza Que é unha táboa e para que serve

    Unha táboa é unha estrutura rectangular.

    A táboa está formada por unha grade de filas e columnas.

    Os cruces das filas e columnas chámanse celas.

    As táboas permiten presentar a información de xeito:

    • Eficiente.
    • Conciso.
    • Organizada nunha cuadrícula.
    Columna B
    Cela
    Fila 2

    As táboas conteñen nas súas celas números e texto.

    As táboas tamén poden conter imaxes.

    As táboas úsanse para:

    • Listas:
      • Listas de nomes
      • Teléfonos
      • Enderezos
      • Doutros elementos.
    • Catálogos con: 
      • Materiais
      • Características
      • fotografías
      • prezos de produtos.
    • Cronogramas.
    • Cadros comparativos.
    • Horarios.
    • Cadros de planificación.

    Pictograma ARASAAC para representar traballar no ordenador onde se visualiza un ordenador de sobremesa e uns mans tecleando Como inserir e formatar táboas

    O traballo con táboas no Writer ten tres accións fundamentais:

    • Inserir ás táboas.
    • Cambiar ás táboas. 
    • Darlle formato ás táboas.

    A continuación, tes unha explicación para facer cada unha delas.

    a) Inserir táboas

    As táboas podes inserilas desde dous puntos diferentes do Writer:

    - Menú Táboas.

    - A icona da barra de ferramentas.

    Icona inserir táboa no menú táboa de Writer. Ten forma de reixa Menú táboas → Inserir táboa

    Na barra de menús, preme en Táboas → Inserir táboa.

    Ábrese esta xanela, onde indicar:

    • Número de filas e columnas.
    • Se a táboa conta con título.
    • Que a táboa non se divida en varias páxinas.
    • Se a cabeceira se debe repetir ou non en todas as páxinas.
    • A opción de escoller un formato de táboa predeseñado.

    Menú inserir táboa do LibreOffice Writer. Permite escoller o nome da táboas, o número de filas e columnas e o estilo

    Icona inserir do menú táboas en Writer. Ten forma de grella cun signo + na marxe inferior dereita Icona de táboas

    Preme na barra de ferramentas sobre a icona de inserir táboa:

    Icona co debuxo dunha táboa que permite inserila en LibreOffice Writer

    Na grella que se abre debes marcar o tamaño da táboa.

    Debes usar o rato para marcar o tamaño.
    Por exemplo, para unha táboa de 6 × 5, é dicir, 6 columnas e 5 filas, debes seleccionar o seguinte:

    Grella con cadrados para seleccionar o tamaño dunha táboa a inserir en LibreOffice Writer

    Se queres obter o mesmo menú de opcións que accedendo desde o menú táboa, só debes premer en “máis opcións”.

    b) Modificar as táboas

    Pódese ir ás opcións de modificación dende:

    - O menú Táboa.

    - Seleccionando a táboa ou parte da táboa e premendo no botón dereito do rato para abrir o menú contextual.

    Hai os seguintes menús: 

    Pictograma clic de ARASAAC, cun rato onde de indica cunha frecha que se pulse sobre o botón dereitoPreme e coñece cada opción:

    Icona inserir do menú táboas en Writer. Ten forma de grella cun signo + na marxe inferior dereita Inserir

    Icona eliminar do menú táboas en Writer. Ten forma de grella cunha aspa na marxe inferior dereita Eliminar

    ▸ Icona seleccionar do menú táboas en Writer. Ten forma de grella  Seleccionar

    ▸ Icona tamaño do menú táboas en Writer. Amosa unha fila con dúas frechas na parte central, unha delas apunta cara arriba e a outra cara abaixo  Tamaño

    Icona combinar celas do menú táboas en Writer. Amosa unha grella cunha cela de maior tamaño  Combinar celas

    Icona dividir celas do menú táboas en Writer  Dividir celas

      c) Dar formato ás táboas

      Podes darlle formato ás táboas.

      Hai varias opcións para darlle formato dende: 

      - Táboa → Icona do menú propiedades de táboa. Ten forma de grella con tres puntos vermellos na súa parte inferior Propiedades.

      - Barra de ferramentas.

      - Menú contextual → Icona do menú propiedades de táboa. Ten forma de grella con tres puntos vermellos na súa parte inferior Propiedades de táboa.


      Pictograma clic de ARASAAC, cun rato onde de indica cunha frecha que se pulse sobre o botón dereitoPreme e coñece cada opción:

      Táboa

      Fluxo de texto

      Columnas

      Bordo

      Fondo

      Pictograma ARASAAC onde unha persoa lle está facendo a outra unha recomendación Recomendacións

      • Planifica a táboa.
      • Valora a información que vas incluír na táboa antes de facela. 
      • Busca unha distribución clara da táboa.
      • Intenta que as táboas estean nunha soa páxina. 
      • Usa cabeceiras e activa a repetición en cada páxina no caso de táboas longas.
      • Usa cores de bordos e fondos suaves.
      • As cores deben ter un bo contraste para unha lectura fácil. 
      • Evita saturar con cores diferentes a táboa.
      • Usa un patrón de aliñamento común a toda a táboa.
      • Usa o autoformato para manter un patrón visual en todas as táboas do documento

      Pictograma ARASAAC dun documento de texto Exemplo

      Aquí tes un exemplo de táboa que podes usar na documentación do club:

      Calendario mensual de actividades
      Data Actividade Lugar Responsable
      10 de febreiro de 2026 Obradoiro de plantación de árbores Xardín do centro Club EcoGAL
      17 de febreiro de 2026 Obradoiro reciclaxe Taller de Tecnoloxía Club EcoGAL
      24 de febreiro de 2026 Lecturas medioambientais Biblioteca Club EcoGAL

      A teclear!

      Duración: 15 minutos Agrupamento: Individual

      Nos inicios de calquera actividade é fundamental unha boa organización e gañar en efectividade. Iso de ir polo corredor do teu centro e que alguén che diga "quero formar parte do voso club" está moi ben, pero pode ser un tanto caótico se non contamos cun sistema de rexistro.

      Para evitalo, nesta actividade debes crear unha táboa sinxela, que poida servir de punto de partida para elaborar a folla de inscricións do club que crees co teu equipo. Lembra que debe ser un documento práctico, claro e atractivo á hora de manexalo. 

      Para a súa elaboración, abre LibreOffice Writer e leva a cabo os seguintes pasos na orde indicada: 

      1. Crear 

      En primeiro lugar, crea unha táboa como a seguinte: 

      Nome Apelidos Curso e grupo Contacto Autorizo uso da miña imaxe (SI/NON) Actividade
      1
      2
      3

      Nota: Todas as páxinas deben contar coa fila de cabeceira, para un manexo máis cómodo da listaxe.

      Para a creación da táboa debes: 

      • Analizar ben a estrutura a crear e pensar con cantas filas e columnas che interesa que conte. 
      • Crear a táboa ben desde o menú Táboa → Inserir táboa ou ben desde a icona de táboa.
      • Definir as cabeceiras de cada columna. 

      2. Modificar

      Coa táboa xa creada, realiza as seguintes modificacións sobre ela: 

      • Axusta o ancho das columnas ao seu contido. 
      • Engade unha fila na parte superior, onde debes combinar todas as celas que a constitúen e poñer como título "Folla de inscricións", en letra grosa e centrado.
      • Na columna de actividade, divide verticalmente a cela que hai para cada participante en dúas, de xeito que cada persoa poida sinalar dúas actividades nas que estea interesada, no caso de o club ofertar varias. 

      3. Dar formato

      Aplica os seguintes formatos a túa táboa:

      • Un formato prediseñado de xeito que as filas aparezan en cores alternas para que sexan fácil de diferenciar os datos de cada persoa. 
      • Un bordo de táboa exterior máis groso que as liñas interiores dunha cor que ti elixas, diferente de negro. 
      • Nas liñas interiores da táboa debes elixir que sexan visibles só as que dividen as filas, cunha cor igual á dos bordos exteriores. 
      • Debe estar aliñada centrada horizontalmente na páxina.

      Lectura facilitada

      Duración: 15 minutos Agrupamento: Individual

      A organización é moi importante ao principio de calquera actividade.

      A organización permite gañar efectividade.

      Ir polo teu centro e que alguén che diga:

      "quero formar parte do voso club"

      Está moi ben, pero pode ser caótico.

      Temos que ter un sistema de rexistro.

      Nesta actividade, debes:

      • Crear unha táboa sinxela para organizar o club.
      • Esta táboa debe servir de punto de partida para facer a folla de inscricións do club. 
      • Debe ser un documento:
        • práctico
        • claro
        • atractivo.

      Para facer a táboa:

      1. Abre LibreOffice Writer.
      2. Sigue estes pasos por orde: 

      1. Crear 

      En primeiro lugar, crea unha táboa coma esta: 

      Nome Apelidos Curso e grupo Contacto Autorizo uso da miña imaxe (SI/NON) Actividade
      1
      2
      3

      Nota: Todas as páxinas deben contar coa fila de cabeceira.

      A fila de cabeceira fai máis fácil o manexo da listaxe. 

      Para facer a táboa debes: 

      • Analizar ben a estrutura da táboa.
      • Pensar cantas filas e columnas debe ter a táboa.
      • Crear a táboa desde:
        • o menú Táboa → Inserir táboa.
        • a icona de táboa.
      • Poñer nome ás cabeceiras de cada columna. 

      2. Modificar

      Coa táboa feita, cambia: 

      • O ancho das columnas axustado ao seu contido. 
      • Engade unha fila na parte superior.
        • Debes combinar todas as celas que a constitúen.
        • Poñer o título "Folla de inscricións".
        • O título debe estar en letra grosa e centrado.
      • Na columna de actividade debes:
        • Dividir en vertical a cela que hai para cada participante en dúas.
        • Facer que cada persoa poda poñer dúas actividades que lle interesen.

      3. Dar formato

      Pon estes formatos a túa táboa:

      • Un formato prediseñado de xeito que:
        • Todas as filas aparezan en cores alternas para que sexan fácil de ver os datos de cada persoa. 
      • Un bordo de táboa exterior máis groso que as liñas interiores.
        • O bordo debe ser dunha cor que ti elixas.
        • Esta cor de bordos debe ser diferente de negro. 
      • As liñas interiores da táboa deben ser:
        • Visibles só as que dividen as filas.
        • Ter unha cor igual á dos bordos exteriores. 
      • Debe estar aliñada centrada de xeito horizontal na páxina.

      Como gardar o arquivo?

      Se a persoa docente non che dá outras instrucións, garda o arquivo coa seguinte nomenclatura: 3_5_taboas_XXX_v1.odt, substituíndo os caracteres XXX polas iniciais do teu nome e apelidos, no cartafol "Documentos de prácticas".

      Lectura facilitada

      Se ninguén che indica nada diferente:

      1. Garda o arquivo con este nome: 
        • 3_5_taboas_XXX_v1.odt
      2. Cambia o XXX polas iniciais do teu nome e apelidos.
      3. Gárdao no cartafol:
        • "Documentos de prácticas".

      Subirías un chanzo máis no Writer?

      Afondamento

      Imaxinas que, por algún descoido, alguén eliminase datos da táboa que fixeches anteriormente ou os cambiase de lugar? Podería dar lugar a confusións importantes. Para evitalo, Writer conta cunha ferramenta chamada celas protexidas. 

      Celas protexidas

      As celas protexidas permiten bloquear o seu contido para que non se poida modificar, excepto que antes se desactive a protección. Isto permite bloquear a modificación de datos importantes e deixar só as celas que che interesen dispoñibles para modificar.

      Trátase dunha función moi útil en documentos compartidos, coma no caso da documentación do teu club.

      Como protexer celas nunha táboa?

      1. Crea ou selecciona a táboa no teu documento de LibreOffice Writer.
      2. Selecciona a cela ou celas que queres protexer, tendo en conta que poden ser varias á vez. 
      3. Accede ao menú Táboa → Protexer celas. Esas celas quedarán bloqueadas, e se intentas escribir nelas aparecerá unha mensaxe indicando que o contido é de só lectura.
      4. Para quitar a protección, selecciona de novo esas celas e escolle Táboa → Desprotexer celas.
      Menú celas protexidas

      Menú táboa de Writer onde se pode atopar a opción de protexer celas

      ✎ Aplícao no teu documento

      Agora tócache poñelo en práctica no documento co que estiveches traballando. Debes bloquear o encabezado da táboa e a numeración das filas.

      Lectura facilitada

      Afondamento

      Imaxina que alguén ten un descoido manexando táboas. 

      Ese descoido pore facer que se eliminen datos da táboa.

      Tamén pode facer que os datos cambien de lugar.

      Writer ten unha ferramenta chamada celas protexidas.

      Celas protexidas evita que se modifiquen datos.

      Celas protexidas

      As celas protexidas permiten bloquear o contido das celas.

      Así as celas non se poden cambiar.

      Só se poden cambiar as celas se antes se desactiva esta opción.

      Isto evita o cambio de datos importantes.

      Isto permite que só se podan cambiar as celas que interesen.

      É unha función moi útil en documentos compartidos.

      Como protexer celas nunha táboa?

      Debes:

      1. Seleccionar a táboa no teu documento de LibreOffice Writer.
      2. Seleccionar as celas que queres protexer,
        • Podes seleccionar varias celas á vez.
      3. Vai ao menú Táboa → Protexer celas. 
        • Esas celas quedan bloqueadas.
        • Se intentas escribir nesas celas, aparece unha mensaxe indicando que o contido é de só lectura.
      4. Para quitar a protección:
        • Selecciona de novo esas celas.
        • Escolle Táboa → Desprotexer celas.
      Menú celas protexidas

      Menú táboa de Writer onde se pode atopar a opción de protexer celas

      ✎ Aplícao no teu documento

      Agora tócache poñelo en práctica!

      No documento co que estiveches traballando, Debes bloquear:

      • O encabezado da táboa.
      • A numeración das filas.

      Como gardar o arquivo?

      Se a persoa docente non che dá outras instrucións, garda o arquivo coa seguinte nomenclatura: 3_5_taboas_af_XXX_v1.odt, substituíndo os caracteres XXX polas iniciais do teu nome e apelidos, no cartafol "Documentos de prácticas".

      Lectura facilitada

      Se ninguén che indica nada diferente:

      1. Garda o arquivo con este nome: 
        • 3_5_taboas_af_XXX_v1.odt
      2. Cambia o XXX polas iniciais do teu nome e apelidos.
      3. Gárdao no cartafol:
        • "Documentos de prácticas".

      Feito con eXeLearning (Nova xanela)