Saltar navegación

1.2. A polo reto!

 

Glosario

Difusión

Imaxe que amosa unha antena parabólica

Definición:

Dar a coñecer algo a un grande número de persoas.

Exemplo:

A difusión do vídeo pola rede propiciou que se fixera moi coñecida.

Maquetaxe

Imaxe que amosa a unha rapaza pintando unha parede

Definición:

É o proceso de xuntar textos, imaxes, ilustracións, títulos etc e construír con eles un único documento que permita ler todo xunto e teña un aspecto coidado e bonito.

Exemplo:

Teño que entregar o meu conto e as fotos que fixeches ti para que fagan a maquetaxe do libro.

Normativa

Imaxe que amosa un polgar cara arriba e outro cara abaixo

Definición:

Conxunto de normas que regulan certa actividade ou polas que se rexe unha comunidade.

Exemplo:

A normativa do centro non permite o uso de teléfonos móbiles.

ODS 2030

Imaxe cos ODS 2030


Definición:

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son un conxunto de metas que os países do mundo acordaron para mellorar a vida das persoas e coidar o planeta para o ano 2030.

  Exemplo:

Cando nos xuntamos para colaborar e obter obxectivos comúns, cada un de nós achegamos coñecementos que permiten acadar os ODS 2030.

O reto

Se queres formar un club para desfrutar do tempo do recreo cos teus compañeiros e compañeiras necesitas proporcionarlles a información necesaria para que o coñezan.

O voso reto é constituír un club coa súa documentación e dalo a coñecer

A documentación debe conter a información necesaria para que unha persoa que non coñece o voso club se sinta informada, interesada e atraída pola vosa proposta.

Polo tanto, o importante non é só o contido dos documentos senón tamén o seu aspecto.

Para elaborar a documentación do club empregaredes o procesador de textos, un programa informático que permite escribir, organizar e dar formato a textos. 

Lectura facilitada

O voso reto é constituír un club coa súa documentación e dalo a coñecer

A documentación debe conter a información necesaria para dar a coñecer o voso club e atraer aos compañeiros e compañeiras.

Polo que o importante non é só o contido da documentación senón tamén o seu aspecto.

Para elaborar a documentación do club empregaredes o procesador de textos, un programa informático que permite escribir, organizar e dar formato a textos. 

Secuencia para acadar o reto

Pictograma dun grupo de 3 persoasCreación de equipos

  • Elixe o tema do teu club e busca compañeiros e compañeiras que compartan a túa idea.
  • Creade grupos pequenos para cada club.
  • Entre os integrantes do grupo acordade un obxectivo común e definide as tarefas que levará a cabo cada quén.

Mans escribindo nun teclado de ordenadorElaboración da documentación

A documentación do club debe contar cos seguintes apartados:

  • Portada: buscade un título rechamante que deixe claro a actividade que se realizará no club e engadide unha imaxe e o nome do centro educativo.
  • Índice: elaborade un índice que recolla os contidos da documentación.
  • Presentación do club: explicade o que queredes conseguir co club (aprender, crear, colaborar, divertirse…).
  • Valores da institución: captade a atención das demais persoas para que se unan ao club explicando os valores do club.
  • Regras do club: establecede unha normativa para garantir un funcionamento cooperativo e sinxelo.
  • Organización do club: determinade como se reparten as responsabilidades para a xestión do club.
  • Proposta de actividades: elaborade unha lista das reunións, tarefas, talleres ou proxectos que se realizarán.
  • Equipamento necesario para participar: informade do material necesario para realizar as actividades do club.
  • Calendario: indicade cando vos reuniredes.
  • Documento de compromiso: redactade un documento que comprometa as persoas participantes a colaborar, cumprir as regras e comprometerse co club.
  • Carné do club: deseñade un carné que identifique as persoas integrantes do club. 

Pictograma dun deseñador gráfico traballando nun ordenadorMaquetaxe definitiva da documentación

  • Empregade o procesador de textos para dar formato ao documento: títulos, parágrafos, listas, táboas e imaxes conseguirán unha documentación atractiva e fácil de ler. 
  • Aproveitade as posibilidades de maquetaxe do documento para transmitir a esencia e personalidade do voso club.

Pictograma dun megáfonoDifusión: "Feira de Clubs"

Coa finalidade de difundir o voso proxecto ao resto da comunidade educativa e captar socios, coordinádevos co resto de equipos e para organizar unha "Feira de Clubs".

Neste evento, debedes facer unha presentación do voso club empregando a documentación creada nas fases anteriores.

É a vosa oportunidade para animar ao resto do alumnado a formaren parte do voso club!

Lectura facilitada

Secuencia para acadar o reto

Creación de equipos

  • Elixe o tema do teu club e busca compañeiros e compañeiras que compartan a túa idea.
  • Creade grupos pequenos para cada club.
  • Entre os integrantes do grupo acordade un obxectivo común e definide as tarefas que levará a cabo cada un.

Elaboración da documentación

A documentación do club debe contar cos seguintes apartados:

  • Nome do club: buscade un título rechamante que deixe claro a actividade que se realizará no club.
  • Obxectivos: explicade o que queredes conseguir co club (aprender, crear, colaborar, divertirse…).
  • Actividades principais: elaborade unha lista das reunións, tarefas, talleres ou proxectos que se realizarán.
  • Horario e lugar: indicade cando e onde vos reuniredes.
  • Normas do club: establecede unha normativa para garantir un funcionamento cooperativo e sinxelo.
  • Contacto: indicade como poñerse en contacto co club para calquera tipo de consulta.
  • Vantaxes e exemplos: captade a atención dos demais para que se unan ao club explicando as vantaxes das vosas actividades.

Maquetaxe definitiva da documentación

  • Empregade o procesador de textos para dar formato ao documento: títulos, parágrafos, listas, táboas e imaxes conseguirán unha documentación atractiva e fácil de ler. 
  • Aproveitade as posibilidades de maquetaxe do documento para transmitir a esencia e personalidade do voso club.

Difusión: "Feira de Clubs"

Coa finalidade de difundir o voso proxecto ao resto da comunidade educativa e captar socios, coordinádevos co resto de equipos e para organizar unha "Feira de Clubs".

Neste evento, debedes facer unha presentación do voso club empregando a documentación creada nas fases anteriores.

É a vosa oportunidade para animar ao resto do alumnado a formar parte do voso club!

Actuar no centro, transformar o mundo

Aínda que che pareza un acto insignificante, o feito de colaborares para mellorar a calidade do noso tempo de lecer no centro educativo, está contribuíndo a cambiar o mundo que nos rodea. 

A túa iniciativa contribúe a compartir coñecementos, axudarse mutuamente... o que acaba por mellorar a convivencia no centro. Polo tanto, o reto que estás a asumir está directamente relacionado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030 (ODS), especialmente cos seguintes:

{"typeGame":"FlipCards","author":"","randomCards":false,"instructions":"

Aínda que che pareza un acto insignificante, o feito de colaborares para mellorar a calidade do noso tempo de lecer no centro educativo, está contribuíndo a cambiar o mundo que nos rodea. 

\n

A túa iniciativa contribúe a compartir coñecementos, axudarse mutuamente... o que acaba por mellorar a convivencia no centro. Polo tanto, o reto que estás a asumir está directamente relacionado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030 (ODS), especialmente cos seguintes:

\n","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/ODS-3_Saude.jpg","x":0.7486080301219019,"y":0.8359600564707881,"author":"","alt":"ODS 3. Saúde e benestar.","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Contribuíndo a unha boa saúde física e psicolóxica coa realización de actividades, así como ao benestar emocional.","audioBk":"","colorBk":"#002b4a","backcolorBk":"#e5f2f9","eTextBk":"%20Contribu%C3%ADndo%20a%20unha%20boa%20sa%C3%BAde%20f%C3%ADsica%20e%20psicol%C3%B3xica%20coa%20realizaci%C3%B3n%20de%20actividades%2C%20as%C3%AD%20como%20ao%20benestar%20emocional."},{"url":"resources/ODS4_Educacion.jpg","x":0.6751669351156656,"y":0.8326377539799131,"author":"","alt":"ODS 4. Educación de calidade","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Contribuíndo á aprendizaxe e ao desenvolvemento de competencias e habilidades entre iguais.","audioBk":"","colorBk":"#002b4a","backcolorBk":"#e5f2f9","eTextBk":"Contribu%C3%ADndo%20%C3%A1%20aprendizaxe%20e%20ao%20desenvolvemento%20de%20competencias%20e%20habilidades%20entre%20iguais."},{"url":"resources/ODS10_Reducirdesigualdades.jpg","x":0.6636360431539601,"y":0.8312277088994565,"author":"","alt":"ODS10. Reducción das desigualdades","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Facendo do centro educativo un espazo máis inclusivo onde todas as persoas teñan a oportunidade de aprender e participar.","audioBk":"","colorBk":"#002b4a","backcolorBk":"#e5f2f9","eTextBk":"Facendo%20do%20centro%20educativo%20un%20espazo%20m%C3%A1is%20inclusivo%20onde%20todas%20as%20persoas%20te%C3%B1an%20a%20oportunidade%20de%20aprender%20e%20participar."},{"url":"resources/ODS17_Alianzas.jpg","x":0.7196705259125808,"y":0.8412584436350855,"author":"","alt":"ODS10. Alianzas para logra-los obxectivos","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":" Ao fomentar o traballo cooperativo e a creación de grupos nos recreos.","audioBk":"","colorBk":"#002b4a","backcolorBk":"#e5f2f9","eTextBk":"%20Ao%20fomentar%20o%20traballo%20cooperativo%20e%20a%20creaci%C3%B3n%20de%20grupos%20nos%20recreos."}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"%3Cp%3E%3C/p%3E%0A%3C%21--a%3D1--%3E","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025116105029-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"¡Genial! La pista es:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Jugar otra vez","msgPlayStart":"Pulse aquí para jugar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Errores","msgHits":"Aciertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"¡Bien!","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Salir del modo pantalla completa","msgSuccesses":"¡Correcto! | ¡Excelente! | ¡Genial! | ¡Muy bien! | ¡Perfecto!","msgFailures":"¡No era eso! | ¡Incorrecto! | ¡No es correcto! | ¡Lo sentimos! | ¡Error!","msgNoImage":"Pregunta sin imágenes","msgEndGameScore":"Antes de guardar la puntuación comience la partida.","msgScoreScorm":"La puntuación no se puede guardar porque esta página no forma parte de un paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"¡Sólo puede guardar la puntuación una vez!","msgOnlySave":"Sólo puede guardar una vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"Su puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"Su puntuación se guardará después de cada pregunta. Sólo puede jugar una vez.","msgSaveAuto":"Su puntuación se guardará automáticamente después de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Puede guardar la puntuación tantas veces como quiera","msgYouLastScore":"La última puntuación guardada es","msgActityComply":"Ya ha realizado esta actividad.","msgPlaySeveralTimes":"Puede realizar esta actividad cuantas veces quiera","msgClose":"Cerrar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Siguiente","msgNumQuestions":"Número de tarjetas","msgTrue":"Verdadero","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesita al menos un %s% de respuestas correctas para conseguir la información. Vuelva a intentarlo.","mgsAllQuestions":"¡Completadas las preguntas!","msgTrue1":"Has acertado. Es la cara correcta.","msgTrue2":"Has fallado. No es la cara correcta.","msgFalse1":"Has acertado. No es la cara correcta.","msgFalse2":"Has fallado. Es la cara correcta.","mgsClickCard":"Pulsa en la tarjeta","msgEndTime":"Acabó el tiempo de juego. Tu puntuación es %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Has completado el juego. Tu puntuación es %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}
0123

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

As metas

Unha vez teñas o reto resolto serás capaz de:

  • Configurar páxinas, estruturar a documentación e dar a coñecer a iniciativa do teu club.
  • Inserir as quebras de páxina e sección entre as diferentes partes da documentación, organizando correctamente o documento.
  • Aplicar estilos, cun formato específico, tanto para os títulos e subtítulos como para o texto das diferentes seccións do dossier, que lle outorgue claridade e profesionalidade á documentación do teu club.
  • Inserir diferentes elementos que faciliten a organización da vosa documentación como táboas, formas, gráficos ou cadros de texto.
  • Importar as imaxes necesarias para ilustrar a documentación do voso club.
  • Xerar un índice interactivo para a documentación do voso club.

Lectura facilitada

Unha vez teñas o reto resolto serás capaz de:

  • Configurar páxinas e estruturar un dossier co que dar a coñecer a iniciativa do teu club.
  • Inserir as quebras de páxina e sección entre as diferentes partes do dossier, organizando correctamente o documento.
  • Aplicar estilos, cun formato específico, tanto para os títulos e subtítulos como para o texto das diferentes seccións do dossier, que lle outorgue claridade e profesionalidade á documentación do teu club.
  • Inserir diferentes elementos que faciliten a organización da vosa documentación como táboas, formas, gráficos ou cadros de texto.
  • Importar as imaxes necesarias para ilustrar a documentación do voso club.
  • Xerar un índice interactivo para o dossier do voso club.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)