Saltar navegación

4. Tocando todas as teclas

Refrescando memoria

Chegou o momento de aplicar o aprendido, pero antes recorda:

  • O reto: o obxectivo final do reto é crear a documentación necesaria para constituír un club de actividades que se levarán a cabo no recreo.
  • A ferramenta: para acadar o obxectivo de crear a documentación empregarás o procesador de textos LibreOffice Writer.

Lectura facilitada

Chegou o momento de aplicar o aprendido.

Recorda que o obxectivo final do reto é crear a documentación para constituír un club de actividades que se levarán a cabo no recreo.

A ferramenta que empregarás para crear a documentación é o procesador de textos LibreOffice Writer.

A estratexia

Xa tes claro o teu obxectivo.

Agora presta atención ás tarefas que vas ter que facer:

O club paso a paso

Pictograma que amosa un grupo de tres persoas.1. Constitución do club

Atopar a un grupo de persoas cunha idea común de club.

Pictograma que amosa a unha persoa escollendo entre dúas opcións diferentes representadas por formas de cor vermello e azul2. Definición do estilo

Acordar conxuntamente o estilo que empregaredes no documento.

Pictograma no que se amosan unhas mans escribindo nun teclado de ordenador3. Creación e maquetaxe da documentación

Redactar e maquetar a documentación do club.

Pictograma revisar4. Revisión e entrega da documentación conxunta

Revisar a documentación e entregala.

Seguro que agora mesmo tes moitísimas dúbidas. Pero non te preocupes, sigue lendo: as respostas están nas seguintes páxinas.

Lectura facilitada

Presta atención ás tarefas que vas ter que facer:

  1. Constitución do club: atopa a un grupo de persoas cunha idea común de club.
  2. Definición do estilo: acordade conxuntamente o estilo que empregaredes no documento.
  3. Creación e maquetaxe da documentación: redactade e maquetade a documentación do club.
  4. Revisión e entrega da documentación conxunta: revisade a documentación e entregádea.

Seguro que agora mesmo tes moitísimas dúbidas. Pero non te preocupes, sigue lendo: as respostas están nas seguintes páxinas.

Os requisitos

Cando hai que facer un traballo é importante coñecer os requisitos que ten que cumprir. 

A continuación atoparás os apartados da documentación do club:

Apartados obrigatorios

Estes apartados teñen que aparecer obrigatoriamente na documentación do club:

  • Portada. 
  • Índice. 
  • Presentación do club. 
  • Valores da institución.  
  • Regras do club. 
  • Organización do club. 
  • Proposta de actividades. 
  • Equipamento necesario para participar.
  • Calendario. 
  • Documento de compromiso. 
  • Carné do club. 

Todos eles con:

  • Cabeceira e rodapé co número de páxina.

Apartados opcionais

Dos seguintes apartados tes que elixir polo menos un: 

  • Enquisa de valoración inicial para coñecer os intereses do alumnado do centro nas actividades que tendes intención de organizar.
  • Enquisa de satisfación para as persoas que participaron no voso club.
  • Carta á dirección do centro presentando as actividades que queredes realizar e solicitando permiso para facelas.
  • Nota de prensa para un xornal ou revista escolar informando sobre a creación do club e as actividades que se ofertan.
  • Memoria gráfica de actividades para amosar mediante fotografías as actividades que se levaron a cabo no club.

Lectura facilitada

A continuación atoparás os apartados que teñen que aparecer na documentación do club:

Apartados obrigatorios

  • Portada. 
  • Índice. 
  • Presentación do club. 
  • Valores da institución.  
  • Regras do club. 
  • Organización do club. 
  • Proposta de actividades. 
  • Equipamento necesario para participar.
  • Calendario. 
  • Documento de compromiso. 
  • Carné do club. 

Todos eles con teñen que ter cabeceira.

Todos eles con teñen que ter rodapé co número de páxina.

Apartados opcionais

A continuación tes os apartados opcionais.

Elixe polo menos un: 

  • Enquisa de valoración inicial.
    • Empregarase para coñecer os intereses do alumnado do centro nas actividades que tendes intención de organizar.
  • Enquisa de satisfación.
    • Faráselle ás persoas que participaron no voso club.
  • Carta á dirección do centro.
    • Presentará as actividades que queredes realizar.
    • Utilizarase para solicitar permiso para facelas.
  • Nota de prensa para un xornal ou revista escolar.
    • Informará sobre a creación do club.
    • Tamén dirá as actividades que se ofertan.
  • Memoria gráfica de actividades.
    • Amosará mediante fotografías as actividades que se levaron a cabo no club.

Precisades un exemplo?

A continuación podedes ver un exemplo da documentación dun club onde aparecen todos os apartados obligatorios.

Como se vai avaliar o reto?

A continuación tedes a rúbrica de avaliación do reto. Prestade atención aos diferentes criterios para axustarvos ben aos requisitos solicitados. A cualificación é grupal, mais o último criterio avaliase de xeito individual.

Rúbrica do reto
 ExcelenteBoAceptableInsuficiente
ImaxesInsire imaxes pertinentes, ben colocadas, co axuste de texto axeitado e tamaño correcto; melloran a comprensión do contido. En todos os apartados. (0,75)Insire imaxes relacionadas co contido, con pequenos erros de tamaño, calidade ou colocación. Polo menos en dous apartados (0,5)Insire imaxes pouco relacionadas co contido ou con erros evidentes de formato. Polo menos nun apartado. (0,25)Non insire imaxes. (0)
Índice de contidosCrea un índice automático correctamente vinculado aos estilos de título e actualizado. (0,75)Crea un índice automático con pequenos erros de formato ou actualización. (0,5)Inclúe un índice manual. (0,25)Non inclúe índice. (0)
EstilosUsa correctamente estilos de título e texto en todo o documento, mantendo coherencia. (0,75)Usa estilos na maior parte do documento, con algunhas inconsistencias. (0,5)Usa estilos con formato manual. (0,25)Non usa estilos. (0)
Formato parágrafoAplica correctamente o formato de parágrafo empregando funcións avanzadas: aliñación, sangrías, entreliñado e espazado de forma coherente en todo o documento. (0,75)Aplica o formato de parágrafo case sempre de forma correcta, con pequenos erros e empregando funcións básicas. (0,5)Aplica algunhas opcións de formato, pero non mantén a coherencia no documento. (0,25)Non aplica formato de parágrafo ou é incorrecto. (0)
Formato carácterUsa axeitadamente tipo e tamaño de letra, grosa, cursiva e subliñado de forma coherente. (0,75)Usa o formato de carácter correctamente, con leves excesos ou erros. (0,5)Usa o formato de carácter de forma pouco coherente ou excesiva. (0,25)Non aplica formato de carácter ou faino incorrectamente. (0)
Cabeceira/rodapé/nº páxinaAparecen os números de páxina e a cabeceira e están feitos coa ferramenta específica e automática. (0,75)Aparecen números de páxina ou cabeceira, están feitos coa ferramenta específica. (0,5)Aparecen números de páxina ou cabeceira, pero feitos a man. (0,25)Non conta con ningún dos elementos (0)
NumeraciónUsa numeración automática correctamente, mantendo orde e formato uniforme. (0,75)Usa numeración automática con erros. (0,5)Usa numeración manual. (0,25)Non usa numeración cando é necesaria. (0)
Listas sen numerarUsa listas con viñetas de forma correcta e coherente. (0,75)Usa viñetas automáticas con erros (diferente sangrado, mestura manual e automática etc.) (0,5)Usa viñetas manuais. (0,25)Non usa viñetas cando son necesarias. (0)
TáboasCrea táboas ben estruturadas aplicando formato de celas e texto. (0,75)Crea táboas correctas, con erros de deseño ou aliñación. (0,5)Crea táboas simples pero mal organizadas. (0,25)Non usa táboas. (0)
FormasUsa formas de maneira funcional (esquemas, diagramas), ben aliñadas e con formato axeitado. (0,75)Usa formas correctamente, con erros de deseño e sen coherencia no formato en bordos e cores. (0,5)Usa formas de maneira moi básica e con mal resultado. (0,25)Non usa formas. (0)
EntregaNome e formato de ficheiro correctos. Entrega en prazo. (0,75)O nome ou o formato do ficheiro correcto. Entrega en prazo. (0,5)O nome do ficheiro non cumpre as normas, o formato non é o solicitado. Entrega en prazo. (0,25)Non entrega en prazo. (0)
Documentación opcionalAdecúase ao formato e destinatario do documento elixido, segue o estilo do documento principal, o contido é correcto e está ben organizado. (1)O documento axústase ao formato e ao destinatario do documento elixido, segue en gran medida o estilo do documento principal, o contido é correcto e relevante, e a organización é clara, aínda que poderían realizarse pequenas melloras. (0,75)O documento cumpre parcialmente o formato e o destinatario, o estilo segue en parte o do documento principal, o contido é correcto en xeral pero presenta pequenas inexactitudes, e a organización require melloras para ser máis clara. (0,5)O documento non se axusta ao formato nin ao destinatario elixido, o estilo non segue o do documento principal, o contido presenta erros ou é inadecuado, e a organización é pouco clara ou confusa. (0)
Desempreño do traballo en grupo (Individual)Traballa sempre proactiva e colaborativamente co seu grupo. Cumpre con todas as entregas en prazo e traballa de xeito autónomo. (0,75)Adoita a traballar e proactiva e colaborativamente co seu grupo. Cumpre coa maior parte das entregas en prazo e traballa de xeito autonomo. (0,5)Colabora co grupo cando se lle solicita. Cómpre recordarlle que faga as entregas/realízaas fóra de prazo. Traballa de xeito guiado. (0,25)Non colabora co seu equipo. Non realiza as entregas. Non traballa de xeito autónomo. (0)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica do reto (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)