Saltar navegación

5. Dando a coñecer o club

Writer conquistou o recreo

Cando comezaches este reto, o recreo era un tempo cheo de posibilidades, pero ao que, polo momento, non se lle estaba sacando todo o proveito que ofrecía. Algo moi semellante ao que seguramente che aconteceu a primeira vez que abriches LibreOffice Writer: unha ferramenta chea de opcións, pero á que aínda non sabías sacar todo o seu potencial.

Ao longo desta misión aprendiches a empregar Writer para estruturar e ordenar a información, creando un documento claro, ao tempo que mellorabas a organización dos recreos. Cada formato aplicado e cada icona clicada foi un paso máis na conquista do recreo do teu centro.

A continuación, tes a infografía final, un mapa que recolle o paso a paso do voso traballo para darlle vida aos recreos do voso centro educativo. Explóraa con atención e analiza cada paso e cada aprendizaxe acadada.

Infografía resumo do REA

Lectura facilitada

Ao comezo do reto, o recreo era un tempo cheo de posibilidades.

Pero daquela non se estaba aproveitando ben.

Algo como o que che pasou cando abriches LibreOffice Writer por primeira vez.

O LibreOffice Writer é unha ferramenta chea de opcións.

Pero seguro que non sabías aproveitar todas as súas funcións.

Ao longo desta misión aprendiches a empregar Writer para:

  • Estruturar a información.
  • Ordenar a información.
  • Crear documentos claros.

E ao mesmo tempo melloraches a organización dos recreos.

Cada clic foi un paso máis na conquista do voso recreo.

A continuación, tes a infografía final.

Esta infografía recolle o paso a paso do voso traballo.

Míraa con atención.

Analiza cada paso e cada aprendizaxe feita.

Infografía resumo do REA

Conclusións

O REA "A golpe de tecla" resúmese nas seguintes fases: 

  • Non é tempo de aburrirse

Non queres aburrirte no recreo? Exploras opcións doutros centros e conclúes que vas crear un CLUB.

  • Tecleando recordos

A túa ferramenta será o procesador de textos, fai memoria para recordar o que xa sabes!

  • Documentos no seu sitio

Os ficheiros deben estar ordenados e ter un nome que cumpra unha serie de normas.

  • Aprendendo a golpe de clic

Formatos de carácter e parágrafo, táboas, formas, listas, imaxes e moito máis!

  • O voso club

Xuntádevos e constituíde o club. Despois elaborade a vosa documentación empregando todo o que sabedes do procesador de textos.

  • Expo-clubs

Tendes o club formado! Tendes a documentación que o explica! Amosádello aos demais! 

Lectura facilitada

O REA "A golpe de tecla" resúmese nestas fases: 

  • Non é tempo de aburrirse

Non queres aburrirte no recreo? 

Exploras opcións doutros centros e conclúes que vas crear un club.

  • Tecleando recordos

A túa ferramenta será o procesador de textos.

Fai memoria para recordar o que xa sabes!

  • Documentos no seu sitio

Os arquivos deben estar ordenados e ter un nome que cumpra unha serie de normas.

  • Aprendendo a golpe de clic

Formatos de:

  • caracter e parágrafo
  • táboas
  • formas
  • listas
  • imaxes
  • e moito máis!
  • O voso club

Xuntádevos e constituíde o club.

Despois elaborade a vosa documentación empregando todo o que sabedes do procesador de textos

  • Expo-clubs

Tendes o club formado!

Tendes a documentación que o explica! 

Amosádello aos demais!

Expo-Clubs

Chegou o momento de compartir co resto da clase o voso club de recreo na Feira de Clubs, presentando a documentación que creastes en LibreOffice Writer.

Todos os equipos deben empregar a mesma modalidade de presentación, física ou virtual, segundo o que se decida na aula en conxunto coa persoa docente, tendo en conta os recursos materiais e de tempo no centro.

Prepárate para defender a túa proposta, descubrir as dos demais equipos e convencer ás persoas visitantes de que o voso club merece conquistar os recreos!

Feira de clubs

Pictograma ARASAAC onde unha persoa está organizando conceptosPreparación do documento

Cada equipo prepara o seu documento final en LibreOffice Writer, exportado a PDF. A documentación presentarase na feira en ambos formatos. 

A consulta da documentación debe ser sempre en formato dixital, non estando permitida a súa impresión. 

Pictograma ARASAAC dunha persoa facendo unha presentación dixitalCoñece cada club

a) Modalidade física

Cada equipo crea o seu posto onde expón de xeito presencial, empregando dispositivos dixitais (ordenadores, tabletas, proxector ou un panel dixital), a documentación do seu club.

Cada equipo dispón dun posto no que: 

  • Se amosa o documento de Writer aberto. 
  • Se presenta o club a cada unha das persoas visitantes, explicando os diferentes apartados da documentación. Cada persoa integrante do equipo debe explicar como mínimo un dos apartados da documentación. 
  • Se responde a todas as dúbidas e curiosidades que poidan ter as persoas visitantes. 

b) Modalidade virtual

Todos os equipos presentan o seu documento nunha contorna virtual acordada coa persoa docente (aula virtual, panel interactivo ou calquera outra ferramenta).

Cada equipo debe:

  • Compartir a documentación do seu club en PDF, e tamén en Writer.
  • Engadir unha breve presentación do seu club, previa á apertura do documento. 
  • Subir a documentación á plataforma acordada no prazo e formato fixado. 
  • Unha vez compartida a documentación de todos os clubs, comezará o tempo de visitas e coavaliacións virtuais. 

Pictograma ARASAAC dunha persoa cunha lupa visualizando un documentoVisitas e coavaliación

Mentres analizas a documentación de cada un dos demais equipos, cubre a rúbrica de coavaliación coa que contas a continuación, centrada no uso do LibreOffice Writer. Lembra que é moi importante a obxectividade.

Pictograma ARASAAC onde unha persoa lle pon unha medalla a outraAsemblea de recreo e distincións

Para rematar a Feira de Clubs, realizarase unha asemblea de recreo onde se decidirá que club ou clubs se presentan á dirección do centro para implantalos no recreo e se fai unha entrega simbólica dos seguintes recoñecementos: 

  • Mellor uso do Writer.
  • Documentación máis clara e accesible.
  • Mellor organización de actividades.

Lectura facilitada

É o momento de compartir o labor do voso club de recreo co resto da clase porque xa superaches o reto.

É hora de presentar na Feira de Clubs a documentación que fixestes en LibreOffice Writer.

Todos os equipos deben empregar a mesma modalidade de presentación

A modalidade de presentación pode ser física ou virtual e debe decidirse na aula xunto coa persoa docente. 

Deben terse en conta os recursos e tempo que se teñen.

Prepárate para:

  • Defender a túa proposta.
  • Descubrir as propostas dos demais equipos.
  • Convencer ás persoas visitantes de que o voso club merece conquistar os recreos!

Feira de clubs

Pictograma ARASAAC onde unha persoa está organizando conceptosPreparación do documento

Cada equipo prepara o seu documento final en LibreOffice Writer.

O documento debe exportarse a PDF.

O documento debe presentarse nos dous formatos na feira.

A documentación debe consultarse sempre en formato dixital.

Non está permitido imprimir a documentación do club.  

Pictograma ARASAAC dunha persoa facendo unha presentación dixitalCoñece cada club

a) Feira física

Cada equipo crea o seu posto.

No posto, expón a documentación do club de xeito presencial.

Debe usar dispositivos dixitais:

  • ordenadores
  • tabletas
  • proxector
  • panel dixital

Cada equipo ten un posto no que: 

  • Se amosa o documento de Writer aberto. 
  • Se presenta o club a cada unha das persoas visitantes.
  • Onde se explican os distintos apartados da documentación.
  • Cada persoa do equipo debe explicar polo menos un dos apartados da documentación. 
  • Se responde a todas as dúbidas e curiosidades das persoas visitantes. 

b) Feira virtual

Todos os equipos presentan o seu documento da forma virtual acordada coa persoa docente:

  • aula virtual
  • taboleiro interactivo
  • calquera outra ferramenta.

Cada equipo debe:

  • Compartir a documentación do seu club en PDF e Writer. 
  • Poñer unha presentación breve do seu club. 
  • Subir a documentación á plataforma acordada no prazo e formato fixado. 
  • Feito iso, comezará o tempo de visitas e coavaliacións virtuais. 

Pictograma ARASAAC dunha persoa cunha lupa visualizando un documentoVisitas e coavaliación

Mentres miras a documentación dos outros equipos, debes cubrir a rúbrica de coavaliación.

Esta rúbrica está centrada no uso do LibreOffice Writer. 

Debes lembrar que é moi importante a obxectividade.

A túa opinión é moi valiosa.

Pictograma ARASAAC onde unha persoa lle pon unha medalla a outraAsemblea de recreo e distincións

Para rematar a vosa Feira de Clubs de recreo, realizarase unha asemblea de recreo.

Nesta asemblea debe decidirse que club ou clubs se presentan á dirección do centro para implantalos no recreo.

Tamén se fai unha entrega simbólica dos seguintes recoñecementos: 

  • Mellor uso do Writer.
  • Documentación máis clara e accesible.
  • Mellor organización de actividades.

Rúbrica de coavaliación

Visualiza a documentación dos clubs creados por outros equipos e avalía o resultado con esta rúbrica.

Rúbrica de coavaliación da documentación dos clubs
 EspecialistaProfesionalPrincipiante
Estrutura e organización do documento.O documento está moi ben estruturado, cunha organización clara e lóxica de todos os apartados facilitando lectura e comprensión do contido. (2,0)O documento presenta unha estrutura axeitada, que permite seguir o contido sen dificultade, pero pode mellorarse nalgún apartado. (1,0)A estrutura e organización do documento é pouco clara ou desordenada, dificultando a comprensión do contido. (0,5)
Estilos e formatos.Os estilos de parágrafo e carácter son coherentes en todo o documento. (2,0)Os estilos e formatos básicos son axeitados, aínda que con algunha incoherencia ou uso puntual de formato manual. (1,0)O uso de estilos é escaso ou incorrecto, aplicando formatos manuais e sen coherencia ao longo do documento. (0,5)
Claridade e coherencia do contido.O contido é claro, coherente e está ben redactado. (2,0)O contido enténdese ben, aínda que presenta algunha repetición ou pequenas incoherencias (1,0)O contido é confuso, pouco claro ou desordenado, sendo difícil de comprender algunha parte. (0,5)
Corrección ortográfica e lingüística.Presenta unha corrección ortográfica e gramatical excelente, sen que exista ningún erro. (2,0)Aparecen algúns erros ortográficos ou gramaticais puntuais que non dificultan a comprensión (1,0)Existen numerosos erros gramaticais e ortográficos que poden chegar a dificultar a comprensión. (0,5)
Presentación visual e accesibilidade.A presentación é moi correcta, atractiva e accesible, cun correcto uso do espazado, tipografía e elementos visuais que fan máis fácil a lectura. (2,0)A presentación é correcta, aínda que pode mellorarse a nivel visual ou de accesibilidade nalgúns aspectos. (1,0)A presentación está pouco coidada, dificultando a lectura e a accesibilidade do documento. (0,5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de coavaliación da documentación dos clubs (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Ventá nova

Momento de reflexión

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Agora que remataches o reto e compartiches co resto dos equipos as propostas de clubs do centro, reflexiona co teu grupo sobre estas cuestións. Despois, escribe as respostas no bloque 5 do teu diario de aprendizaxe.

  • Realiza unha autoavaliación do teu traballo e da aprendizaxe feita no equipo, cubrindo a táboa dispoñible no teu diario de aprendizaxe. 
  • Que aprendizaxes obtiveches da presentación dos outros clubs? Sinala dúas ideas do resto de clubs que considerarías interesantes para implementar na entidade que creastes no teu equipo.

Diario común: Agora que escoitaches as propostas do resto de equipos, sinala:

  • Dúas fortalezas que consideras que ten o club do teu equipo, fronte ao resto de propostas.
  • Unha debilidade que consideras que ten o club do teu equipo, fronte ao resto de propostas.
  • Unha mellora que consideras prioritario implementar antes de poñelo en funcionamento.

Logo, realizade unha posta en común entre o equipo e recollede as conclusións grupais no recadro.

Lectura facilitada

Acabas de rematar o reto.

Xa compartiches a proposta de club co resto de equipos.

Agora, reflexiona co teu grupo sobre estas cuestións.

Despois, escribe as respostas no bloque 5 do teu diario de aprendizaxe.

  • Realiza unha autoavaliación do traballo en equipo, cubrindo a táboa que hai no teu diario de aprendizaxe. 
  • Que aprendizaxes obtiveches da presentación dos outros clubs?
  • Sinala dúas ideas do resto de clubs que considerarías interesantes para implementar na entidade que creastes no teu equipo.

Diario común: Agora que escoitaches as propostas do resto de equipos, sinala:

  • Dúas fortalezas que consideras que ten o club do teu equipo, fronte ao resto de propostas.
  • Unha debilidade que consideras que ten o club do teu equipo, fronte ao resto de propostas.
  • Unha mellora que consideras prioritario implementar antes de poñelo en funcionamento.

Logo, facede unha posta en común entre o equipo.

Recollede as conclusións grupais no recadro.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)