A continuación, tes tres opcións de actividades individuais para repasar e consolidar o que aprendiches sobre o procesador de textos. Escolle a opción que máis che apeteza e ponte a proba.
Cando remates, pasarás a traballar en pequeno grupo nunha actividade lúdica sobre LibreOffice Writer.
Acadaches o nivel experto no procesador de textos? Compróbao!
Opción A: que ferramenta de Writer é?
Proba o teu coñecemento de LibreOffice Writer cun pequeno xogo de identificación de opcións. Verás diferentes iconas e terás que recoñecer para que serve cada unha delas.
A continuación tes un vídeo no que unha persoa está a escribir e maquetar un texto en LibreOffice Writer. Presta atención ao que fai e responde ás preguntas que vaian aparecendo.
Xogaches algunha vez a “Simón di”? Se non é así, non te preocupes, ides facer unha versión especial para practicar con LibreOffice Writer.
Neste xogo por grupos, un dos compoñentes será “Simón” e dará ordes para facer un documento co programa.
Lembra: só debes facer o que Simón diga se a frase comeza con “Simón di”. Se a frase non comeza con esas palabras, non fagas nada. É moi sinxelo!
O obxectivo é seguir correctamente as instrucións e aprender a usar Writer mentres xogades. Ao rematar o xogo debedes mostrarllo ao voso compañeiro ou compañeira que fai de Simón para comprobar que está correcto.
Pasos que imos seguir
Quen é Simón
En cada grupo unha persoa será "Simón" e propoñerá as accións que deben facer en LibreOffice Writer as outras persoas do grupo.
Como se xoga?
Simón dará ordes relacionadas con LibreOffice Writer.
As outras persoas só deben seguir a orde ou responder se a frase comeza con: “Simón di:”
Se a frase non comeza con “Simón di”, non deben facer nada.
Simón di...
Simón debe tentar mandar accións que todos os membros do grupo saiban facer.
Exemplos:
“Simón di: escribe o teu nome na primeira liña”.
“Simón di: pon o texto en grosa”.
“Simón di: garda o documento co teu nome”.
Simón pode distraer aos outros membros do grupo.
Exemplos de distracción:
“Muda a cor de fondo do documento.”
“Insire unha imaxe da túa carpeta persoal.”
Quen gaña?
Gañará quen teña máis acertos.
Sumará un punto por cada acción correcta.
Lectura facilitada
Duración: 1/2 sesión Agrupamento: Pequeno grupo
Xogaches algunha vez a “Simón di”? Se non o coñeces, non pasa nada. Imos xogar a unha versión especial para aprender LibreOffice Writer.
É un xogo por grupos. Unha persoa do grupo será Simón. Simón dará ordes para crear un documento en Writer.
Hai unha norma moi importante: Só debes facer a acción se a frase comeza con “Simón di”. Se non comeza así,non fagas nada.
O obxectivo do xogo é:
Seguir ben as instrucións.
Aprender a usar LibreOffice Writer.
Xogar e aprender ao mesmo tempo
Ao rematar, debedes ensinarlle o documento á persoa que fai de Simón para comprobar se está ben feito.
Pasos que imos seguir
Quen é Simón
En cada grupo unha persoa será "Simón" e propoñerá as accións que deben facer en LibreOffice Writer as outras persoas do grupo.
Como se xoga?
Simón dará ordes relacionadas con LibreOffice Writer.
As outras persoas só deben seguir a orde ou responder se a frase comeza con: “Simón di:”
Se a frase non comeza con “Simón di”, non deben facer nada.
Simón di...
Simón debe tentar mandar accións que todos os membros do grupo saiban facer.
Exemplos:
“Simón di: escribe o teu nome na primeira liña”.
“Simón di: pon o texto en grosa”.
“Simón di: garda o documento co teu nome”.
Simón pode distraer aos outros membros do grupo.
Exemplos de distracción:
“Muda a cor de fondo do documento.”
“Insire unha imaxe da túa carpeta persoal.”
Quen gaña?
Gañará quen teña máis acertos.
Sumará un punto por cada acción correcta.
Audio
Momento de reflexión
Rematado o repaso, chegou o momento de reflexionar sobre a ferramenta coa que afrontarás o reto: o procesador de textos. Responde ás seguintes cuestións do bloque 2 do teu diario de aprendizaxe:
Que documentos creaches anteriormente empregando un procesador de textos? Por que decidiches empregar esta ferramenta?
Que documentos elaboras normalmente a man? Por que elixes esta opción en lugar dun procesador de textos?
Que diferenzas atopas entre escribir a man e facelo empregando un procesador de textos?
Que ferramentas dun procesador de textos consideras que dominas e aplicas sen problemas nas túas producións dixitais?
Diario común: comparte as respostas anteriores co teu grupo e, entre todos e todas, sinalade dúas vantaxes e dous inconvenientes de empregar procesador de textos fronte á escritura a man.
Lectura facilitada
Rematado o repaso, é o momento de reflexionar.
Reflexiona sobre a ferramenta que vas usar no reto: o procesador de textos.
Que documentos creaches anteriormente empregando un procesador de textos?
Por que decidiches empregar o procesador de textos para crear eses documentos?
Que documentos elaboras normalmente a man?
Por que elixes facelos a man en lugar dun procesador de textos?