Saltar navegación

3.6. Imaxes, formas e elementos multimedia

 

Glosario

Accesible

Pictograma ARASAAC que representa accesible por persoas en cadeira de rodas, con limitación auditiva, cegas...

Definición:

Fácil de comprender e percibir por todas as persoas.

Exemplo:

Un documento con tipografía clara e bo contraste de cores entre o fondo e a letra é máis accesible.

Multimedia

Pictograma ARASAAC cunha persoa facendo unha presentación na que se observan unha gráfica e texto

Definición:

Conxunto de contidos que combinan diferentes elementos, tales como textos, imaxes, sons, vídeos ou animación para transmitir información.

Exemplo:

A presentación multimedia inclúe texto, un vídeo e varias imaxes.

Organigrama

Pictograma dun organigrama no que se poden ver grupos de persoas en diferentes niveis de xerarquía

Definición:

Representación esquemática de como está organizada unha empresa ou un grupo de persoas. Permite ver quen son os responsables, quen depende de quen e como se organiza o traballo.

Exemplo:

Segundo o organigrama do centro educativo, o profesorado de lingua galega depende da xefatura de departamento de galego.

Pictograma

Exemplos de pictogramas Arasacc dunha casa, unha persoa...

Definición:

Imaxe ou símbolo sinxelo que representa unha idea, acción ou información de xeito intuitivo, facilitando a comprensión do contido.

Exemplo:

A imaxe que acompaña esta definición é un pictograma.

Imaxes, formas e elementos multimedia

Unha vez teñas a información do teu club perfectamente organizada, é o momento de facer a documentación máis visual. As imaxes e as formas axúdanche transmitir mellor as ideas e facer a documentación máis atractiva. Aprende a traballar con elas a continuación. 

Imaxes e formas

Pictograma ARASAAC para representar que é, cunha persoa coas mans abertas e un interrogante na cabeza Que son as imaxes e formas e para que serven

As imaxes, elementos multimedia formas permiten enriquecer de xeito visual ou, incluso, sonoro, un documento de Writer. Grazas a elas podes ilustrar o teu documento, crear esquemas ou calquera outra opción que che permita ter a información dun xeito máis gráfico.

Algunhas situacións nas que é útil empregalas:

  • Inserir fotografías, imaxes ou outros elementos multimedia nun documento.
  • Crear esquemas, diagramas de fluxo ou organigramas empregando formas.

Pictograma ARASAAC para representar traballar no ordenador onde se visualiza un ordenador de sobremesa e uns mans tecleando Como inserir imaxes, formas e outros elementos multimedia

As imaxes e formas pódense inserir e editar dende o menú Inserir ou dende a barra de ferramentas.

a) Inserir imaxes

Podes inserir imaxes desde dous puntos diferentes do Writer: desde a barra de menú en Inserir → Icona inserir imaxe de LibreOffice Writer Imaxe... ou desde a icona Icona inserir imaxes da barra de ferramentas do LibreOffice Writer da barra de ferramentas.

Coas dúas opcións abrirase unha xanela do xestor de arquivos onde poderás navegar para elixir a imaxe que queres inserir.


Xanela do xestor de arquivos cunha imaxe .svg seleccionada para inserir


Preme no botón Abrir, a imaxe aparecerá no documento.

b) Inserir formas 

Podes inserir formas desde dous puntos diferentes no Writer, desde a barra de menú en Inserir →  Icona inserir forma. Ddebuxo dun pentágono Forma... ou desde a icona Icona inserir forma na barra de ferramentas da barra de ferramentas.

Coas dúas opcións abrirase unha xanela do xestor de arquivos onde poderás navegar para elixir a forma que queres inserir.

Captura de pantalla das opcións do menú de formas do LibreOffice Writer

c) Inserir multimedia

Podes inserir diferentes elementos multimedia como esquemas, vídeos, sons etc. desde a barra de menú en Inserir →  Icona inserir multimedia Multimedia. 

Captura de pantalla das opcións do menú de inserir multimedia do LibreOffice Writer

Desde o menú, poderás inserir elementos desde a galería, dixitalizar un documento desde un escáner ou cargar elementos como unha imaxe incrustada que liga co vídeo ou son desde as unidades de almacenamento.

Ao elixir Galería aparecerá unha barra lateral con moitas opcións de formas para inserir, moi útiles para facer esquemas.

Captura de pantalla do escritorio abalar 12 cunha xanela aberta  cos pasos sinalados para crear facer copia de seguridade dun documento. Captura de pantalla da barra lateral que aparece coa galería de formas para inserir

A opción Son ou vídeo non é moi usada en LibreOffice Writer, ten máis aplicabilidade en presentacións de LibreOffice Impress

Pictograma ARASAAC onde unha persoa lle fai a outra unha recomendación Recomendacións

Á hora de empregar imaxes, elementos multimedia ou formas é importante:

  • Non saturar o documento con demasiados elementos gráficos que poidan provocar a distracción da persoa lectora.
  • Usar imaxes relacionadas co contido. 
  • Empregar imaxes de calidade que permitan unha correcta visualización.
  • Revisar a situación en relación ao texto para non desordenalo. 
  • Manter un estilo similar nas gráficas e formas: mesmas cores, formas e tipografía.

 Pictograma cunha man movendo un rato para axustar unha imaxe no documento   Axustar e ancorar, esa é a cuestión

Cando insires unha imaxe é moi importante ter claro como ancoralas e axustalas ao texto correctamente.

A ancoraxe determina como se move a imaxe cando escribimos ou modificamos o texto, mentres que o axuste é como se coloca o texto ao seu redor. Se non controlas estas opcións, as imaxes poden desprazarse soas e desordenar o documento.

Axuste do texto

O axuste define como se coloca o texto respecto da imaxe. Pódese cambiar facendo clic dereito sobre a imaxe → Axustar.

Pictograma clic cun rato onde de indica cunha frecha que se pulse sobre o botón dereitoPreme e coñece cada opción: 

Icona de axuste ningún do tema Breeze de LibreOffice Ningún

Icona da axuste paralelo do tema Breeze de LibreOffice Paralelo

Icona de axuste ideal do tema Breeze de LibreOffice Ideal

Icona de axuste antes do tema Breeze de LibreOffice / Icona de axuste despois do tema Breeze de LibreOfficeAntes / Despois

Icona de axuste a través do tema Breeze de LibreOffice A través

▸  Sen iconaNo fondo

Icona de axuste contorno do tema Breeze de LibreOffice Contorno

    Áncora do texto

    O ancorado define a que está ligada a imaxe. Isto determina como se move cando escribimos ou borramos texto. Pódese cambiar facendo clic dereito sobre a imaxe → Áncora.

    Captura de pantalla do menú áncora no Writer

    No menú contextual podes elixir as seguintes opcións:

    1. Ancorada ao parágrafo: A imaxe móvese co parágrafo ao que pertence. Se o parágrafo baixa, a imaxe tamén. É a opción máis recomendable para documentos con moito texto.
    2. Ancorada ao carácter: A imaxe está asociada a unha letra concreta. Se moves a letra, a imaxe móvese, se borras esa letra, a imaxe desaparece.
    3. Ancorada como carácter: A imaxe compórtase como unha letra xigante, alíñase co texto e respecta entreliñado.


    En LibreOffice Writer tamén existe a opción "Ancorada á páxina", pero non se atopa no menú contextual do botón dereito como as opcións anteriores. Podes acceder dende Formato → Imaxe → Propiedades. Neste caso, a imaxe queda fixa nun punto da páxina, non se move aínda que cambie o texto. Pode ser útil para logotipos ou marcas de auga.

    Pictograma ARASAAC dun documento de texto Exemplos

    En LibreOffice Writer pódense inserir diferentes elementos visuais e axustalos para mellorar a presentación dun documento. A continuación, podes observar exemplos de diferentes axustes e usos de imaxes e formas. 

    Folla dun documento onde se pode ver unha imaxe inserida coa opción de axuste

    O primeiro exemplo é unha imaxe cun axuste ideal. Este tipo de axuste fai é moi útil para incluír fotografías ou debuxos dentro dun texto sen dificultar a lectura.

    Páxina de documento cun organigrama feito con formas e frechas no que se ve o menú contextual que permite o axuste dunha frecha en modo

    O segundo exemplo é un organigrama, formado por formas e frechas. Neste caso utilízase o axuste “A través” para as frechas, este axuste é especialmente axeitado para esquemas e diagramas, xa que se integran mellor no texto.

    Páxina cun esquema de organización do equipo do club

    O terceiro exemplo é un esquema de organización do equipo do club con formas da galería e modo de axuste "Ningún".

    Lectura facilitada

    Cando xa tes a información preparada, podes facer o documento máis bonito. Para iso úsanse imaxes e formas.

    As imaxes axudan a:

    • Entender mellor a información.
    • Facer o documento máis claro.
    • Facelo máis atractivo.

    Imaxes e formas

    Pictograma Arasaac para representar que é, cunha persoa coas mans abertas e un interrogante na cabeza Que son as imaxes e formas e para que serven

    As imaxes e formas serven para:

    • Engadir fotos ou debuxos.
    • Crear esquemas e diagramas.
    • Organizar mellor a información.

    Pictograma ARASAAC para representar traballar no ordenador onde se visualiza un ordenador de sobremesa e uns mans tecleando Como inserir imaxes, formas e outros elementos multimedia

    As imaxes e formas pódense inserir e editar dende o menú Inserir ou dende a barra de ferramentas.

    a) Inserir imaxes

    Podes inserir imaxes desde dous puntos diferentes do Writer:

    1. Desde a barra de menú en Inserir → Icona inserir imaxe de LibreOffice Writer Imaxe... 

    2. Desde a icona Icona inserir imaxes da barra de ferramentas do LibreOffice Writer da barra de ferramentas.

    Coas dúas opcións abrirase unha xanela do xestor de arquivos onde poderás navegar para elixir a imaxe que queres inserir.


    Xanela do xestor de arquivos cunha imaxe .svg seleccionada para inserir


    Preme no botón Abrir, a imaxe aparecerá no documento.

    b) Inserir formas 

    Podes inserir formas desde dous puntos diferentes no Writer.

    1. Desde a barra de menú en Inserir →  Icona inserir forma conforma cun debuxo dun pentágono Forma... 

    2. Desde a icona Icona inserir forma na barra de ferramentas da barra de ferramentas.

    Coas dúas opcións abrirase unha xanela do xestor de arquivos onde poderás navegar para elixir a imaxe que queres inserir.

    Captura de pantalla das opcións do menú de formas do LibreOffice Writer

    c) Inserir multimedia

    Podes inserir diferentes elementos multimedia como esquemas, vídeos, sons, etc. desde a barra de menú en Inserir →  Icona inserir multimedia Multimedia. 

    Captura de pantalla das opcións do menú de inserir multimedia do LibreOffice Writer

    Desde o menú, poderás inserir elementos:
    1. Formas da galería.
    2. Sons ou vídeos. Os sons e vídeos úsanse pouco en Writer.

    Ao elixir Galería aparecerá unha barra lateral con moitas opcións de formas para inserir. A galería é moi útil para facer esquemas.

    Captura de pantalla do escritorio abalar 12 cunha xanela aberta  cos pasos sinalados para crear facer copia de seguridade dun documento. Captura de pantalla da barra lateral que aparece coa galería de formas a inserir

    Pictograma ARASAAC onde unha persoa lle fai a outra unha recomendación Recomendacións

    Á hora de empregar imaxes, elementos multimedia ou formas é importante:

    • Non saturar o documento con demasiados elementos gráficos que poden distraer á persoa lectora.
    • Usar imaxes relacionadas co contido. 
    • Empregar imaxes de calidade que permitan unha correcta visualización.
    • Revisar a situación en relación ao texto para non desordenalo. 
    • Manter un estilo similar nas gráficas e formas:
      • Mesmas cores.
      • Formas.
      • Tipografía.

     Pictograma cunha man movendo un rato para axustar unha imaxe no documento   Axustar e ancorar, esa é a cuestión

    Cando insires unha imaxe é moi importante axustala ao texto correctamente.

    Axuste do texto

    O axuste define como se coloca o texto respecto da imaxe. Pódese cambiar facendo clic dereito sobre a imaxe → Axustar.

    Pictograma cun rato onde de indica cunha frecha que se prema sobre o botón dereitoPreme e coñece cada opción: 

    Icona de axuste ningún do tema Breeze de LibreOffice Ningún

    Icona de axuste paralelo do tema Breeze de LibreOffice Paralelo

    Icona de axuste ideal do tema Breeze de LibreOffice Ideal

    Icona de axuste antes do tema Breeze de LibreOffice / Icona de axuste despois do tema Breeze de LibreOfficeAntes / Despois

    Icona de axuste a través do tema Breeze de LibreOffice A través

    ▸  Sen icona No fondo

    Icona de axuste contorno do tema Breeze de LibreOffice Contorno

      Áncora do texto

      A áncora indica como se move a imaxe. Pódese cambiar facendo clic dereito sobre a imaxe → Áncora.

      Captura de pantalla do menú áncora no Writer

      No menú contextual podes elixir as seguintes opcións:

      1. Ancorada ao parágrafo: A imaxe móvese co parágrafo ao que pertence. 

      Se o parágrafo baixa, a imaxe tamén.

      É a opción máis recomendable para documentos con moito texto.

      2. Ancorada ao carácter: A imaxe está asociada a unha letra concreta.

      Se moves a letra, a imaxe móvese, se borras esa letra, a imaxe desaparece.

      3. Ancorada como carácter: A imaxe compórtase como unha letra xigante.

      A imaxe alíñase co texto e respecta entreliñado.


      En LibreOffice Writer tamén existe a opción "Ancorada á páxina".

      Podes acceder dende Formato → Imaxe → Propiedades.

      Neste caso, a imaxe queda fixa nun punto da páxina, non se move aínda que cambie o texto. Pode ser útil para logotipos ou marcas de auga.

      Pictograma ARASAAC dun documento de texto Exemplos

      En LibreOffice Writer pódense inserir diferentes elementos visuais e axustalos para mellorar a presentación dun documento. 

      A continuación, podes observar exemplos de diferentes axustes e usos de imaxes e formas. 

      Folla dun documento onde se pode ver unha imaxe inserida coa opción de axuste

      O primeiro exemplo é unha imaxe cun axuste ideal.

      Este tipo de axuste fai é moi útil para incluír fotografías ou debuxos dentro dun texto.

      Páxina de documento cun organigrama feito con formas e frechas na que se ve o menú contextual que permite o axuste dunha frecha en modo

      O segundo exemplo é un organigrama.

      Neste caso utilízase o axuste “A través” para as frechas.

      Páxina cun esquema de organización do equipo do club con axuste a través

      O terceiro exemplo é un esquema de organización.

      Está feito con formas da galería e modo de axuste "Ningún".

      A teclear!

      Duración: 30 minutos Agrupamento: Individual

      Proximamente estarás á fronte do teu club, xunto con outras persoas. Para que todo funcione como debe, é fundamental que cada quen saiba o papel que desempeña. O mellor xeito de visualizar esta estrutura é mediante un organigrama da túa institución, claro e ben organizado.

      1. Que debes facer?

      Crear un organigrama do teu futuro club de recreo, que no momento da creación poderás personalizar engadindo o nome das persoas que o constituídes. 

      Pictograma ARASAAC que representa un organigrama coas diferentes ramificacións

      2. Pasos que debes seguir

      1. Abre un documento de LibreOffice Writer en branco.
      2. Insire no título un pictograma ARASAAC dun organigrama e pon como título "Organigrama do club".
      3. Debaixo crea o organigrama do teu club, empregando: 
        • Formas: cadrados, rectángulos ou calquera outra que consideres axeitada.
        • Frechas ou conectores que amosen a relación entre as diferentes persoas que constitúen o club.
        • Se o consideras necesario podes empregar elementos multimedia.
      4. Inclúe como mínimo: 
        • Unha persoa responsable da presidencia do club.
        • Unha persoa que asuma a secretaría. 
        • Unha persoa responsable de promoción e márketing.
        • Persoas membros do club.
        • Nota: se o desexas podes incluír máis roles.

      3. Exemplo

      A continuación, contas cun exemplo dun organigrama dun centro educativo que che pode servir de inspiración para realizar o do teu club.

      Organigrama do centro educativo

      Dirección
      Xefatura do centro e coordinación xeral
      Vicedirección
      Xefatura de estudos
      Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP)
      Departamentos didácticos
      Departamento de Orientación
      Titorías
      Secretaría
      PAS
      Conserxaría
      Persoal de comedor
      (se existe)
      Persoal de limpeza

      Lectura facilitada

      Duración: 30 minutos Agrupamento: Individual

      Vas crear o organigrama do teu club.

      Un organigrama axuda a ver quen fai que e como se relacionan as persoas.

      1. Que debes facer?

      Crear un organigrama do teu futuro club de recreo, que no momento da creación poderás personalizar engadindo o nome das persoas que o constituídes. 

      Pictograma ARASAAC que representa un organigrama coas diferentes ramificacións

      2. Pasos que debes seguir

      1. Abre un documento de LibreOffice Writer en branco.
      2. Insire no título un pictograma ARASAAC dun organigrama e pon como título "Organigrama do club".
      3. Debaixo crea o organigrama do teu club, empregando: 
        • Formas:
          • cadrados
          • rectángulos
          • calquera outra que consideres axeitada.
        • Frechas ou conectores que amosen a relación entre as diferentes persoas que constitúen o club.
        • Se o consideras necesario podes empregar elementos multimedia.
      4. Inclúe como mínimo: 
        • Unha persoa responsable da presidencia do club.
        • Unha persoa que asuma a secretaría. 
        • Unha persoa responsable de promoción e márketing.
        • Persoas membros do club.
        • Nota: se o desexas podes incluír máis roles.

      3. Exemplo

      A continuación, contas cun exemplo dun organigrama dun centro educativo que che pode servir de inspiración para realizar o do teu club.

      Organigrama do centro educativo

      Dirección
      Xefatura do centro e coordinación xeral
      Vicedirección
      Xefatura de estudos
      Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP)
      Departamentos didácticos
      Departamento de Orientación
      Titorías
      Secretaría
      PAS
      Conserxaría
      Persoal de comedor
      (se existe)
      Persoal de limpeza

      Como gardar o arquivo?

      Se a persoa docente non che dá outras instrucións, garda o arquivo coa seguinte nomenclatura: 3_6_imaxes_XXX_v1.odt, substituíndo os caracteres XXX polas iniciais do teu nome e apelidos, no cartafol "Documentos de prácticas".

      Lectura facilitada

      Se ninguén che indica nada diferente:

      1. Garda o arquivo con este nome: 
        • 3_6_imaxes_XXX_v1.odt
      2. Cambia o XXX polas iniciais do teu nome e apelidos.
      3. Gárdao no cartafol:
        • "Documentos de prácticas".

      Subirías un chanzo máis no Writer?

      Afondamento

      Xa tes o organigrama do club feito, pero aínda falta algo importante: que se vexa a importancia de cada persoa que o constitúe e cales son as funcións do seu rol, ademais de facelo máis inclusivo. Nesta actividade debes mellorar o organigrama que xa tes creado do seguinte xeito: 

      Papeis claros

      Un equipo funciona mellor canto mellor estean definidas as funcións de cada unha das persoas integrantes, algo ao que nos pode axudar dun xeito visual o organigrama. 

      1. Abre o organigrama creado na tarefa anterior. 
      2. Engade xunto a cada unha das persoas integrantes do club as súas funcións dentro da institución. Podes facelo empregando cadros de texto ou formas con etiquetas.

      Dálle estilo!

      Agora é o momento de facer o teu organigrama máis atractivo. Para que se diferencien claramente os niveis debes: 

      • Poñer en cada nivel o bordo e o fondo da forma dunha mesma cor. 
      • Aliñar a unha mesma altura os papeis que compartan nivel ou responsabilidade
      • Revisar a simetría do organigrama para que sexa equilibrado visualmente.

      Faino accesible!

      O ideal é que o teu club sexa o máis inclusivo posible. Para conseguilo, debes comezar por ter unha documentación capaz de transmitir o seu contido á maior cantidade de persoas posibles. Para logralo, podes comezar por poñer un pictograma ARASAAC xunto a cada un dos papeis ou roles que indicaches no teu organigrama.

      Lectura facilitada

      Afondamento

      Xa tes feito o organigrama do club.

      Agora toca melloralo.

      Nesta actividade debes mellorar o organigrama que xa tes creado do seguinte xeito: 

      Papeis claros

      Nun equipo, cada persoa ten unha función.

      Cando as funcións están claras, o equipo traballa mellor.

      Que tes que facer:

      1. Abre o organigrama creado na tarefa anterior. 
      2. Engade xunto a cada unha das persoas integrantes do club as súas funcións dentro da institución.
      3. Podes facelo empregando cadros de texto ou formas con etiquetas.

      Dálle estilo!

      Agora é o momento de facer o teu organigrama máis atractivo. Para que se diferencien claramente os niveis debes: 

      • Poñer en cada nivel o bordo e o fondo da forma dunha mesma cor. 
      • Aliñar a unha mesma altura os papeis que compartan nivel ou responsabilidade
      • Revisar a simetría do organigrama para que sexa equilibrado visualmente.

      Faino accesible!

      Agora imos facer o organigrama máis bonito e ordenado.

      Para iso:

      1. Usa a mesma cor para as persoas do mesmo nivel.
      2. Coloca á mesma altura os papeis que teñen a mesma responsabilidade.
      3. Revisa que o organigrama quede simétrico e equilibrado.
      4. Podes poñer un pictograma ARASAAC xunto a cada un dos papeis ou roles que puxeches no teu organigrama.

      Como gardar o arquivo?

      Se a persoa docente non che dá outras instrucións, garda o arquivo coa seguinte nomenclatura: 3_6_imaxes_af_XXX_v1.odt, substituíndo os caracteres XXX polas iniciais do teu nome e apelidos, no cartafol "Documentos de prácticas".

      Lectura facilitada

      Se ninguén che indica nada diferente:

      1. Garda o arquivo con este nome: 
        • 3_6_imaxes_af_XXX_v1.odt
      2. Cambia o XXX polas iniciais do teu nome e apelidos.
      3. Gárdao no cartafol:
        • "Documentos de prácticas".

      Feito con eXeLearning (Nova xanela)