Glosario
Sangrado
-
Definición:
-
O sangrado é o desprazamento dun parágrafo respecto á marxe da páxina.
-
Exemplo:
-
Para que o texto quedara máis ordenado, aplicouse un sangrado na primeira liña de cada parágrafo.
Serifa
-
Definición:
-
Pequeno trazo ou liña que se engade ao final dos trazos principais dunha letra. Estas pequenas prolongacións facilitan a lectura en textos longos no papel, pero non nas pantallas.
-
Exemplo:
-
A fonte Times New Roman, empregada en moitos diarios, é unha fonte con serifa.
Tipografía
-
Definición:
-
No procesador de textos, a tipografía refírese ao tipo de letra que escolles.
-
Exemplo:
-
Arial ou Times New Roman son exemplos de tipografías dipoñibles no LibreOffice Writer.
Cando estás a piques de saír ao recreo e buscas na mochila as cousas que queres levar: prefires telo todo ordenado e localizar o que precisas á primeira, ou desordenado e perder tempo de lecer intentando atopalas? Esta mesma idea aplícase aos documentos: un texto longo, como un informe ou un libro educativo, pode resultar incomprensible se non está ben ordenado e maquetado.









