Saltar navegación

3.1. Activamos o corpo

 

Glosario

Articulación

Pictograma da articulación do cóbado

Definición:

É a parte do corpo onde se unen dous ósos e que permite movemento.

Exemplo:

Nos quecementos, xirar os ombreiros ou os nocellos serve para mover estas articulacións e preparalas para o deporte posterior.

Lesión

Pictograma dunha persoa con dor nun brazo.

Definición:

Dano no corpo que fai que non poidas moverte ben.

Exemplo:

Se non fas ben o quecemento, podes ter unha lesión no xeonllo ao correr.

Músculo

Pictograma dun músculo do corpo

Definición:

Tecido orgánico formado por fibras que ao contraerse e estirarse producen o movemento nas diferentes partes do corpo.

Exemplo:

O meu primo ten molestias nun músculo do brazo por non quentar ben antes do partido de tenis.

Rutina

Pictograma dunha persoa facendo un quecemento.

Definición:

Conxunto de exercicios feitos sempre na mesma orde.

Exemplo:

Unha rutina de quecemento pode incluír carreira suave, estiramentos e mobilización de articulacións.

Comeza ben, acaba mellor

Pictograma dun grupo de persoas facendo exercicios de quecemento diferentes

Queres que os e as deportistas galegos e galegas amosen todo o seu potencial nas probas selectivas? Entón estas teranse que acompañar dun quecemento e un estiramento específico. 

  • O quecemento axuda a activar os músculos, mellorar a coordinación e evitar lesións.
  • A volta á calma e os estiramentos permiten que o corpo se recupere mellor despois do esforzo.

Pero o que se fai na pista non é todo. Para chegar á elite é fundamental descansar ben e levar unha alimentación equilibrada. Unha boa deportista coida o seu corpo dentro e fóra da pista.

Lectura facilitada

Queres que os e as deportistas galegos e galegas o fagan o mellor posible nas probas?

Entón terán que preparar ben o corpo.

Antes da actividade hai que facer un quecemento.

Despois, débense facer uns estiramentos.

Para ser moi bo/a deportista é importante:

  • Descansar ben.
  • Comer de forma equilibrada.

Unha boa deportista coida o seu corpo dentro e fóra da pista.

Coidado ao chegar á pista

Non te esquezas do básico

Lembra que antes de realizar un quecemento específico para un deporte concreto, é necesario preparar ao corpo cun quecemento xeral.

  • O quecemento xeral axuda a aumentar a temperatura corporal e a frecuencia cardíaca e respiratoria, activando músculos e articulacións. Inclúe fases como mobilización articular, activación progresiva, pequenos exercicios de forza ou coordinación e estiramentos dinámicos.
  • O quecemento específico realízase despois do xeral e inclúe movementos propios do deporte que se vai practicar. O seu obxectivo é preparar os músculos e os xestos técnicos que se van utilizar, aumentando a intensidade de forma progresiva.

Aínda que as fases poden variar segundo o deporte ou o nivel físico da persoa, é importante que todo quecemento inclúa unha parte xeral e outra específica para garantir seguridade e rendemento.

Lectura facilitada

Antes de facer un quecemento dun deporte concreto, primeiro hai que facer un quecemento xeral.

O quecemento xeral:

  • Axuda a subir a temperatura do corpo.
  • Aumenta o ritmo do corazón e da respiración.
  • Activa os músculos e as articulacións.

O quecemento específico, que inclúe movementos propios do deporte:

  • Prepara os músculos para esa actividade.
  • Axuda a practicar os xestos técnicos.

As partes do quecemento poden cambiar segundo o deporte ou a persoa.

Pictograma dun grupo de persoas facendo un quecemento

Cando as persoas deportistas chegan á pista, non comezan directamente coa proba principal. Antes deben realizar un quecemento axeitado que prepare o seu corpo para o esforzo que van realizar. Dependendo da modalidade, haberá partes do corpo que precisen unha atención máis específica.

Como membros do Comité Olímpico Galego, observade os seguintes exemplos de quecemento de atletismo e de pas. Que diferenzas atopades? Que partes do corpo se activan máis en cada caso?

Quecemento de atletismo

Será un quecemento destinado a activar todo o corpo, tendo en conta a modalidade de atletismo que se vaia practicar despois. Inclúe exercicios que preparan os principais grupos musculares e articulacións, aumentando a mobilidade e reducindo o risco de lesións.

Quecemento para as pas

Consistirá en exercicios que reproducen os movementos característicos do xogo das pas, como golpes, desprazamentos e cambios de dirección. Axuda a preparar os músculos e articulacións que máis se van usar durante o xogo, mellorando coordinación e reacción.

Lectura facilitada

Cando as persoas deportistas chegan á pista fan un quecemento axeitado.

Segundo o deporte, hai partes do corpo que necesitan máis atención.

Observade exemplos de quecemento de atletismo e de pas.

Coidado ao saír da pista

Pictograma dunha persoa que toca os pés para estirar o corpo

Logo da práctica deportiva principal e antes de deixar a pista, as persoas deportistas deben estirar. Dependendo da actividade física que realizaran, terán que prestar atención a diferentes partes do corpo para restablecelas e axudar a que se recuperen mellor.

Estiramento de atletismo

Inclúe exercicios de alongamento adaptados ás diferentes disciplinas de atletismo, centrados en músculos e articulacións implicados nos saltos, remudas e saídas. Favorece a recuperación, a flexibilidade e a prevención de lesións.

Estiramento para as pas

Serán exercicios dirixidos aos músculos e articulacións implicadas no manexo da pa e centrados nos golpes variados e nos desprazamentos.

Lectura facilitada

Estiramento de atletismo

Inclúe exercicios de alongamento adaptados ás diferentes disciplinas de atletismo, centrados en músculos e articulacións implicados nos saltos, remudas e saídas. Favorece a recuperación, a flexibilidade e a prevención de lesións.

Estiramento para as pas

Serán exercicios dirixidos aos músculos e articulacións implicadas no manexo da pa e centrados nos golpes variados e nos desprazamentos.

Coidado fóra da pista

Infografía coas aspectos importantes do adestramento invisible

Transcrición

Áreas de influencia do adestramento invisible:

  • Hixiene: un compromiso diario. 
    • Ducharse ou asearse despois de facer actividade física.
    • Cambiar a roupa deportiva suada.
    • Coidar pés e mans para evitar lesións. 
  • Alimentación: o teu combustible. 
    • Comer variado e equilibrado (froitas, verduras, proteínas).
    • Beber auga antes, durante e despois do exercicio.
    • Reducir refrescos e comida ultraprocesada.
  • Descanso: parte do adestramento.
    • Durmir entre 8 e 10 horas, segundo a idade.
    • Evitar pantallas antes de durmir. 
    • Respectar os tempos de recuperación. 
  • Estilo de visa saudable: coidado físico e emocional. 
    • Practicar actividade física regularmente. 
    • Evitar hábitos prexudiciais (tabaco, alcohol, etc.)
    • Coidar a saúde mental.
    • Saber organizar estudo, deporte e lecer.

Prepárate para render!

Duración: 1/2 sesión Agrupamento: Pequeno grupo

Agora é a vosa quenda! Como membros do Comité Olímpico Galego, tedes o reto de deseñar unha rutina de quecemento/estiramentos para preparar aos deportistas que van superar os desafíos de atletismo e pas.

Instrucións para o equipo

1. Organización

  • A persoa docente asignaravos unha modalidade deportiva: atletismo ou pas. 
    • A metade do equipo deseñará e aplicará o quecemento específico para a modalidade que vos toque.
    • A outra metade deseñará e aplicará os estiramentos correspondentes.
  • Tras practicar as rutinas que deseñastes, probaredes as de outro grupo que traballara nunha modalidade diferente. Por exemplo, se vos tocou deseñar quecemento e estiramentos de pas, practicaredes quecemento e estiramentos de atletismo.  

2. Número de exercicios

  • 12 exercicios para o quecemento da modalidade do voso grupo. Deberá seguir a estrutura de quecemento xeral → quecemento específico.
  • 12 exercicios para os estiramentos da modalidade correspondente.

3. Duración

  • Cada exercicio debe ter a súa duración ou número de repeticións.
  • A duración total do quecemento e dos estiramentos será de entre 10/12 minutos cada unha das mesmas.

4. Rexistro

  • Utilizade unha ficha de rexistro para anotar as vosas rutinas de quecemento/estiramentos. Poderedes descargala máis abaixo.

5. Avaliación

Avaliarase o deseño da rutina (variedade de exercicios, progresión, adaptación ao deporte...) e a posta en práctica do mesmo (correcta execución dos exercicios, seguridade, explicacións claras...). Máis abaixo atoparedes a lista de cotexo que verifica o voso progreso.

Ao rematar esta actividade, estaredes preparados/as para pasar aos deportes específicos, aplicando os quecementos/estiramentos que deseñastes como auténticas e auténticos membros do Comité Olímpico Galego.

    Lectura facilitada

    Duración: 1/2 sesión Agrupamento: Pequeno grupo

    Como membros do Comité Olímpico Galego tedes unha tarefa:

    Crear unha rutina de quecemento e estiramentos.

    Pasos:

    1. Organización: 

    • A persoa docente asignaravos atletismo ou pas.
    • A metade do equipo deseñará o quecemento específico.
    • A outra metade deseñará os estiramentos.
    • Tras practicar as vosas rutinas, probaredes as de outro grupo.

    2. Número de exercicios: 12.

    3. Duración:

    • Indicar a duración ou número de repeticións dos vosos exercicios.
    • A duración total será de entre 10 e 12 minutos.

    4. Rexistro:

    • Utilizade a ficha de rexistro para anotar as vosas rutinas.
    • Poderedes descargala máis abaixo.

    5. Avaliación:

    • Terase en conta o deseño e a posta en práctica.
    • Verificade o voso progreso coa lista de cotexo de abaixo.

    Lista de cotexo

    Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.

    %E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%E6%F7%F8%FD%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A4%A3%A3%A4%AB%A1%A4%A7%A7%BF%A4%A2%B0%BE%B0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%DE%FB%E1%E6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%FD%E6%F7%EA%FD%B0%BE%B0%E1%E7%F0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%CE%B0%C0%E7%E6%FB%FC%F3%B2%F6%F7%B2%E3%E7%F7%F1%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%F7%B2%F7%E1%E6%FB%E0%F3%FF%F7%FC%E6%FD%E1%CE%B0%B0%BE%B0%FE%F7%E4%F7%FE%E1%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A1%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D6%D7%C1%D7C%DD%B2%D6%D3%B2%C0%C7%C6%DB%DC%D3%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DB%FC%F1%FE%E7%7F%FF%FD%E1%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E3%E7%F7%F1%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%EA%F7%E0%F3%FE%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%A3%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DB%FC%F1%FE%E7%7F%FF%FD%E1%B2%E2%F3%E0%E6%F7%B2%F6%F7%B2%E3%E7%F7%F1%F7%FF%F7%FC%E6%FD%B2%F7%E1%E2%F7%F1%7F%F4%FB%F1%FD%B4%FC%F0%E1%E2%A9%F3%F6%F3%E2%E6%F3%F6%FD%B2s%B2%FF%FD%F6%F3%FE%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%A3%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DB%FC%F1%FE%E7%7F%FF%FD%E1%B2%F7%E1%E6%FB%E0%F3%FF%F7%FC%E6%FD%E1%B2%F3%F6%F7%F1%E7%F3%F6%FD%E1%AE%E1%E6%E0%FD%FC%F5%B2%F6%F3%E6%F3%BF%E1%E6%F3%E0%E6%AF%CE%B0%A6%AB%A4%CE%B0%B2%F6%F3%E6%F3%BF%F7%FC%F6%AF%CE%B0%A7%A0%A0%CE%B0%AC%BC%AE%BD%E1%E6%E0%FD%FC%F5%AC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%A3%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DB%FC%F6%FB%F1%F3%FF%FD%E1%B2%F6%E7%E0%F3%F1%FBa%FC%B2%FD%E7%B2%E0%F7%E2%F7%E6%FB%F1%FBa%FC%E1%B2%F6%F7%B2%F1%F3%F6%F3%B2%F7%EA%F7%E0%F1%FB%F1%FB%FD%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%A3%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%B2%E1%F7%F1%E7%F7%FC%F1%FB%F3%B2%F7%E1%E6s%B2%F0%F7%FC%B2%F7%E1%E6%E0%E7%E6%E7%E0%F3%F6%F3%BE%B2%E6%F7%FC%B2%E7%FC%FA%F3%B2%FD%E0%F6%F7%B2%FEa%EA%FB%F1%F3%B2%F7%B2%E2%E0%FD%F5%E0%F7%E1%FB%E4%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%A3%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A1%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%D6%D3%C2%C6%D3%D1%DBA%DC%B2%D3%DD%B2%D6%D7%C2%DD%C0%C6%D7%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DD%E1%B2%F7%EA%F7%E0%F1%FB%F1%FB%FD%E1%B2%F7%E1%E6s%FC%B2%E0%F7%FE%F3%F1%FB%FD%FC%F3%F6%FD%E1%B2%F1%FD%F3%B2%FF%FD%F6%F3%FE%FB%F6%F3%F6%F7%B2%F1%FD%E0%E0%F7%E1%E2%FD%FC%F6%F7%FC%E6%F7%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%A3%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%F1%E6%7F%E4%F3%FC%E1%F7%B2%F3%E1%B2%E2%E0%FB%FC%F1%FB%E2%F3%FB%E1%B2%E2%F3%E0%E6%F7%E1%B2%F6%FD%B2%F1%FD%E0%E2%FD%B2%E3%E7%F7%B2%E1%F7%B2%E4%F3%FC%B2%E7%E6%FB%FE%FB%E8%F3%E0%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%A3%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%B2%FB%FC%E6%F7%FC%E1%FB%F6%F3%F6%F7%B2%F3%E7%FF%F7%FC%E6%F3%B2%F6%F7%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%E2%E0%FD%F5%E0%F7%E1%FB%E4%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%A3%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A1%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%C2%DD%C1%C6%D3%B2%D7%DC%B2%C2%C0S%D1%C6%DB%D1%D3%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D7%EA%E2%FE%FB%F1%F3%FF%FD%E1%B2%F3%B2%E0%E7%E6%FB%FC%F3%B2%F1%FD%FC%B2%F1%FE%F3%E0%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D7%EA%F7%F1%E7%E6%F3%FF%FD%E1%B2%F3%B2%E0%E7%E6%FB%FC%F3%B2%F6%F7%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F1%E6%F3%B2%F7%B2%E1%F7%F5%E7%E0%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%C0%F7%E1%E2%F7%F1%E6%F3%FF%FD%E1%B2%E6%F7%FF%E2%FD%E1%B2%F7%B2%FD%E0%F5%F3%FC%FB%E8%F3%F1%FBa%FC%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%C2%F3%E0%E6%FB%F1%FB%E2%F3%FF%FD%E1%B2%E6%FD%F6%FD%E1%B2%FD%E1%B2%FF%F7%FF%F0%E0%FD%E1%B2%F6%FD%B2%F7%E3%E7%FB%E2%FD%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A1%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%C6%C0%D3%D0%D3%DE%DE%DD%B2%D7%DC%B2%D7%C3%C7%DB%C2%DD%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%DF%FD%E1%E6%E0%F3%FF%FD%E1%B2%F1%FD%FD%E0%F6%FB%FC%F3%F1%FBa%FC%B2%F7%B2%E0%F7%E1%E2%FD%FC%E1%F3%F0%FB%FE%FB%F6%F3%F6%F7%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A0%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%C0%F7%E2%F3%E0%E6%FB%FF%FD%E1%B2%FD%B2%E6%E0%F3%F0%F3%FE%FE%FD%B2%F6%F7%B2%F4%FD%E0%FF%F3%B2%F7%E3%E7%FB%E6%F3%E6%FB%E4%F3%B2%F7%FC%E6%E0%F7%B2%F3%E1%B2%F7%B2%FD%E1%B2%FF%F7%FF%F0%E0%FD%E1%B2%F6%FD%B2%F5%E0%E7%E2%FD%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%CF%BE%B0%FA%F3%E1%DE%FD%F5%FD%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%DE%FD%F5%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%F3%E1%D1%FD%FF%FF%E7%FC%FB%E6%EB%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E7%E0%FE%D1%FD%FF%FF%E7%FC%FB%E6%EB%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%F1%E0%F5%CD%FF%F3%E0%F1%F3%CD%F5%E0%F3%F4%FB%F1%F3%CD%E2%E0%FB%FC%F1%FB%E2%F3%FE%CD%E0%F5%F0%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%FA%F3%E1%D6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%D6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%E1%F3%E4%F7%D6%F3%E6%F3%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E7%E1%F7%E0%D6%F3%E6%F3%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%F4%FD%FD%E6%F7%E0%B0%A8%B0%D7%E1%E6%F3%B2%FE%FB%E1%E6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%FD%E6%F7%EA%FD%B2%E1%F7%B2%F6%FB%E1%E6%E0%FB%F0h%F7%B2%F0%F3%FB%EA%FD%B2%E7%FC%FA%F3%B2%FE%FB%F1%F7%FC%E8%F3%AE%BD%F0%E0%AC%AE%F3%B2%FA%E0%F7%F4%AF%FA%E6%E6%E2%A8%BD%BD%F1%E0%F7%F3%E6%FB%E4%F7%F1%FD%FF%FF%FD%FC%E1%BC%FD%E0%F5%BD%FE%FB%F1%F7%FC%E1%F7%E1%BD%F0%EB%BF%E1%F3%BD%A6%BC%A2%AC%D1%E0%F7%F3%E6%FB%E4%F7%B2%D1%FD%FF%FF%FD%FC%E1%B2%D3%E6%E0%FB%F0%E7%F1%FBa%FC%BF%D1%FD%FF%E2%F3%E0%E6%FB%E0%B2%FB%F5%E7%F3%FE%B2%A6%BC%A2%B2%DB%FC%E6%F7%E0%FC%F3%E6%FB%FD%FC%F3%FE%B2%DE%FB%F1%F7%FC%E1%F7%AE%BD%F3%AC%B0%BE%B0%E7%E1%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FF%E2%FE%FB%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%FD%FC%F7%B0%A8%B0%D4%F7%FB%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%C2%E0%FD%F5%E0%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D7%FC%B2%E2%E0%FD%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F7%F6%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E6%F3%E1%F9%DC%E7%FF%F0%F7%E0%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E6%F3%E0%F7%F4%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%F3%FF%F7%B0%A8%B0%DC%FD%FF%F7%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%F3%E6%F7%B0%A8%B0%D6%F3%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%D6%F7%E1%F1%F3%E0%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E1%E6%B0%A8%B0%FE%FB%E1%E6%F3%CD%F6%F7%CD%F1%FD%E6%F7%EA%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%F0%FD%FD%E6%B0%A8%B0%C0%F7%FB%FC%FB%F1%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%F7%FE%F7%E6%F7%B0%A8%B0%C3%E7%F7%E0%F7%B2%FE%FB%FF%E2%F3%E0%B2%E6a%F6%FD%FE%FD%E1%B2%F1%F3%FF%E2%FD%E1%AD%B0%EF%EF
    Navegador non compatible

    Community

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)