Saltar navegación

2. Tecleando recordos

 

Glosario

Código

Pantalla dun ordenador cun símbolo de etiquetas de código (< >) no centro e unha roda dentada ao lado

Definición:

En informática, chámaselle código ao conxunto de instruccións que lle din ao ordenador o que debe facer. Están escritas nunha linguaxe de programación para que o ordenador as poida entender.

Exemplo:

Podes modificar o código de LibreOffice Writer para engadir novas funcións.

Licenza

Imaxe dun ficheiro cun tick en verde de aprobación

Definición:

Autorización para usar, distribuír ou modificar un produto segundo unhas condicións que establece o seu propietario. 

Exemplo:

LibreOffice distribúese baixo unha licenza libre que permite empregalo de balde.

Nube 

Símbolos de arquivos conectados a unha nube

Definición:

Espazo virtual que permite almacenar e xestionar arquivos personais dende calquera dispositivo conectado.

Exemplo:

A nube de Google Drive permítenos gardar arquivos e ter acceso a eles en calquera momento e dende calquera dispositivo.

Servidor

Pantalla de ordenador coa páxina web de ARASAAC aberta

Definición:

Un servidor é un ordenador que ofrece información ou servizos a outros equipos conectados a unha rede. 

Exemplo:

Cando descargas LibreOffice, o navegador conéctase a un servidor web que che proporciona os ficheiros que precisas.

Da cabeza ao teclado

Hoxe en día escribimos case todo co ordenador: informes, cartas, presentacións, solicitudes ou mesmo novelas ou poemas. Para poder facelo empregamos procesadores de textos, programas que nos permiten crear, editar e dar formato aos documentos.

Lembras os tipos de procesadores que existen e as súas características principais? Sigue lendo!

Procesadores de textos de software libre

Os procesadores de texto de software libre son aqueles que podes usar de balde. 

Icona dun documento de LibreOffice Writer. Rectángulo con liñas horizontais no medio e un cadrado na parte dereira superior. Representa un documento maquetado. LibreOffice Writer

LibreOffice Writer é un procesador de texto libre e de código aberto.

Ao ser unha versión de escritorio, permite crear documentos sen necesidade de conexión a Internet nin licenzas de pago.

É compatible con numerosos formatos de documentos, como .odt ou .docx.

Os procesadores de texto libres permiten facer todo o que fan os programas de pago: escribir, formatar texto, inserir imaxes ou crear táboas. Ademais, se sabes programar, poderías modificar e adaptar o programa ao teu gusto.

Captura de pantalla da interface do procesador LibreOffice Writer cun documento aberto no que se pode ver un artigo sobre a importancia do uso do software libre.

Icona da Office Collabora, formada por un rombo oco no que se doblou cara a dentro a esquina esquerda Documentos de Nextcloud

Nextcloud Docs é un procesador de texto en liña de software libre.

Permite editar textos no navegador dun xeito colaborativo.

É a versión en liña do LibreOffice Writer.

Para poder usalo é necesario ter unha conta nun servidor. 

Permite ter os documentos nunha nube propia ofrecendo a privacidade e seguridade que os procesadores de texto en liña propietarios non teñen.Captura de pantalla da interface do procesador Nextcloud Docs cun documento aberto no que se pode ver un artigo sobre a importancia da seguridade en Internet

Procesadores de textos de software propietario

Os procesadores de textos de software propietario son programas que precisan dunha licenza de pago.  

Icona dun documento docx de Microsoft Word Microsoft Word

Microsoft Word e Word Online son os procesadores de textos da empresa Microsoft.

Word Online permite editar e colaborar en documentos no navegador, mantendo as opcións principais da versión de escritorio.

Estes procesadores teñen ferramentas moi avanzadas para formatar os textos e unha interface moi intuitiva, pero terás que pagar unha licenza para poder usalos.

Captura de pantalla da interface do procesador Microsoft Word cun documento en branco.
Captura de pantalla da interface de Microsoft Word 2021 (Microsoft Corporation, captura empregada baixo dereito de cita uso educativo).

Icona dun documento de Google Docs. Rectángulo con liñas no medio e coa esquina superior dereita doblada para abaixoDocumentos de Google (Google Docs)

Google Docs é o procesador de textos en liña de Google.

Permite crear e editar documentos de forma colaborativa no navegador, con acceso desde calquera dispositivo.

Para usalo, cómpre ter unha conta de Google e conexión a Internet. 

Ten funcións menos avanzadas que as versións de escritorio pero ten a vantaxe de dispoñer do documento en calquera dispositivo con conexión a Internet.

Aínda que o seu uso é gratuíto, está suxeito ás condicións de servizo de Google.

Captura de pantalla da interface do procesador Google Docs cun documento aberto no que se pode ver un traballo de Educación Dixital
Captura de pantalla da interface de Google Docs (Google LLC, captura empregada baixo dereito de cita uso educativo).

Outros procesadores

Icona de LaTeX Overleaf. Forma xeométrica pechada cunha pequeaa división na parte superior semellante a unha folla doblada. LaTeX

Existen outros procesadores diferentes: en lugar de facer clic nos menús para dar formato, escribimos o texto e as súas propiedades usando código.

O máis coñecido é o LaTeX. 

A licenza pública do proxecto LaTeX é unha licenza especial: pode considerarse software libre, pero non é unha licenza copyleft. 

Permite crear documentos técnicos ou científicos moi organizados e profesionais.

Tamén existen versións de escritorio ou en liña.Captura de pantalla da interface do LaTeX cun documento aberto no que se pode ver unha folla de problemas de Tecnoloxía.

Lectura facilitada

Hoxe en día escribimos moito co ordenador: informes, cartas, presentacións ou novelas e poemas.

Para poder facelo ben empregamos procesadores de textos.

Os procesadores se textos son programas que permiten crear, editar e dar formato aos documentos.

Vas lembrar os tipos de procesadores que existen e as súas características principais.

Procesadores de textos de software libre

Os procesadores de texto de software libre son aqueles que podes usar de balde. 

Icona dun documento de LibreOffice Writer. Rectángulo con liñas horizontais no medio e un cadrado na parte dereira superior. Representa un documento maquetado. LibreOffice Writer

LibreOffice Writer é un procesador de texto libre. Funciona sen conexión a Internet e non precisa pagar licenza.

LibreOffice Writer acepta moitos tipos de ficheiros, como .odt e .docx. 

Permite escribir, cambiar o formato, engadir imaxes e crear táboas.

Se sabes programar, tamén podes modificar o programa.

Interface do procesador LibreOffice Writer

Icona da Office Collabora, formada por un rombo oco no que se doblou cara a dentro a esquina esquerda Documentos de Nextcloud

Nextcloud Docs é un procesador de texto en liña e de software libre.

Permite escribir de forma colaborativa no navegador.

É a versión en liña de LibreOffice Writer.

Para usalo, necesitas unha conta nun servidor.

É unha boa opción para empresas ou organizacións que queren gardar os seus documentos nunha nube propia, con máis privacidade e seguridade.


Interface de Nextcloud Docs

Procesadores de textos de software propietario

Os procesadores de textos de software propietario son programas que precisan dunha licenza de pago.  

Icona de Microsoft Word document Docx Microsoft Word

Microsoft Word e Word Online son os procesadores de texto de Microsoft.

Word Online funciona no navegador e permite colaborar cos demais.

Teñen moitas ferramentas avanzadas para dar formato ao texto e son fáciles de usar.

Para utilizalos, hai que pagar unha licenza.

Interface do procesador de texto Microsoft WordCaptura de pantalla da interface de Microsoft Word 2021 (Microsoft Corporation, Captura empregada baixo dereito de cita uso educativo).

Icona dun documento de Google Docs. Rectángulo con liñas no medio e coa esquina superior dereita doblada para abaixoDocumentos de Google (Google Docs)

Google Docs é un procesador de texto en liña de Google. Permite crear e editar documentos no navegador, de forma colaborativa.

Pódese usar desde calquera dispositivo con Internet.

Ten menos funcións que os programas de escritorio, pero permite acceder aos documentos desde calquera lugar.

É gratuíto, pero depende das condicións de uso de Google.

Interface de Google Docs

Captura de pantalla da interfaz de Google Docs (Google LLC, Captura empregada baixo dereito de cita uso educativo).

Outros procesadores

Icona de LaTeX Overleaf. Forma xeométrica pechada cunha pequeaa división na parte superior semellante a unha folla doblada. LaTeX

Hai procesadores de texto diferentes aos habituais. Nestes programas non usamos menús, senón que escribimos código para indicar o formato do texto. O máis coñecido é LaTeX.

LaTeX é software libre, pero cunha licenza especial. Con LaTeX pódense crear documentos técnicos ou científicos moi ordenados e profesionais.
Existen versións de escritorio e versións en liña.

Interface dun editor LaTeX en liña

Como descargar o LibreOffice Writer?

A continuación podes atopar a ligazón de descarga do LibreOffice, paquete de ofimática ao que pertence o procesador de textos "Writer".

Ao premer na ligazón, atoparás a opción de seleccionar o sistema operativo do teu equipo e un botón para realizar a descarga. 

Lectura facilitada

A continuación podes atopar a ligazón de descarga do LibreOffice, paquete de ofimática ao que pertence o procesador de textos "Writer".

Ao premer na ligazón, atoparás a opción de seleccionar o sistema operativo do teu equipo e un botón para realizar a descarga. 

Comproba o que sabes de procesadores de texto!

Logo do xogo con documento, interrogación e frechas

Neste xogo, tes 60 segundos para demostrar a túa rapidez! Une as palabras da primeira columna coa súa parella na segunda antes de que se esgote o teu tempo!
Estás preparado/a?

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

\"Logo

\n

Neste xogo, tes 60 segundos para demostrar a túa rapidez! Une as palabras da primeira columna coa súa parella na segunda antes de que se esgote o teu tempo!
Estás preparado/a?

\n","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/software-svgrepo-com_(1).svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Procesador%20de%20texto","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Programa%20que%20permite%20dar%20formato%20a%20documentos."},{"url":"resources/overleaf-svgrepo-com_(1).svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"LaTeX","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Sistema%20de%20procesamento%20de%20texto%20baseado%20en%20c%C3%B3digo%2C%20usado%20para%20documentos%20t%C3%A9cnicos%20e%20cient%C3%ADficos."},{"url":"resources/brand-gnu-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Software%20libre","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Podes%20usalo%20de%20balde%20e%20modificalo%20libremente."},{"url":"resources/software-svgrepo-com_(prop).svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Software%20propietario","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Precisa%20licenza%20de%20pago%20e%20non%20se%20pode%20modificar."},{"url":"resources/libreoffice-writer-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"LibreOffice%20Writer","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Procesador%20de%20texto%20libre%20de%20escritorio%20que%20funciona%20sen%20conexi%C3%B3n."},{"url":"resources/collabora-office-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Nextcloud%20Docs","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Procesador%20de%20texto%20libre%20en%20li%C3%B1a%20que%20permite%20edici%C3%B3n%20colaborativa."},{"url":"resources/word-doc-svgrepo-com_(1).svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Microsoft%20Word","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Procesador%20de%20texto%20propietario%20con%20versi%C3%B3n%20de%20escritorio%20e%20en%20li%C3%B1a."},{"url":"resources/google-docs-svgrepo-com_(1).svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Google%20Docs","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Procesador%20de%20texto%20en%20li%C3%B1a%20de%20Google%2C%20de%20uso%20gratu%C3%ADto%20pero%20con%20condici%C3%B3ns."},{"url":"resources/desk-work-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Versi%C3%B3n%20de%20escritorio","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Programa%20que%20se%20instala%20no%20ordenador%20e%20pode%20funcionar%20sen%20Internet."},{"url":"resources/cloud-up-arrow-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Versi%C3%B3n%20en%20li%C3%B1a","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Programa%20que%20se%20usa%20a%20trav%C3%A9s%20do%20navegador%20con%20conexi%C3%B3n%20a%20Internet."},{"url":"resources/copyleft-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Licenza%20copyleft","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Tipo%20de%20licenza%20libre%20que%20garante%20que%20as%20versi%C3%B3ns%20modificadas%20tam%C3%A9n%20sexan%20libres."},{"url":"resources/group-team-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Edici%C3%B3n%20colaborativa","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Posibilidade%20de%20que%20varias%20persoas%20editen%20un%20documento%20ao%20mesmo%20tempo."},{"url":"resources/odt-file-format-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Formato%20de%20documento%20.odt","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Extensi%C3%B3n%20nativa%20dos%20procesadores%20de%20texto%20libres%20como%20LibreOffice%20Writer."},{"url":"resources/microsoft-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Microsoft%20Corporation","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Empresa%20creadora%20do%20procesador%20de%20texto%20Microsoft%20Word."},{"url":"resources/pictures-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Inserir%20imaxes","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Funci%C3%B3n%20que%20permite%20engadir%20fotograf%C3%ADas%20ou%20gr%C3%A1ficos%20dentro%20dun%20documento."},{"url":"resources/table-insert-row-after-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Crear%20t%C3%A1boas","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Ferramenta%20para%20organizar%20datos%20en%20filas%20e%20columnas%20dentro%20dun%20texto."},{"url":"resources/text-width-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Formatar%20texto","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Cambiar%20o%20tipo%20de%20letra%2C%20tama%C3%B1o%2C%20cor%20ou%20estilo%20(grosa%20cursiva%2C%20subli%C3%B1ado)."},{"url":"resources/math-wiki-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Documentos%20t%C3%A9cnicos","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Tipo%20de%20documentos%20profesionais%20con%20f%C3%B3rmulas%2C%20esquemas%20ou%20referencias."},{"url":"resources/data-breach-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Privacidade%20e%20seguridade","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Caracter%C3%ADsticas%20que%20protexen%20os%20datos%20da%20persoa%20usuaria."},{"url":"resources/nextcloud-svgrepo-com.svg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Conta%20en%20servidor","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Necesaria%20para%20usar%20certas%20ferramentas%20en%20li%C3%B1a%2C%20como%20Nextcloud%20Docs%20ou%20Google%20Docs."}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"%3Cp%3E%3C/p%3E%0A%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E%3C%21--a%3D1--%3E","version":1.3,"percentajeCards":30,"type":2,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":1,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"202510319643-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
012345678910111213141516171819

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)