Que ocorre aí fóra?
Seguro que xa chegaches á conclusión de que o recreo pode dar moito máis de si.
Pero antes de poñerte mans á obra, é importante analizar aquelas actividades diferentes e motivadoras que outros xa practican.
Así atoparás a inspiración necesaria para transformar o recreo e dar comezo ao novo proxecto.
Lectura facilitada
Decatácheste de que o recreo pode dar moito máis de si.
Mira estes exemplos de actividades que se fan no tempo libre noutros centros:
Club de produción musical
Neste vídeo unhas rapazas tomaron a iniciativa de crear un vídeo musical cos sons que escoitan a diario.
Club de xogos populares
No IES Salvaterra de Miño adican o tempo de lecer a recuperar xogos tradicionais como o da chave.
